EDUARDO RUADAS, CANDIDATO DO PP, ACADA O APOIO DA XUNTA PARA POTENCIAR PROTECCIÓN CIVIL DE BARRO

O candidato do PP, Eduardo Ruadas, reuniuse có Xefe Provincial de Emerxencias, Miguel Dubois, para falar sobre a situación da Agrupación de Proteción Civil no concello de Barro. Chegouse a un compromiso por parte do Xefe Provincial de axudar a potenciar a agrupación mediante unha campaña de captación de voluntariado. 

Ademáis, comunícasenos que o noso concello podería dispoñer dun remolque de emerxencias e un esparexedor de sal, do que non se dispón por non telo solicitado. 

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSOE DE BARRO

EDUARDO RUADAS, CANDIDATO DO PP DE BARRO XESTIONA MELLORAS DE SEGURIDADE NO NOSO CONCELLO

 O candidato do Pp de Barro, Eduardo Ruadas, acompañado do concelleiro, Berto Diz, reuniuse con Manuel Francisco, o Xefe Provincial de Incendios, para transmitirlle a nosa preocupación polas franxas de seguridade contra incendios, que están marcadas a través do PXOM. O señor Francisco comunicounos que, segundo o Plan do noso concello, ten que procederse á limpeza das franxas antes do 31 de maio, cousa que todavía non se xestionou. 

Ademáis, mencionouse que ano tras ano o Concello de Barro está perdendo o convenio das brigadas de incendios, da motobomba e a desbrozadora para as pistas forestales por non solicitalo, perdéndose á vez máis de 10 postos de traballo que estos servizos aportarían. 

O señor Manuel Francisco adquiriu o compromiso có noso candidato de instalar dous hidrantes de carga rápida no noso concello, para facilitar a extinción de incendios. 

OBRADOIRO DE TALLA

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CONCURSODE VERSO E PROSA EN GALEGO

AS VERBAS QUE CONTAN 2023
Concursos de verso e prosa en galego.

Prazo: 3 maio 2023.

Imos crear en galego, versos e prosa.
Como en anos anteriores continuamos cos contos✍️, que son un clásico neste concurso literario, cos haikus🐉, caligrama e acrósticos cos que o ano pasado comezamos a dar os primeiros pasos na poesía.

Agardamos que vos animedes a participar.

Bases: https://www.barro.es/gl/web/articulos/bases-concurso-as-verbas-que-contan-2023
➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h, martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.
Telefono: 986714806 – 690722812.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

O candidato do PP de Barro, Eduardo Ruadas, reúnese con Medio Rural da Xunta para avanzar na parcelaria de Perdecanai

Eduardo Ruadas, xunto co concelleiro  Berto Diz do Grupo Municipal Popular,  reunironse con Antonio Crespo, Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería de Medio Rural. Neste encontro, acordouse retomar os traballos da parcelaria de Perdecanai, que reorganiza máis de 6.000 fincas no noso concello. Chegouse ao acordo de comezar o marcado das fincas no menor tempo posíbel para axilizar o proceso e favorecer á veciñanza.

D.E.P. SEÑOR DON MANUEL CARAMÉS CALVO

CONVENIO DE COLABORACIÓN

OS SOCIALISTAS DE BARRO ARRANCAN A PRECAMPAÑA

Os socialistas de Barro arrancan a sua precampaña escoitando aos veciños e veciñas para elaborar as necesidades das distintas parroquias e así telas en conta para realizar o programa electoral de cara os vindeiros catro anos.

Arrancan este finde en Valiñas e Agudelo e para Semana próxima estarán o día 23 na Portela, o 24 en Barro, o 26 en Perdecanai e por último o día 31 en Curro.

Os Socialistas salen coa intención de ser a primeira forza e liderar un Goberno para tod@s que represente a todos os veciños e veciñas sean da ideoloxía que sean.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

PRESENTACIÓN DO GRUPO MAR D AROUSA

Aroa Vicente, do IES de Barro premiada por fomentar a igualdade