A nacional 550 convértese, una vez máis, en paso obrigado para os cabalos salvaxes.

O pasado domingo 16 de outubro, algúns cabalos que habitan no monte dos arredores do San Antoniño, decidiron sair a dar unha volta e xuntarse coa poboación.

Eran cerca das 22.00 horas cando, á altura de Mobles Salnés, os vehículos que transitaban a devandita nacional en ámbolos sentidos, foron testemuñas do desorientado paseo que estaban a facer estes animais. Por sorte, os equinos atravesaron a estrada nacional cara o seu destino sen causar dano algún.

Pola contra, non correu a mesma sorte un potriño que, no serán do luns, foi atropelado na mesma nacional, entre o avión e o restaurante Poteliña, no que se viron implicados dous vehículos. Ao lugar dos feitos acudiron, intres despois, efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de Conservación de estradas.

Encerran once cabalos en Curro para evitar desfeitas

Como xa sucedeu en Caldas ou en Poio, veciños do municipio de Barro pasaron das queixas á acción. Cansados das desfeitas que os cabalos salvaxes que baixan do monte Castrove causan nos seus cultivos, o venres decidiron encerrar a un grupo de equinos nunha leira do lugar de Bretoña, na parroquia de Curro . Son nove cabalos, algúns con trancas nas patas, e dous poldros.

Tanto o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil como Protección Civil de Barro están ao tanto do conflito e onte desprazáronse ata a zona para falar cos afectados. «Vos cabalos andan soltos e como non teñen que comer arriba baixan e comen as leiras, ou millo e rompen as cepas do viño», comentou José Sartal, un dos veciños.

Non é a primeira vez que os animais provocan danos en propiedades particulares de Curro , pero esta vez parece que a paciencia dos afectados tocou fondo. «Vos cabalos están nunha leira e non sabemos ou que vai pasar porque vos donos din que non son todos deles», expuxo José. Esta mañá está previsto un novo contacto para intentar chegar a un acordo.

Pola súa banda, José Vidal, presidente da Asociación Cabalar Monte Castrove, que organiza rápaa que se celebra na Escusa o próximo 21 de agosto, comentou onte que non estaba decatado do conflito. No entanto, admitiu que é difícil impedir que os equinos baixen a zonas habitadas. «Os animais báixannos seguido», apuntou.