RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BARRO

Grabación do XIII Festival de Bandas 2011

A  Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro organizou o XIII Festival de Bandas de Música de Barro. Esta edición contou con un numeroso público, pero para todos aqueles que non nos puideron escoitar en directo, ou ben queren ter unha copia para poder escoitarnos cando o desexen, agora poñemos á sua disposición a grabación da actuación da Banda Xuvenil de Barro neste festival realizada pola Radio Galega.

Premendo aquí poderá descargar a nosa actuación, onde destaca a estrea do pasodobre “García Fariña”, en memoria de José Javier García Fariña ‘Javino’, composta por D. Adrián Silva Magdalena.

X XUNTAZA DE CORALES DE BARRO

Jose Sanmartin

QUERIDOS AMIGOS DE FACEBOOK: Quero comentarvos que onte se celebrou a X XUNTANZA DE CORAIS EN BARRO. Esta actividade realizouse na igrexa da Portela, que estaba abarrotada de xente, que disfrutou de catros corais espectaculares. A primeria en actuar foi A CORAL RENFE DE MONFORTE( LUGO), (que fixeron un esforzo grande vindo actuar despois de falecerlles recentemente a sua vicepresidenta), deseguido actuou a CORAL ABRENTE DA POBRA DO CARAMIÑAL ( A CORUÑA), seguida da CORAL CANTARES DO MIÑO DE VELLE ( OURENSE) e para rematar puxo a guinda a CORAL POLIFONICA DE BARRO. Na miña opinión fixeron un magnifico concerto con un repertorio moi ameno , que soaba a mil maravillas na igrexa de San Mamede da Portela. Eu era a primeira vez que ia a un concerto deste tipo, pero de seguro que repetirei. Os meus parabéns as catro corais e en especial, a CORAL de BARRO, organizadora do concerto. SAUDOS.

 

Galicia estrea sendeirismo en 3D e geolocalización polo móbil

Muiños de Barosa, todo un espectáculo, é o río que se esborralla pola ladeira dun monte cunha fervenza contundente que parece que vai engulir na súa caída os pequenos muíños colgados da súa canle. E é ademais unha das 62 rutas de sendeirismo que a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, acaba de incluír nun catálogo (Galicia, Sendas para descubrir un país) que recolle unicamente os carreiros homologados da comunidade.

Isto inclúe vellas sendas, pistas forestais, camiños reais da época romana, laberínticas vías entre o bosque de ribeira… pero sempre que a súa sinalización cumpra os requirimentos da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, que se axustan á normativa internacional.

Pero volvamos ao río Barosa. Un mundo de posibilidades ábrenselle agora ao usuario. En Internet, ademais dos datos e fotos que aparecen na guía impresa, pode consultarse un mapa da ruta en Google Maps, mentres as páxinas web especializadas (www.wikiloc.com, http://www.everytrail.com e http://www.ikimap.com) permiten consultar, visualizar e descargar a información georreferenciada das rutas galegas.

Esta iniciativa pioneira brinda así mesmo a posibilidade de ver os camiños en formato 3D, coñecer os perfís de altitude, as distancias entre puntos de interese, e sobre todo, descargar toda a información aos móbiles intelixentes, o que equivale a levar encima información de alta calidade. Así, pasmado ante a fervenza, o camiñante poderá consultar que función cumprían os muíños que ten á vista, que outros atractivos lle ofrece o carreiro ou, simplemente, por onde serpentea a ruta que lle interesa seguir.

Case 20.000 exemplares

O percorrido visualízase e segue correctamente mediante o teléfono grazas ao dispositivo GPS, e isto é de gran utilidade, pois permite salvar problemas derivados da sinalización: o camiñante sabe sempre se se está desviando da ruta marcada. O móbil daralle tamén os datos da distancia percorrida, a velocidade media, o tempo empregado, o perfil de altitude, e ata a posibilidade de ir seguindo o camiño con apoio fotográfico.

Nunha volta de porca máis, a iniciativa de Turgalicia intenta crear unha comunidade de senderistas, ao permitir ao usuario a posibilidade de engadir comentarios propios e consellos para que outros poidan aproveitar as súas indicacións e beneficiarse desa información. Do catálogo editáronse 18.000 exemplares, 12.000 en castelán, 3.000 en galego e outros tantos en inglés. Inclúe 62 itinerarios homologados, dos que 58 son carreiros de pequeno percorrido (PR-G), con menos de 50 quilómetros, e 4, grandes rutas (GR).

