BARRO ORGANIZA UNHA VIAXE AO PARQUE WARNER DE MADRID O XOVES 28 DE AGOSTO PARA A VECIÑANZA DO MUNICIPIO 

NOTA DE PRENSA. PSOE DE BARRO

Barro, 20 de agosto de 2025. A Concellería de Benestar do Concello de Barro organiza unha viaxe ao parque Warner de Madrid prevista para o xoves 28 de agosto.

A actividade, cun máximo de 65 prazas, está destinada á veciñanza empadroada en Barro cun prezo de 38 euros por persoa, que inclúe a viaxe en autobús, a entrada e o seguro de asistencia en viaxe.

“O grupo poderá visitar libremente o parque ata o último momento da tarde. Dende a Concellería de Benestar apostamos por esta iniciativa colaborando co desplazamento en autobús, o seguro de viaxe e a xestión das entradas”, sinala a edil responsable da área Lía Rodríguez.

A saída terá lugar o xoves 28 ás 4 da madrugada da explanada do Pazo da Crega. 

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende hoxe ata o 26 de agosto ás 12 horas ou ata que se esgoten as prazas.

As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro do Concello onde se lles facilitará a folla de inscrición que deberán cumplimentar e o número de conta da axencia de viaxes para realizar o abono correspondente.

BARRO PROXECTA A MELLORA DA RECOLLIDA DE RESÍDUOS A TRAVÉS DE ACHEGAS DE FONDOS NEXT GENERATION SOLICITADAS Á XUNTA 

A Concellería de Obras e Servizos solicitou á Consellería de Medio Ambiente dúas subvencións para mellorar a recollida de resíduos orgánicos no municipio.

As achegas forman parte dos fondos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

A primeira liña de subvención pretende a implantación dos primeiros contedores marróns no casco urbano destinados a vivendas e productores singulares.

Son, en concreto, 175 cubos de 10 litros e bolsas compostables que se distribuirán entre a veciñanza para que separen en orixe os residuos orgánicos ou os destinen ao composteiro comunitario.

O tenente de alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos José Sanmartín explica que no caso dos productores singulares ou grandes productores se lles facilitarán 35 contedores para a rúa de diversos tamaños e outros tantos de sesenta litros para o interior.

En canto á segunda liña da subvención, preténdese aumentar o número de composteiros individuais no rural con 175 unidades e outros tantos aireadores para facilitar o seu uso.

“A idea é colocar os composteiros en núcleos completos onde tamén estarán ubicados os demáis contedores de reciclaxe para así facilitar a correcta separación, evitando a presencia de resíduos impropios e poder comprobar a rebaixa de aportación orgánica nos contedores verdes”, indica 

Sanmartín.

As axudas solicitadas incluirán campañas de concienciación e información sobre a nova lei de residuos que obriga aos Concellos a separar, recoller e tratar os residuos orgánicos de forma separada, ben en plantas de compostaxe ou noutro sistema como centros de compostaxe comunitario ou individual.

Ademáis de cumplir coa nova norma o Tenente de Alcalde quere  “rebaixar o mais posible as máis de 1.344,61 toneladas de RSU que mandamos este ano 2024  a Sogama, ademáis de aumentar a reciclaxe de cartón e envases”.

Para tal fin, Sanmartín adianta que durante varios dias acompañará aos operarios municipais na recollida do lixo para comprobar in situ en qué zonas do municipio se fai un mal uso dos contedores verdes.

“Tamén hai empresas que depositan moitos residuos impropios nos contedores verdes e temos que ver o xeito de erradicar hábitos como o de “xa que pago pois boto de todo”, sinala.

Segundo as estimacións, coa implantación do contedor marrón, a rebaixa dun 1% no RSU, o aumento do 3% en cartón ou vidro, “cumprindo unha destas propostas, rebaixaríamos o prezo  do tratamento en Sogama de 118€ por tonelada a 104€ , o que suporía un aforro de 14€ en tonelada. 

