Na memoria de ALBINO AGRASO SANTAMARÍA, que por muitos vecinhos do concelho de Barro foi chamado “o zapateiro de Curro”

 

En Barro, e pola nosa memoria común

mmm

portada

1

2

3

4

5

6

¿Quen foi Castor Castro Cancela?

https://novasdebarro.com/2015/06/14/quen-foi-castor-castro-cancela/

 

 

XORNADAS DE MEMORIA HISTORICA

Este sábado dia 23 ás 12 da mañá, dentro das Xornadas de Memoria Histórica, vaise celebrar un Pleno en homenaxe a Castor Castro, alcalde de Barro no 1936.

TEXTO DE Xosé Collazo Castro

“CASTOR CASTRO CANCELA (meu avó materno)
Pequeno resumo biográfico baseado no que publiquei en 18 de Xulho de 2012 nesta rede social.

Castor foi o derradeiro alcalde republicano de Barro-Pontevedra, no período efémero da Frente Popular en 1936.

Naceu na parroquia de Portela-Barro. Filho de Jose Castro e Manuela Cancela Bua.
Casou con Jesusa Nieto Mourente, minha avoa materna.

No ano 1918 participa na constitución dunha sociedade de oficios varios en Barro.

Seria vocal da Xunta directiva. Achégase ao movemento agrarista, no que foi moi activo.

O 16 de maio do mesmo ano preside un grande mitin agrarista para as comarcas do Salnés e Caldas, celebrado na parroquia de Curro-Barro, con uns 3.000 asistentes, no que falan tamén Ramón Abal, de Barro, Salvador Novo de Moraña, Samuel Blanco de Paradela, Marcelino Fernandez de Vilaxoán e Manuel Alvarez de Vilagarcía, entre outros.

Mantivo contacto e diversa correspondencia con importantes cargos desa época republicana (Guiance Pampin, Laureano Poza, Osorio Tafall..) e co Partido Comunista, do que recibía propaganda, circulares e convocatorias.

Foi precisamente esta correspondencia e relación co Partido Comunista, sendo Alcalde, un dos argumentos principais utilizados contra el no Consello de Guerra.

No libro do cura fascista Manuel Silva Ferreiro “Galicia y el Movimiento Nacional”, fálase das “propagandas disolventes”…que prendieron (na comarca) “en los incondicionales del Alcalde de Barro, Castor Castro Cancela, que recibía para su labor revolucionaria, orientaciones y mandatos de los dirigentes del Partido Comunista”.

Estivo fuxido por mor das contínuas ameazas e acoso falanxista que ían continuamente á súa casa, e a todas horas.

Detido finalmente pola Garda Civil e os falanxistas a mediados de Setembro do 36, foi xulgado en Conselho de Guerra-causa 209/37- en marzo de 1937 en Pontevedra, no que foi condenado a pena de prisión de 15 anos (tivo moita sorte).

Estivo breve tempo no cárcere de Pontevedra e no presidio de figueirido. Despois do ingreso na penitenciaria da illa de San Simón sería trasladado a cadea de Astorga.

Home de integridade persoal e talante amable, fiel aos seus principios democráticos, ateos e de esquerdas foi firme nestas posicións ideolóxicas até o final dos seus días en 1974.”
X.C.C

Xosé Collazo Castro 

 

Esta mañá presentouse aos medios en rolda de prensa as Xornadas de Memoria Histórica de Barro organizadas pola AC Barosa en colaboración co Concello de Barro.

XOSE COLLAZO

castro cancela

pleno barro

 

DATOS DA MEMORIA ESQUECIDA.BARRO

ARTIGO DE ADOLFO GAGO, PUBLICADO NO Nº5 DA REVISTA BAROSA NO ANO 2002

img099

 img100