III FESTIVAL DE COROS INFANTÍS

FB_IMG_1558631826367

PROGRAMACIÓN DA XL FESTA DO VIÑO DE BARRO

FB_IMG_1558627344044

Estás son as imaxes do concurso IMAXES DE BARRO EN CORES 2019

Xa está aberto o prazo para votar a fotografía que mais vos guste. O xurado do concurso realizou a selección de 18 fotografías, que considerou as mellores e coas que se realizará unha exposición. No seguinte enlace podedes emitir o voso voto, para decidir un premiado/a por categoría. Tendes de prazo ata o día 31 de maio para votar. http://basicfront.easypromosapp.com/entries/936747

5ca72e5f21789

CONCERTO DE FELIPE REA

CONCERTO: Sábado día 1 de Xuño no Pazo da Crega. Entrada gratuíta, ata completar aforo.

FB_IMG_1558467006043

O BNG rexeita abertamente o desmantelamento dos servizos no Centro de Saúde de Barro

O BNG rexeita abertamente o desmantelamento dos servizos no Centro de Saúde e apoia a recollida de sinaturas así como calquera outra medida ou mobilización que decidan os colectivos sociais de Barro.

Nas últimas semanas vén de saberse que o actual pediatra -debido á súa xubilación- deixará de exercer proximamente en Barro e a Consellería de Sanidade non confirma a substitución deste profesional por outro. A Xunta de Galiza está facendo tempo ata que pasen as eleccións muncipais e suprimir despois este servizo médico en Barro.

A posible perda deste servizo é unha verdadeira espada de Damocles sobre a saúde da veciñanza de Barro, pero ninguén sabe cal é nin a opinión nin a postura do Partido Popular de Barro. Non sabemos se están cos veciños e veciñas de Barro para non perder este importante servizo ou se están do lado da Xunta do PP.

A perda do pediatra pode ser o primeiro chanzo no desmantelamento xeral dos servizos de saúde en Barro. Despois do pediatra, senón lle poñemos freo, virá a supresión dos demais servizos, como o segundo médico que tanto traballo nos custou conseguir.

IMG-20190521-WA0000

CAN PERDIDO NO SAN ANTONIÑO

_20190520_003633

Recollida de firmas para esixir que se cubra a plaza de pediatra

Na reunión convocada onte polo alcalde, cos colectivos que forman a Plataforma pola Sanidade Pública en Barro, acordouse recoller firmas para esixir que se cubra a plaza de pediatra, pola xubilación do actual no mes de xuño, de forma inmediata.

_20190516_232405

_20190516_232433

ACTO PÚBLICO DO BNG DE BARRO

IMG-20190514-WA0002

NERVIOSISMO DO PARTIDO POPULAR LÉVAOS A INTENTAR DIFUNDIR BULOS E MENTIRAS ENTRE A VECIÑANZA DE BARRO

Fonte : BNG de Barro.

O PP está preocupado porque ve cada vez máis difícil que poida volver recuperar o goberno. Nese estado de nerviosismo e desesperación intentan lanzar mentiras para embarrar a campaña electoral. Pero isto non é unha novidade, pois o candidato do Partido Popular é algo no que ten moita experiencia.

Que as vinte persoas que acompañan a Landín na candidatura nin teñan experiencia nin coñecementos a cerca de como funciona unha tramitación administrativa nunha institución é, dalgunha maneira, entendible, pero que alguén que foi 32 anos alcalde dun concello ande a estas alturas con mentiras e bulos deste tipo non é máis que unha falta de respecto ás veciñas e aos veciños de Barro. O único que demostran con estas prácticas é que só saben mentir e tratar de enganar ás veciñas e veciños de Barro.

O goberno municipal fai as cousas dunha forma limpa, pulcra e transparente; algo que choca frontalmente co estilo do Partido Popular de Barro.

MODIFICADO NUN PROXECTO
Na execución de calquera obra que se prece, sempre poden aparecer cuestións que leven a unha administración a modificar o proxecto inicial, co obxectivo de solucionar algún problema que se descubra na execución da obra ou de mellorar o proxecto. Isto é algo totalmente regular e que sucede constantemente en todas as administracións.

Na execución da piscina municipal de Barro está pasando algo similar. A empresa que gañou o concurso fixo unha baixa económica e o goberno, para non perder a parte desa subvención da Deputación que se perdería tras a baixa económica da empresa, decidiu inverter eses cartos en mellorar aínda máis o proxecto, sen sobrepasar o que estaba orzamentado.

En consecuencia, o proxecto non terá un custe superior ao orzamentado e a rebaixa económica da empresa será invertida no propio proxecto.

_20190516_143030.JPG

_20190516_143048

Concerto de Treixadura e a Banda Xuvenil de Barro.

FB_IMG_1557945793311

MITIN DO PSOE DE BARRO

FB_IMG_1557943209750

PREMIADOS E FINALISTAS DO CONCURSO DE CONTOS

OMIX DE BARRO:

No concurso de contos “Os contos que contan” deste ano 2019 participaron 258 contos, unha cantidade que aumentou grazas ao bo traballo dos rapaces e rapazas, mozos, mozas e adultos que presentaron as súas obras. 

Gustaríame agradecerlle aos profesores/as do CEIP Amor Ruibal e aos do IES de Barro a súa implicación, esforzo e colaboración, xa que gracias ao traballo que fan, acadamos cada ano mellorar en calidade e en cantidade.
Por útimo agradecer aos escritores Adolfo Caamaño Vázquez e Xosé Monteagudo Folgar o seu tempo, xa que sabemos das súas próximas publicacións e do ocupados que están.
Gracias a todos por participar e parabéns, gañadores e finalistas.

FB_IMG_1557941379014

 

BANDO: XL FESTA DO VIÑO DE BARRO

FB_IMG_1557848927625

O NOVO PARTIDO POLÍTICO PLAN B PRESÉNTASE EN SOCIEDADE

001_presentacion

Os comuneiros de Curro recadan case 19.000 quilos de alimentos nunha gala solidaria