O obxectivo último, segundo responsables de Turgalicia, é «atraer a turistas alemáns, ingleses e franceses, que contan nos seus países con enormes redes de carreiros».

Non hai perda

P ara os que somos capaces de perdernos no itinerario de baldosín e medio entre o fregadero e a lavadora, a invención do GPS resultou o achado máis asombroso desde o compás. De súpeto, basta con ordenarlle a un dispositivo que che conduza de regreso ao fogar doce fogar e, pegando o fuciño ao mapa virtual, un vai sorteando as encrucilladas, dúbidas e descoidos que noutro tempo convertían a visita á pintoresca casa de comidas a beiras dun regato en algo demasiado parecido a un episodio de Mr. Bean. Os perdedores, ou sexa, os que nos perdemos con suma facilidade, imos a alucinar por cores coa idea de enchufarnos no móbil unhas rutas de sendeirismo nas que o GPS vainos levando da man aos últimos agochos de Galicia sen necesidade de ter que chamar logo ao servizo de rescate da Garda Civil. Aínda que andemos desnortados noutros asuntos, na corredoira xa non hai perda.

RESULTADOS 14ª XORNADA DOS VETERANOS DE BARRO

IGREXA DE SAN BREIXO DE BARRO

Igrexa moderna, feita no século XVIII, por subscrición entre os vecinos. A torre é sen embargo, posterior, pois data de 1894.

Celebra a San Breixo o primeiro domingo de outubro.

 Localízase na cima dunha colina, dominando o seu entorno. a súa beira o cemiterio e unha ámplia explanada para a romería que é moi concurrida.
Estado de conservación: 
Bo.
Descripción: De planta rectangular co corpo posterior máis elevada. Campanario central de dous corpos con base mensulada e cúpula octogonal nervada. Fachada limpa con porta central e falsas columnas.

Cruceiro da Igrexa Parroquial de San Breixo. Localízase no atrio da igrexa, a un lado da fachada desta, na explanada mellorada fai pouco.

CANDO MALTRATAS UNHA MULLER DEIXAS DE SER UN HOME

Muller, Xamais Permitas…

Xamais permitas que algún home che escravice, ti naciches para amar e non para ser escrava.

Xamais permitas que o teu corazón sufra en nome do amor, amar é un acto de felicidade, porqué sufrir?.

Xamais permitas que os teus ollos derramen bágoas por alguén que nunca te fará rir.

Xamais permitas que o teu corpo sexa usado, sabes que o teu corpo é a morada do espírito, entón, mantenlo apreciado!.

Xamais permitas quedarche horas esperando por alguén que nunca virá, así cho teña prometido!.

Xamais permitas que o teu nome sexa pronunciado en van por un home, que nin se sabe se ten nome.

Xamais permitas que o teu tempo sexa desperdiciado por alguén que nunca terá tempo para ti.

Xamais permitas escoitar berros nos teus oídos, o amor é o único que pode falar máis alto!.

Xamais permitas que paixóns desenfreadas te saquen dun mundo real para outro que nunca existiu.

Xamais permitas que os outros sonos se mesturen aos teus facéndoos xirar nun gran pesadelo.

Xamais confíes que alguén poida volver, cando nunca estivo presente!.

Xamais permitas prestar o teu útero para xerar un fillo que nunca terá un pai.

Xamais permitas vivir na dependencia dun home facendo crer que ti naciches inválida.

Xamais permitas que quedes linda e marabillosa, para esperar un home que non ten ollos para admirarche!.

Xamais permitas que os teus pés camiñen en dirección dun home, que só vive fuxindo de ti!.

Xamais permitas que a dor, que a tristura, que a soidade, que o odio, que o resentimento, que os celos, que o rancor e todo que poida sacar o brillo dos teus ollos; facendo debilitar a forza que existe dentro de ti.

Xamais te permitas perder a túa dignidade de ser… Muller!.

