“Está rico, más que la añada anterior. O más fresco, que todo es posible. Una acidez muy integrada y virtuosa, vino para disfrutar fuera de casa. Para gente joven. Una gozada.”

Viña Moraima lanza un sorteo en las redes sociales como avance de la presentación de su vinificación experimental con la variedad ratiño

viño moraima

(02/11/2015) La bodega cooperativa gallega Viña Moraima sortea entre los seguidores de su página en Facebook, la última botella de su vinificación experimental ratiño correspondiente a una edición exclusiva de 12 unidades, cuya presentación tuvo lugar en primicia para A Emoción dos Viños 2015 , encuentro de referencia entre viticultores y aficionados al mundo del vino, celebrado el pasado mes de junio en la localidad fronteriza de Tui (Pontevedra).

El exclusivo ejemplar, contiene una muestra del vino tomada el pasado mes de junio, y viene marcado con una etiqueta doble superpuesta, diseñada en exclusiva para la ocasión. La superior muestra una imagen de un racimo de esta escasa variedad y una interrogación, mientras que en la inferior se desvela las peculiaridades de su elaboración, del que, en la vendimia 2014, se recogieron 833 kg con los que se han elaborado 350 litros de monovarietal.

La ratiño no se puede comercializar dentro de los vinos amparados por la D.O. Rías Baixas por tratarse de una variedad identificada recientemente, y que no se encuentra autorizada para vinificación , pese a tratarse de una variedad autóctona de Galicia tamén conocida como “colgadeira” , “cajarrento” o “blanca de Cabanelas”. Por lo tanto, para realizar esta vinificación, Viña Moraima ha tenido que solicitar autorización previa del citado organismo, a la vez que comenzaba los trámites para solicitar la inclusión de la citada variedad dentro del catálogo de uvas autorizadas, una vez su utilización sea permitida por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Esta novedosa vinificación experimental se está realizando en colaboración con el Grupo de investigación en Viticultura, que dirige la Dra. Martínez en la Misión Biológica de Galicia, organismo dependiente del CSIC. Actualmente, se está trabajando en la presentación de la añada 2014, mientras continúan la elaboración experimental de la cosecha de 2015.

El plazo para participar en el sorteo finaliza el próximo 9 de noviembre. (Enlace http://ow.ly/U8UNL)

historia ratiño

  Óscar B. Xestión de comunidades en liña, Viña Moraima, S.Coop.Galega

cm@moraima.gal | http://www.moraima.gal/ | Fichas de cata e botellas

 

 

¿Cóntoche un viño? de Enrique López con Viña Moraima

  • ás 12:00  en Barosa
    Dentro de 4 días
  • Presentación do libro do sumiller granadino Enrique López “¿Te cuento un vino? Rarezas y caras B de nuestros vinos y bodegas”. Contaremos co seu autor e coa compaña dos viños de Viña Moraima (Barro, D.O. Rías Baixas). Precisamente o albariño Moraima introduce os relatos desta amena obra.
  • te cuento un libro

Viña Moraima realiza un estudo sobre a variedade Ratiño para avaliar a viabilidade da súa comercialización

PORTADA faro-de-vigo

A cooperativa Viña Moraima de Barro elaborou un estudo sobre a variedade Ratiño, unha moraima caiñovariedade de uva autóctona galega case extinguida para valorar a viabilidade de producir e comercializar viño. Elaboráronse uns 360 litros da devandita variedade baixo a tutela da Xunta.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/15/vina-moraima-realiza-estudio-variedad/1220697.html

moraima

Viña Moraima principia coa Misión Biológica a vinificación experimental da variedade ratiño

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A cooperativa de Barro Viña Moraima comezou un novidoso proxecto de vinificación experimental, da caste autóctona galega recentemente identificada ratiño.

O pasado ano, a Misión Biolóxica de Galicia, dependente do CSIC e baixo aa dirección de Carmen Martínez, rematou un interesante programa de catalogación de variedades de vide localizadas en Galicia e Asturias. Unha das sorpresas foi a identificación da ratiño.