A ésto se engadiría o aforro no tratamento dos biorresíduos que ao realizarse por separado quedaría en 53€, en lugar de 118€.

Concentración en Barro por falta de médicos

Hoxe veciños e veciñas de Barro, nunha convocatoria exprés por redes sociales, acudiron ao centro de saúde ante a falta de médicos, onde o luns non houbo servicios e anunciaramn  que tampouco o martes, aínda que ao final, si houbo un médico  3,5 horas, menos de 1/4 de servicio, cando ten que haber dous médicos. Queren resolver cun médico pola tarde, cando todo mundo sabe que en Barro non hai atención pola tarde.

É indigno o que que está pasando e onde os profesionais teñen dereitos a estar de baixa ou ter asuntos propios. Estas situacións incluso as veces sirven para atacar aos médicos e non aos responsables reais, que son a xerencia do Sergas por non ter profesionais para suplir.

En Barro queremos médicos sempre!!!

E por eso o xoves día 5 faremos unha concentración as 20h para que o Sergas tome nota de que os veciños e veciñas de Barro queremos básicamente Unha cousa ter un servicio médico de atención primaria garantizado.

BARRO CREARÁ POR PRIMEIRA VEZ A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O equipo socialista de goberno do Concello de Barro celebrou este martes a primeira reunión para crear a Mesa Local Contra a Violencia de Xénero. 

Será un organismo de carácter consultivo que se establecerá por primeira vez no Concello de Barro para coordinar o traballo das áreas implicadas co fin de garantir a atención e seguimento ás víctimas de violencia machista.

O Tenente de Alcalde, José Sanmartín e a Concelleira de Igualdade, Lia Rodríguez, recibiron na Casa Consistorial á xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy, para consensuar as bases e protocolos da iniciativa.

Durante o encontro, ao que tamén se uniu a responsable municipal de Asistencia Social, abordáronse temas relevantes relacionados con esta problemática e a situación que atravesa o concello en canto a casos violencia de xénero.  

Tamén se trataron os principios do Plan Director e as accións que se desenvolverán entre a comunidade escolar e a veciñanza en xeral. 

A Mesa Local Contra a Violencia de Xénero estará presidida pola Concelleira de Igualdade, Lía Rodríguez, con representación institucional da Xunta de Galicia, a Subdelegación do Goberno, entidades e colectivos sociais, así como todas as forzas políticas de Barro.

Dentro das iniciativas que se porán en marcha, a Concellería de Igualdade que dirixe a socialista Lia Rodríguez deseñará un Plan de Acción polas parroquias para achegar información sobre temas de interés como a prevención de estafas ou a xestión emocional do duelo, entre outras. 

Dende o Concellería tamén se está traballando nas actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que se levarán a cabo nos primeiros meses do vindeiro ano.

BNG E PSOE ACADAN UN ACORDO DE GOBERNO PARA O VINDEORO MANDATO NO CONCELLO DE BARRO

SEGUNDA REUNIÓN CO OBXECTIVO DE CONFORMAR UN GOBERNO DE COALICIÓN EN BARRO

REUNIÓN ENTRE O BNG E O PSOE PARA ACADAR UN PACTO DE GOBERNO

O PARTIDO SOCIALISTA DE BARRO APOSTA POR UNHA AMPLA PRESENZA FEMENINA NALISTA ELECTORAL QUE PRESENTA ESTE VENRES

A presencia femenina é un valor engadido da lista electoral deseñada polo Partido Socialista de Barro para os comicios municipais do 28 de maio.

O candidato á alcaldía, José Sanmartín, realiza unha decidida aposta pola aportación das mulleres á política local e ata catro delas estarán nos seis primeiros postos da lista que se presentará este venres 31 de maio.

O acto será na Praza do Viño ás 20.30 horas e contará coa presencia do secretario xeral do PSdG da provincia de Pontevedra, David Regades.

En caso de chuvia, trasladarase ao Centro Cívico.

