O pasado domingo 16 de outubro, algúns cabalos que habitan no monte dos arredores do San Antoniño, decidiron sair a dar unha volta e xuntarse coa poboación.
Eran cerca das 22.00 horas cando, á altura de Mobles Salnés, os vehículos que transitaban a devandita nacional en ámbolos sentidos, foron testemuñas do desorientado paseo que estaban a facer estes animais. Por sorte, os equinos atravesaron a estrada nacional cara o seu destino sen causar dano algún.
Pola contra, non correu a mesma sorte un potriño que, no serán do luns, foi atropelado na mesma nacional, entre o avión e o restaurante Poteliña, no que se viron implicados dous vehículos. Ao lugar dos feitos acudiron, intres despois, efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de Conservación de estradas.