Cando tiveron coñecemento desta nova, varios cooperativistas, sabedores da existencia de cepas desta variedade entre os seus viñedos, puxéronse en contacto co centro (situado en Salcedo, Pontevedra) para interesarse pola posibilidade de vinificar esta uva. Ao non estar incluída no Catálogo oficial de variedades autorizadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, principiáronse os trámites correspondentes a fin de conseguir a súa inclusión no listado; previa solicitude das pertinentes autorizacións á Xunta de Galicia.

Destas primeiras conversas, xurdiu unha vontade de colaboración por ámbalas dúas partes que culminou na realización deste proxecto.

AS CEPAS: UN TESOURO ENOLÓXICO

Desde Viña Moraima déuselle un pulo á procura de máis pés para acadar unha produción mínima significativa, e os socios encargáronse de identificar outras cepas de ratiño sobre o terreo e localizar aos seus propietarios. Trala frutífera procura, localizáronse na zona de Barro principalmente, unha decena de parcelas pertencentes a oito viticultores nas cales identificaron pequenos grupos de poucos exemplares desta caste.

Trátase de viñedos prefiloxéricos dos que algúns propietarios, vencellan a súa plantación coa construción das vivendas a carón, datadas no século XVIII.

A VENDIMA

Dada a adscrición de Viña Moraima á D.O. Rías Baixas, foi preciso solicitar consentimento previo e autorización para a mesma ao Consello Regulador desta Denominación de Orixen, para a admisión de uva dunha caste non amparada, sendo ámbolos dous concedidos coa esixencia de paralización do resto da vendima de albariño e caíño na que estaba inmersa a adega por esas datas.

O día 26 de setembro vendimáronse de xeito manual en caixas de 20 kg (como é habitual nesta cooperativa barrense) obtendo 833 kg de uva ratiño; sendo levantada acta polo Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar.

VINIFICACIÓN EXPERIMENTAL

Para o deseño da vinificación de ratiño, Cristina Yagüe e Roberto Taibo enólogos de Viña Moraima, compararon a caracterización ampelográfica e especialmente a anatómica da variedade obtidos do estudo da Misión Biolóxica de Galicia, cos dunha especie ben coñecida por ela como é a albariño.

E importante salientar, que para respectar ao máximo as características naturais da variedade, a fermentación realizarase de xeito espontánea co lévedo autóctono presente na uva.

Pola súa banda, a Misión Biológica vai realizar unha caracterización aromática de mosto e viño a partires das mostras entregadas por esta adega, e é que desde este Centro, hai unha firme aposta pola aptitude enolóxica da variedade ratiño.

É por tanto, un ambicioso proxecto para a pequena cooperativa de Barro, que fai escasamente un mes presentou Moraima Caíño, a seu anterior achega a prol da posta en valor das castes autóctonas.

http://pontevedraviva.com/xeral/15058/vina-moraima-mision-biologica-vinificacion-experimental-variedad-ratino/

moraima ratiño

Moraima Caíño 2013: Novo tinto da D.O. Rías Baixas presentado onte en Barro

Barro, 19 de setembro de 2014

A adega Viña Moraima, S.C.G. realizou onte a presentación do seu novo viño: Moraima Caíño. O lugar escollido para dar a coñecer o primeiro tinto desta adega foi o Pazo da Crega en Barro, onde se deron cita unhas 150 persoas dos máis variados ámbitos, todas elas vencelladas dun xeito ou outro ao mundo do viño.

A encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto foi Salomé Cancela, unha das socias fundadoras; quen agradeceu a súa presencia no que considerou un fito histórico para a  pequena cooperativa. Na súa intervención, quixo recoñecer a labor de  Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos colaboradores da adega dende fai tres anos aproximadamente, e pais da criatura; cunha mención especial para eses antergos que tempo atrás plantaron e fixeron chegar ata hoxe as cepas de caíño que permitiron a elaboración de Moraima Caíño.

Pola súa parte, outro dos socios primitivos, Gonzalo Reboredo, realizou  un breve repaso pola aínda curta vida desta cooperativa de colleiteiros de Barro; facendo especial fincapé na forte aposta de Viña Moraima polas elaboracións diferenciadas, piares fundamentais de que hoxe se atopen no seu mellor momento de expansión nacional e internacional . “Se vos gusta Moraima Caíño, levade o nome de Barro polo mundo”, rematou dicindo.

