As costureiras solidarias I+D deciden constituirse nunha asociación co fin de dar continuidade as actividades de colaboración que comezaron en abril do ano pasado, no inicio da pandemia, coa elaboración de máscaras.
Agora, a súa idea é seguir realizando actividades de carácter solidario pero, ademáis, desenvolver outras accións relacionadas coa cultura e con distintos labores e oficios.
O colectivo celebrará este venres día 20 a súa reunión constituínte e, cómo primeira iniciativa desta nova etapa, ese mismo día abrirá unha mesa informativa sobre a enfermidade da AME na que participarán persoas da Asociación GaliciAme.
O obxetivo é e poñer algo mais de luz sobre esta enfermidade e axudar a recadar os cartos para que Merchi Álvarez poida recibir o seu tratamento en Corea.
Esta veciña de Cambados precisa 80.000€ para todo o proceso médico, custes dos viaxes e outros gastos derivados de estancia, etc. A día de hoxe xa leva conseguido mais de 50.000 euros grazas ás distintas accións que se veñen realizando por toda Galicia e as numerosas aportacións a través do número de conta bancaria que está a disposición na páxina de Merchi Álvarez en Facebook.
As Costureiras Solidarias queren sumarse á causa e, ademáis da charla informativa deste venres, que será ás 21h diante do centro Cívico de Barro, habilitarán petos de donativos nos locais de hostelería e comercios locais que queiran participar e que tamén lles poden solicitar vía mesenger.
Os petos serán recollidos por membros da Asociación GaliciAme antes do día 9 de setembro.
As Costureiras piden a máxima colaboración da veciñanza porque “entre todos podemos conseguir que Merchi poida cumplir o seu soño de ter unha posibilidade para a sua enfermidade con este tratamento”.