Ao remate compartirase un viño de Barro e un pincho con todas as persoas asistentes 

Pero ademáis da candidatura, tamén o programa electoral do Partido Socialista de Barro terá importantes propostas cara o avance da muller no ámbito profesional e social que lle permitan competir en igualdade.

Un obxectivo que só se pode conseguir si acadamos a plena conciliación laboral e familiar

Así, baixo o lema “Un goberno para todos e todas”, o proxecto socialista porá en marcha iniciativas para que as familias teñan todas as opcións de conciliación.

Por unha banda cara aos nosos nenos e nenas, extendendo a ludoteca a todos os períodos de vacacións escolares, concebido como un servizo integral que, ademáis, abarque todas as idades.

Pero igualmente cara aos nosos xóvenes e maiores, cun proxecto interxeracional que poremos en marcha nos distintos locais municipais con accións atractivas e adecuadas para cada idade. 

Ademáis, para os mozos e mozas crearemos espazos de estudo en época de exámes e grupos de voluntariado para colaborar en actividades municipais ou doutros colectivos. 

Será parte dun amplo programa que os e as socialistas de Barro estamos preparando con ilusionantes actuacións para mellorar o noso concello.

En definitiva, un proxecto de goberno para todos e todas, liderado por José Sanmartín, que saque a Barro da parálise dos últimos catro anos de nula xestión que non supuso ningún avance para o municipio.

“O noso obxetivo é ser a primeira forza política e liderar un Goberno que represente a toda a veciñanza, contando cun equipo cheo de ilusión, ideas, capacidade de xestión e ganas de traballar por Barro”, expresa o candidato socialista.

Para detectar con maior precisión as necesidades da veciñanza, o partido socialista iniciou a precampaña escoitando aos veciños e veciñas de cada parroquia co fin de ter en conta as súas suxerencias na elaboración do proxecto de goberno para os vindeiros catro anos 

Tralos encontros celebrados en Valiñas, Agudelo, A Portela e Barro, as últimas citas de precampaña coa veciñanza serán en Perdecanai o 14 de abril e en Curro o 16 de abril.

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSOE DE BARRO

OS SOCIALISTAS DE BARRO ARRANCAN A PRECAMPAÑA

Os socialistas de Barro arrancan a sua precampaña escoitando aos veciños e veciñas para elaborar as necesidades das distintas parroquias e así telas en conta para realizar o programa electoral de cara os vindeiros catro anos.

Arrancan este finde en Valiñas e Agudelo e para Semana próxima estarán o día 23 na Portela, o 24 en Barro, o 26 en Perdecanai e por último o día 31 en Curro.

Os Socialistas salen coa intención de ser a primeira forza e liderar un Goberno para tod@s que represente a todos os veciños e veciñas sean da ideoloxía que sean.

X XUNTANZA SOCIALISTA DE BARRO

José Sanmartín proclamado como candidato á alcaldía

O secretario xeral dos socialistas de Barro, José Sanmartín, foi proclamado como candidato á alcaldía do municipio tras recibir o apoio unánime da agrupación na asemblea extraordinaria celebrada este xoves.

A presentación pública da súa candidatura terá lugar o próximo 18 de novembro ás 20 horas nun acto aberto á cidadanía que se celebrará na Praza do Viño ou no Centro Cívico, en función das condicións meteorolóxicas.

Tralo acto de presentación, terá lugar unha cea de confraternidade nun  establecemento da hostelería local do que se informará con detalle nos próximos días.

Sanmartín agradeceu “a confianza depositada polos compañeiros e compañeiras da agrupación” co obxetivo de “volver a gobernar Barro” tras unha lexislatura na que “se botou moito en falta a presencia socialista nas políticas municipais”.

Neste sentido, Sanmartín comprometeuse a asumir o reto “coa máxima ilusión e con máis gañas de traballar que nunca para que Barro medre en servizos e sexa un lugar mellor para vivir”

O PSOE DE BARRO PROPÓN DESIGNAR CO NOME DE MAGIN FROIZ A RÚA DO POLÍGONO DE BARRO ONDE SE UBICAN AS NAVES DO GRUPO

O grupo socialista de Barro levará ao vindeiro pleno da corporación municipal unha moción solicitando ao goberno local diversas actuacións de mellora no Polígono de Barro.