Ás cuestións técnicas relativas ao coidado do viñedo, e ao proceso de elaboración de Moraima Caíño referiuse Cristina Yagüe; quen salientou que se atopara cunha caste autóctona, con cepas vellas, incluso centenarias, e que no proceso de vinificación se tentara respectar ao máximo o seu carácter varietal.

O acto rematou cunha pequena cata dirixida pola recoñecida sumiller Mercedes González, quen quixo sumarse a esta pequena homenaxe ao caíño tinto, e comezou convidando aos asistentes a probar bagos dos acios que recollera esa mesma tarde.

Durante o evento, que se dilatou ata altas horas da noite, os asistentes tamén puideron degustar os dous viños brancos da D.O. Rías Baixas desta adega: Aba de Trasumia, e Moraima Albariño.

20251205_203128

moraima

Presentación Moraima Caíño 2013

moraima barromoraima barro viño

Mañá xoves 18 de setembro sairá ao público o novo proxecto de Viña Moraima S.Coop.Gal: Moraima Caíño 2013. Trátase dun viño monovarietal 100% caíño tinto amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, do que só chegarán ao mercado, desta primeira colleita, 2229 botellas, resultado dun grande esforzo de recuperación de viñedo local, nalgúns casos centenario. En palabras de Roberto Rivas, Vicepresidente da cooperativa, a elaboración dun caíño era unha débeda pendente con Barro, onde tradicionalmente foi o viño máis recoñecido pola súa calidade, e a necesidade dun delicado cultivo e posterior vinificación.

A presentación terá lugar no Pazo da Crega, en San Antoniño, Barro (Pontevedra) a un quilómetro da sede da adega, onde Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos responsables da elaboración, explicarán o proceso de xestación do primeiro tinto de Viña Moraima. A recoñecida sumiller afincada en Lugo, Mercedes González, realizará unha cata comentada que poderá ser seguida por todos os asistentes á degustación. Os socios quixeron compartir este importante fito na súa pequena, mais intensa, historia como cooperativa, con hostaleiros, distribuidores e diversos cargos públicos.

Seguindo coa ampla presenza en medios sociais da adega, o evento poderá ser seguido tanto nas súas contas oficiais, como na dos blogueiros convidados ao evento, coa etiqueta #MoraimaCaíño.

moraima caiño

Nova imaxe e marca para Abba de Trasumia 2013

A partires da colleita 2013 o noso viño Aba de Trasumia Albariño trasumia100% cambiará a súia denominación a Abba de Trasumia en homenaxe á mítica banda sueca homónima. Facemos así coincidir o 40º Aniversario da victoriosa participación de ABBA no Concurso da Canción de Eurovisión 1974 co tema Waterloo, resultando no seu lanzamento internacional e o comezo dunha lenda que chega ata os nosos días. Do mesmo xeito, agardamos que esta nova campaña ofreza o pulo definitivo cara ao recoñecemento mundial de Abba de Trasumia #Albariño D.O. Rías Baixas.Para intensificar esta campaña, intentaremos que el hashtag #AbbadeTrasumia se convirta en trending topic nas redes sociais.

O novidoso etiquetado está realizado nun elegante e sobrio branco e negro, e utiliza unha tipografía que nos transporta á decada dos 70, amosando a nova denominación do viño, ᗅᗺᗷᗅ® DE TRASUMIA, baixo a cal se atopan as facianas dos catro compoñentes do grupo musical.

Non é esta a primeira vez que no curto, mais intensivo, percorrido de Viña Moraima S.Coop.Gal., se ligan viño e cultura. No ano 2012, co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, todas as botellas do viño que porta o nome da adega, penduraron unha etiqueta adicional co varias veces musicado poema Moraima na súa versión orixinal en galego xunto cunha tradución ao inglés.

abba de transmunia

Viña Moraima de Barro acode a “España Select” en Bruxelas, un evento internacional de venda de produtos españois de calidade

. Moraima de Barro é a única adega que participará da D.O. RíasBaixas, representada por Gonzalo Reboredo.
. “España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboran en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA.
. O evento “España Select” forma parte da accións de promoción exterior da “Marca España”.
. Ademais o recoñecido “Leonor” incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Bruxelas, 29 de Marzo de 2014.albariño D.O. Rías Baixas participa no evento internacional “España Select” representado pola adega de Barro, Viña Moraima, que estes días se celebra na capital belga de Bruxelas.

