O CEIP Amor Ruibal de Barro entregou onte o premio Mimi que na súa quinta edición recaeu na rapera viguesa “AÍD”. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. A candidatura de “AÍD” impúxose ás de Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Anxo Alfonso Piñeiro e ao programa da TVG2, “Vos axóuxeres”. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro.
PREMIO MIMI
A rapeira viguesa AÍD gaña o VPremio Mimi do CEIP Amor Ruibal
O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo martes, 14 de maio, o Premio Mimi que recaeu nesta quinta edición na
rapeira viguesa AÍD. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.
A candidatura de AÍD foi proposta polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticaa do IES de Barro e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións,
organismos e asociación.
As restantes candidaturas foron as de Agustín Fernández Paz, proposto pola Universidade de Vigo; Fina Casalderrey, polo Obradoiro Río Umia; Ángel Alfonso Piñeiro, polo blogue Novas de Barro; e o programa da TVG2 “Os axóuxeres”, pola Real
Academia Galega.
O premio consiste nunha talla en madeira de Mimi, a mascota do colexio, realizada polo artista local Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.
O acto será ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Barro.
A canción “Apréndeo” de AÍD está arrasando no colexio. Os chicos e as chicas de 5º “rapéana” que da gusto. O próximo martes acompañarán á cantante no escenario. Vai ser guay…
D.ANGEL ALFONSO PIÑEIRO, GAÑADOR DA ENQUISA DE CANDIDATOS AO PREMIO MIMI
D.ANGEL, antigo profesor do colexio de Barro foi dos candidatos propostos
polos seguidores deste Blog, gañador con 80 votos dos 714 rexistrados.
Isto significa que será o candidato que presente Novas de Barro, para o Premio MIMI.
Desde esta páxina congratular a este Gran Gañador, e desexarlle que teña moita sorte nas finais.
Tamén queremos agradecer ás 714 votantes na enquisa.
Grazas a todos.
Mais información.
http://noticiasbarro.com/2012/12/21/estas-son-as-vosas-propostasagora-toca-elixir-un/
http://noticiasbarro.com/2012/12/21/estas-son-as-vosas-propostasagora-toca-elixir-un/
ESTAS SON AS VOSAS PROPOSTAS,AGORA TOCA ELIXIR UN.
Candidat@ dos seguidores de Novas de Barro para o 5º premio “MIMI “ao personaxe do ano”.

Nota:*Esta enquisa esta bloqueada por “cookie” e por dirección IP.O bloqueo por cookies e IP pode ser problemático para algúns votantes.
AQUÍ OS QUEDA ALGUNHA INFORMACIÓN DOS CANDIDATOS, SE QUEREDES AMPLIALA PREME SOBRE O SEU NOME.
A finalidade do premio”MIMI” é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.
IVAN RAÑA (TRATLETA), IAGO ASPAS (FUTBOLISTA), ADRIAN SILVA (MUSICO), GOMEZ NOYA (TRATLETA), JOSE RODRIGUEZ REMISEIRO (ARTISTA), ADOLFO CAAMAÑO (ESCRITOR), XAVIER FORTES (XORNALISTA), CARLOS BLANCO (ACTOR), MIRO MAGARIÑOS (ACTOR), LUIS TOSAR (ACTOR), UXIA BLANCO (ACTRIZ), KIKO DA SILVA (ILUSTRADOR Y DIBUXANTE), FINA CASALDERREY (ESCRITORA), ANTON REBOLLIDO (LOCUTOR RADIO GALEGA), JULIO CESAR CONSTENLA (VETERANO DEPORTISTA DE BARRO), CARLOS PADÍN (XOGADOR DE FUTBOL), PEPE CARREIRO (HUMORISTA GRAFICO, DEBUXANTE E GUIONISTA), D.ANGEL.J ALFONSO PIÑEIRO (Mestre xubilado do CEIP Amor Ruibal), D.LEONCIO (Mestre xubilado do CEIP Amor Ruibal), XIL RIOS(CANTANTE), XERARDO FERNÁNDEZ ALBOR (EX PRESIDENTE DA XUNTA), TERESA MOURE.
Premiados en anos anteriores:
IV PREMIO MIMI 2012: Pili,educadora social do Concello de Barro.
III PREMIO MIMI 2011: Cantereiras de Ardebullo.
II PREMIO MIMI 2010: Xabarin club.
I PREMIO MIMI 2009: Ezequiel Mosquera .
MAIS INFORMACIÓN PREME AQUI.MIMI

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2013 no marco da celebración das Letras Galegas.
Concurso premio Mimi do CEIP AMOR RUIBAL,manda a túa proposta
Hoxe recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos de 5º de primaria do CEIP amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o 5º premio “MIMI “ao personaxe do ano”.
A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.
O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2013 no marco da celebración das Letras Galegas.
Desde Novas de Barro queremos facer participes a todos os seguidores do noso blog na elección do nos@ candidat@.
Así que pensalo ben e mandarnos antes do venres unha proposta a novasdebarro@gmail.com ou unha mensaxe,comentario ao facebook.
Cos nomes dos persoeiros recibidos faremos unha enquisa, e antes do 31 de xaneiro enviaremos o gañador ou gañadora.para que entre @s candidat@s que envíen as demais institucións públicas e as asociacións culturais e deportivas, @s alumn@s do CEIP “Amor Ruibal” avaliarán os méritos d@s candidat@s e decidirán, mediante voto secreto, o gañador ou gañadora.
@s candidat@s tamén poderán ser propost@s, no prazo sinalado, por calquera membro da comunidade educativa do CEIP “Amor Ruibal”, a condición de que dita proposición conte cun respaldo mínimo de dez sinaturas.
Premiados en anos anteriores:
IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.
III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,
II PREMIO MIMI: Xabarin club
I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .



