Calvo Maquieira, ex director da UNED.A dirección do CEIP Amor Ruibal manifestou onte o seu agradecemento ao Concello de Barro pola realización dunha serie de obras que permitiron poñer a punto o centro para o comezo do curso.
Calvo Maquieira, ex director da UNED.A vendima é a acción de recoller a uva para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do no na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, habitualmente no mes de setembro, pero non é igual en tódalas rexións. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lua para decidir a data da vendima.

Nunha terra de bebedores como é a nosa, ademais do viño existe tamén un incipiente mercado, o da cervexa artesanal.
Descoñecido para moitos por dous motivos: o primeiro, a acaparadora e lóxica tradición vinícola na terra das cepas, e o segundo, o monopolio da cervexa comercial, que homoxeniza os sabores.
Aínda así, en Cangas e en Barro afánanse por sacar adiante novos gustos, sempre cun toque pontevedrés. Os ingredientes esenciais para todas as receitas: maltas e lúpulo, ademais de auga e outros cereais como trigo e avea. A partir disto e tras un laborioso proceso de varios meses, é posible saborear as máis mimadas cervexas. Un dos recantos pontevedreses nos que se leva a cabo este minucioso traballo atópase en Aldán, en Cangas. Adegas Menduíña. Descoñecida para a meirande parte dos seus veciños, agóchase tras uns grises muros unha pequena fábrica de cervexa artesanal.
Alberte Fernández e Valeria Efftimoff son os responsables da súa existencia. O cervexeiro lembra que foi polo ano 2002, en Arxentina, onde a idea xermolou na súa mente. Traballaba na Patagonia, na pesca, nada que ver co que se convertería no seu modo de vida anos despois. Alí coñeceu varias fábricas artesanais de emigrantes europeos que levaron ás américas esa tradición. Pequenas explotacións das que el bebeu ata descubrir que ”o mundo da cervexa era moito máis amplo do que imaxinaba”. O pontevedrés comezou, como seguramente se inician nas artes a maioría dos artesáns, facendo cervexa para os amigos e os familiares. Naquel momento Alberte non pensou que ”algo que facía coma unha afección agora sería o noso modo de vida”.
Arrancar coa fábrica de cervexa foi un laborioso proceso que durou tres anos. Ata que, finalmente, o pasado ano comezaron a producir a saborosa bebida, para dous meses despois, saír á rúa e acadar os seus anhelos.
Alberte e Valeria tiveron claro desde o principio que o máis importante para eles sería ”a variedade e a calidade”, de aquí que irrompesen no mercado con catro variedades diferentes de cervexa para manter anualmente e dúas de tempada, diferenciando a bebida de verán co frescor do loureiro e a de inverno coa dozura do mel. Conta Valeria que, ademais das receitas estándar, Alberte ”siempre trata de darle su toque a cada uno de los tipos de cerveza y al estar en Galicia intenta involucrar en la cerveza productos de la tierra”. O outro recanto onde dous atrevidos pontevedreses foron cautivados polo mundo da cervexa é Agudelo, en Barro. Alí, protexidos por uns robustos muros de pedra, Anxo Puime e Quique Rodríguez aventuráronse nunha nova andaina que se fixo realidade a principios deste ano baixo o nome de Saramagal.
O interés por esta bebida de tradición estranxeira data duns cinco anos atrás. Anxo e Quique, afeccionados á cervexa, elaborábana para a xente do seu entorno. Pouco a pouco, o seu interese neste ámbito foi crecendo á vez que a súa técnica se perfeccionaba para acadar un produto máis profesional. Conta Anxo que o que os move é ”a calidade e non a cantidade”, xa que a súa é ”unha cervexa para cervexeiros, polo especial do seu sabor”, que se alonxa infinitamente do produto cada vez máis comercial. Isto é froito do especial gusto que posúe.
Como metas a curto prazo teñen en mente a creación de novas variedades de cervexa e ”seguir crecendo no mercado, pero sempre valorando máis a calidade que o volume de produto”, sinala Anxo. As cervexas de Menduíña e de Saramagal teñen gustos moi diferentes. A pesar de ter como base receitas tradicionais, en cada un dos grolos levan a identidade dos seus autores. Aqueles que as miman durante moitos días e poñen nelas un chisco de emoción propia para así impresionar ós bebedores do que foron os seus soños.
quizais o maior incumprimento do Pacto do Obradoiro a liña de alta velocidade OCarballiño-Barro, máis coñecida como variante de Cerdedo para a conexión Ourense-Pontevedra-Vigo.