España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboranMORAIMA2 en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA. “España Select pretende servir como centro de coordinación de vendas a nivel mundial na comercialización de viños, aceites, carnes ou queixos, entre outros produtos

Gonzalo Reboredo que representa a Moraima neste certame internacional, quixo destacar a “oportunidade de que unha adega como Moraima que basea a elaboración dos seus viños na máxima calidade poida participar no maior proxecto de venda de produtos españois e galegos de calidade” en Bruxelas.

Para Moraima,”España Select“, supón un novo reto de promoción e MORAIMA3imaxe de marca, que vén potenciando con accións de mercadotecnia en todo o territorio nacional e internacional a través de eventos como Fòrum Gastronomic, na Feira do Viño e Alimentación Mediterránea ou Xantar Internacional ou eventos en locais da xeografía española con Diego Gallegos do “Sollo Restaurant, con Mercedes González de MEmbajadora ou Manuela Romeralo e Quique Dacosta en Vuelve Carolina.

Ademais grazas á estanza en “España Select“, o recoñecido “LeonorMORAIMA incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Para máis información sobre esta noticia contacten con:

Gonzalo Reboredo

Viña Moraima.
gonzalo.reboredo@adegamoraima.com
+34.607.330951

MORAIMA1

Medalla de prata para #Moraima #2012 na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia de Servino

Medalla de prata para #Moraima #2012 na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia de Servino

#Plata en la Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia de Servino con Moraima 2012

Moraima 2012 was recently awarded as Silver medal at Servino’s Galician Wine, Spirits and Winery Guide

https://www.facebook.com/AdegaMoraima?fref=ts

moraima

 

«Estamos moi satisfeitos coa medalla de ouro para Moraima»

diario_pontevedra.750

Roberto Rivas é un dos membros do consello reitor e cooperativista de roberto rivasMoraima, un dos viños máis novos no panorama da D. O Rías Baixas que recentemente acadou a medalla de ouro no certame internacional na Catavinum World Wine & Spirits Competition 201 e unha de prata coa súa segunda marca.

Cal é a sensación con esta dobre medalla?

Moi boa. Os cooperativistas estamos moi satisfeitos e contentos con este resultado nunha das primeiras veces que competimos. De feito, é a primeira na que levamos a nosa segunda marca Aba de Tasumia.

Fixérono coa colleita de 2011, pero levan varios anos xa no mercado. Por que en 2012?

Foi un cambio na política da empresa. Antes tiñamos por norma non presentarnos a concursos, pero agora estamos probando a facelo, con bo resultado, polo que se ve.

Foi un éxito difícil?

Non sabería dicilo. Compiten moitos viños de todo o mundo, cóntanse por centos, pero o certo é que cando saes a escea con un albariño levas certa vantaxe, porque estes viños son un cañón. Para nós é un honor e unha sorte, sobre todo por poder complementar o ouro de Moraima con unha prata para a nova marca.

Os viños da AGV son galardonados nos premios Catavinum World Wine

Os viños da AGV son galardonados nos premios Catavinum World Wine and Spirits Competition 2013 que se celebrou estes dias. A nosas adegas premiadas son Adegas Viña Moraima S.C.G. da D.O. Rias Baixas e a Adega Altares de Postmarcos, I.X.P. Viños da Terra de Barbanza e Iria. Podedes ver os listados completos enhttp://www.catavinum.net/

gold

MORAIMA CONQUISTA IRLANDA

MORAIMA

 

Catadores de Castelló visitan Moraima

Membros da Asociación de Catadores de Castelló visitan as instalacións da cooperativa vitivinícola Moraima e algunhas das súas viñas máis antigas.

Mais Información:

Páxina Web http://www.adegamoraima.com
https://twitter.com/#!/AdegaMoraima
http://pinterest.com/adegamoraima/
https://foursquare.com/v/vi%C3%B1a-morai…
http://www.youtube.com/adegamoraima