En concreto, os socialistas requiren que se designen as rúas do parque empresarial con nomes de persoas, colectivos, palabras ou accións singulares.

O portavoz socialista, José Sanmartín, sinala que “é impescindible a sinalización de rúas cos seus nomes correspondentes para que as empresas dispoñan dunha mellor ubicacíon nas direccións sociais e fiscais, xa que actualmente están direccionadas únicamente como número de parcela, provocando confusións en clientes e transportistas”.

Neste sentido, o .grupo socialista solicita que a rua do Poligono onde están ubicadas as duas naves de Froiz leven o  nome de “Rua Magín Alfredo Froiz Planes”,  en homenaxe ao empresario recientemente falecido, xa que o seu grupo corporativo da traballo a mais de seis mil persoas na provincia, entre eles decenas de barrenses e barrensas. 

Noutros puntos da moción, o PSOE demanda a mellora das zonas verdes, actualmente en estado de abandono, e a creación dunha zona de esparcemento na parcela municipal de entrada ao polígono que, ao tempo, favoreza a imaxe deste acceso.

Asimesmo, pide unha maior frecuencia da recollida do lixo que se acumula nas papeleiras ou mesmo a retirada das mesmas.

JOSÉ SANMARTÍN SEGUIRÁ LIDERANDO A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BARRO CUNHA EXECUTIVA RENOVADA

A agrupación socialista de Barro celebrou este sábado a asemblea extraordinaria para elexir á nova Executiva Local nun proceso no que concurriu unha única candidatura encabezada polo actual secretario xeral, José Sanmartin.

A súa proposta foi aprobada pola ampla maioría dos e das 21 militantes con dereito a voto e por unanimidade dos e das asistentes á asemblea.

Así, José Sanmartín seguirá liderando o grupo socialista de Barro cun equipo renovado que mistura experiencia e xuventude.

Xunto ao secretario xeral, que asume as funcións de máxima representación e responsabilidade do Partido Socialista de Barro, a nova executiva estará presidida por Margarita Canay Pintos, referente da agrupación e concelleira socialista na corporación municipal durante oito anos, entre 2007 e 2015.

A vicesecretaría Xeral será responsabilidade de Rocío Touriño Reboredo, que deixará de ocuparse da área de organización para adicarse tamén ás áreas de Política Municipal e Igualdade.

No seu lugar, como Secretario de Organización se incorpora Francisco José Pérez Vázquez e outro referente do socialismo de Barro, José Luis Abal Couto, asumirá a Secretaría de Medio Ambiente.

O organigrama da nova executiva complétase con Cristina Fandiño na Secretaría de Deportes e Promoción Económica, Silvia Sabarís Abal como Secretaria de Economía e Tamara Outón na área de Educación e Cultura.

Na mesma asemblea, os socialistas de Barro tamén elexiron á súa representante no comité provincial do PSdeG, no que se integrará Lía Rodríguez Barros.

A PLANA MAIOR DO PSOE ARROUPARÁ A JOSÉ SANMARTÍN NA SÚA PRESENTACIÓN COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA

O PSOE de Barro convida aos veciños e veciñas de Barro ao acto de presentación de José Sanmartín como candidato á alcaldia que terá lugar o próximo sábado 1 de Decembro ás 19 horas no Centro Cívico Castor Castro.

O acto contará coa presencia da máis alta representación do socialismo a nivel galego e nacional

José Sanmartín estará acompañado de Adriana Lastra, Vicesecretaria Xeral do PSOE e Portavoz no Congreso, Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdG, Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, Secretario Xeral da provincia de Pontevedra.

O acto está aberto á veciñanza e ao seu remate compartirase un pincho.

IMG-20181125-WA0011