conexión estivese finalizada e en activo en 2015, dentro de catro anos. Pero o seguimento realizado polo enxeñeiro tamén desmente esta posibilidade. O documento asinado por Xunta e Fomento sinalaba que en decembro de 2010 tería que terse aprobado e adxudicádose o proxecto construtivo e a obra de 59 quilómetros e un custo estimado de 1.456 a 1.800 millóns de euros. O certo é que en xuño de 2010 se aprobou o estudo informativo definitivamente coa avaliación de impacto ambiental, pero o ministerio incumpriu o acordo e en lugar de licitar proxecto e obra encargou a redacción dun proxecto básico ‘que só definen trazado en planta e parceiros. Ao non ser construtivos, permiten licitar obras e polo tanto, tampouco finalizar en tempo a variante, cuxa execución agora mesmo se encontra suspendida.Alugase baixo en Curro, acondicionado para peluqueria pero tamen pódese usar para unha oficina ou calquer outro tipo de negocio:moi boas condicions economicas.
Mais información: paubaco@hotmail.com
Unhas 200 persoas congregáronse na tarde de onte na Praza dá Feira en Meaño para presenciar a “II Maratón do
Acordeóns” que organiza a asociación cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas, única entidade do Salnés dedicada a promocionar este instrumento. O festival ofreceu 17 actuacións de acordeonistas chegados desde Mos, Barro, Vigo, Tomiño, Cambados, Vilagarcía ou San Miguel de Oia, entre outras localidades, a máis diso os meañeses Pablo Dovalo e Ignacio Varela que, na
súa calidade de anfitrións, actuaron como dúo e pecharon logo o certame co seu grupo Rías Baixas.
O maratón contou con algúns virtuosos recoñecidos no mundo do acordeón, caso do vigués Jaime Vilas. Do Salnés estiveron presentes Salvador Cores “Manso” (Cambados), Pepe Saba (Barro), Antonio Igrexas (O Grove), David Álvarez Caneda (Vilagarcía) ou o dúo meco Cándido e Fransoa.
O evento naceu o pasado ano a partir dunha iniciativa do propio Pablo Dovalo que, co seu grupo Rías Baixas leva xa case catro anos acudindo a festivais similares que se organizan noutras partes da xeografía galega, e que se expuxeron pór en práctica unha experiencia similar en Meaño, un municipio que respira música polo seu catro custados e de onde era ademais un dos máis soados acordeonistas galegos, “Ou Cego de Padrenda”, que Castelao inmortalizou nunha das súas pinturas. O obxecto é institucionalizar este festival cada primeiro domingo de setembro “porque é o último domingo antes do inverno libre de festas importantes na zona”.
A Audiencia de Pontevedra confirmou un auto xudicial polo que se insta a Ence a que consigne unha fianza de máis de
184.000 euros no marco da instrución xudicial por un accidente laboral mortal ocorrido en novembro do 2009. O escrito refire que deben ingresarse 147.946 euros «a favor» da esposa de Manuel Núñez García, «así como a cantidade de 12.328 euros por cada un dos fillos do falecido» -as fontes consultadas aludiron a que a vítima era pai de tres nenos-.
Os maxistrados pontevedreses aclaran, no entanto, que a pasteira, «como responsable civil subsidiaria a tenor do mandato do instrutor, quedará exenta do afianzamento se o constitúe o responsable civil directo», a empresa aseguradora.
As cantidades económicas anteriormente apuntadas fixáronse conforme á indemnización civil que, chegado o día do xuízo, «podería corresponder aos prexudicados polo falecemento do referido traballador».
Fronte ás teses esgrimidas polos representantes de Ence de que aínda non se esclareceron os feitos para determinar a existencia de indicios de criminalidade, a Audiencia é contundente: «A pesar de non haberse recibido declaración aos imputados, existen informes na causa e abundantes dilixencias documentadas acerca da posible forma de produción do atropelo do traballador, que permiten sustentar a posible existencia de infracción penal».
Engade, así mesmo, que «consecuentemente permiten tamén proxectar a obrigación de resarcir os danos e prexuízos na empleadora».
Os feitos
Manuel Núñez, de 55 anos e veciño de Barro, faleceu o 6 de novembro do 2009 arroiado por un camión no recinto da fábrica de Lourizán. O condutor, de orixe portuguesa, foi sometido á proba de alcoholemia, que deu negativo.
No marco da causa xudicial, os maxistrados sinalan que se dispón de informes da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra e da Consellería de Traballo e Benestar, así como unha resolución do Ministerio de Traballo, «que coinciden na existencia de infraccións en materia de seguridade e saúde dos traballadores por parte da mercantil».
VIDEO DA VOLTA CICLISTA PASANDO POR BARRO