🟢Curso 2021/2022 da “Escola de música de Barro”.🟢 Xa podedes facer a pre-matricula online para o vindeiro curso. Reserva a túa praza no seguinte enlace: 👇https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMLboD6rAphm2B_v9FZAhYCoBxx69Rv4PIBNJpCJk0yjcx6w/viewform
✅12 especialidades instrumentais + linguaxe musical + Banda da escola.
As costureiras solidarias I+D deciden constituirse nunha asociación co fin de dar continuidade as actividades de colaboración que comezaron en abril do ano pasado, no inicio da pandemia, coa elaboración de máscaras. Agora, a súa idea é seguir realizando actividades de carácter solidario pero, ademáis, desenvolver outras accións relacionadas coa cultura e con distintos labores e oficios. O colectivo celebrará este venres día 20 a súa reunión constituínte e, cómo primeira iniciativa desta nova etapa, ese mismo día abrirá unha mesa informativa sobre a enfermidade da AME na que participarán persoas da Asociación GaliciAme. O obxetivo é e poñer algo mais de luz sobre esta enfermidade e axudar a recadar os cartos para que Merchi Álvarez poida recibir o seu tratamento en Corea. Esta veciña de Cambados precisa 80.000€ para todo o proceso médico, custes dos viaxes e outros gastos derivados de estancia, etc. A día de hoxe xa leva conseguido mais de 50.000 euros grazas ás distintas accións que se veñen realizando por toda Galicia e as numerosas aportacións a través do número de conta bancaria que está a disposición na páxina de Merchi Álvarez en Facebook. As Costureiras Solidarias queren sumarse á causa e, ademáis da charla informativa deste venres, que será ás 21h diante do centro Cívico de Barro, habilitarán petos de donativos nos locais de hostelería e comercios locais que queiran participar e que tamén lles poden solicitar vía mesenger. Os petos serán recollidos por membros da Asociación GaliciAme antes do día 9 de setembro. As Costureiras piden a máxima colaboración da veciñanza porque “entre todos podemos conseguir que Merchi poida cumplir o seu soño de ter unha posibilidade para a sua enfermidade con este tratamento”.
O restaurante San Martín, de referencia no concello de Barro polos seus magníficos menús a prezos moi asequibles, pechará as súas portas definitivamente a partir de hoxe despois de moitos anos de actividade.
“Desde el equipo del San Martín y como integrante de plantilla de trabajadores, que nuestra fuente de trabajo, el San Martin II acaba de cerrar sus puertas. Me gustaría que hicieras una publicación en Facebook para así poder rendir un homenaje por lo que significó el restaurante en la vida de muchos vecinos. Somos cinco (5) familias que quedamos en paro. Bueno, por circunstancias de la vida así estamos ahora mismo. Me gustaría que publicarais algo de verdad. Muchas gracias.”