“Home… cóidate moito de facer chorar unha muller, pois, Deus conta as súas bágoas!.

A muller saíu da túa costela, non dos teus pés para ser pisada, nin da túa cabeza para ser superior; senón do lado para ser igual… Debaixo do teu brazo para ser protexida e ao lado do teu corazón para ser amada. “…

Os veciños coñecerán hoxe o proxecto definitivo da estrada de Vilagarcía

Dúas décadas despois de promoverse por primeira vez unha mellora da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía (PO-531), os veciños do tramo comprendido entre a capital e Curro poderán coñecer hoxe o trazado definitivo elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Os afectados están convocados pola plataforma veciñal a unha asemblea, que se celebrará ás 21.30 horas na Casa de Cultura de Curro. Nesta reunión fixaranse ademais outras dúas convocatorias, para expor o proxecto nos centros sociais da Devesa e Campañó, en próximos días.
Á espera de coñecer o posicionamento da asemblea, en principio a plataforma de afectados acepta as últimas modificacións realizadas polo departamento que dirixe Agustín Hernández, e acepta o proxecto cuxo prazo de execución foi fixado polo conselleiro en 2013.
Finalmente a ampliación só afectará directamente a dúas vivendas en Curro e outra na Devesa, ademais dunha pequena construción en Campañó, cuxos propietarios xa manifestaron a súa conformidade coa expropiación. Queda só por coñecer como se modificará o nó pequeno de Curro, cuxo deseño xa sufriu diversas modificacións e aínda non se definiu o seu trazado final.
Como principais características, o viario reformado terá dez rotondas, sete delas de nova construción, oito pasos de peóns, 11 paradas de autobuses en cada sentido e unha pasarela peonil elevada, entre a Avícola e o viaduto da AP-9. Nos seus distintos tramos terá dous, tres, ou catro carrís, dependendo da tipoloxía urbana do lugar.
Trazado
O viario parte desde a estación de bombeiros con catro carrís, incluíndo os de incorporación desde a autoestrada e crea unha nova glorieta despois da actual do Vao. Desde esta rotonda continúa con dous carrís de circulación, un en cada sentido (ademais dos accesos laterais) ata a glorieta do acceso de Poio. Desde aquí continúa en primeiro lugar con catro carrís (excepto un pequeno tramo de dous) ata a rotonda de Alba e a PO-225. Desde aquí a estrada segue con dous carrís en sentido Vilagarcía e un cara a Pontevedra ata o acceso ao polígono industrial de Baión. Neste tramo constrúense dúas novas glorietas ata chegar ao nó de Curro.
Como outras características, no tramo urbano de Campañó, ao coincidir cunha zona urbana mantense un único carril en cada dirección, con amplas beirarrúas ata a rotonda da vía rápida a Poio. Entre a rotonda da vía rápida e a de Alba regresan o catro carrís, pero esta glorieta amplíase xa que será a conexión coa N-550 cara a Caldas.
No tramo da Devesa mantéñense o tres carrís no proxecto. No entanto, a avenida será humanizada debido ao núcleo de poboación cunha medianeira dun metro de ancho ao estilo da Avenida de Uruguai de Pontevedra.
O proxecto mantén un carril en cada sentido no traxecto polos núcleos de poboación de Curro e todo o viario estará humanizado e cun carril en cada sentido ao seu paso polas poboacións, salvo na Devesa que terá tres pero nun trazado moi urbano. Habilítanse tres pasos agrícolas en Curro, Campañó e A Devesa. Todo o trazado terá unha mediana para afianzar a seguridade viaria.

TEATRO EN VALIÑAS

”Chamámonos ‘105 besos’ porque é o número de bicos que calculamos que repartimos despois dunha estrea. Vicky [Estévez] dá 100 e eu os outros cinco”, bromea Tito Montes.

”Os dous levabamos moito tempo no mundo do teatro, traballando noutras compañías”, explican. ”Pero chegou un punto no que decidimos que queriamos facer máis cousas, medrar como actores e apostar por outro tipo de teatro”. Así que montaron exactamente hai un ano ‘105 besos’, coa que queren moverse polo circuito afeccionado, ”aínda que nos consideramos profesionais”.

”En realidad son auténticos profesionales, pero no tienen su ego”, bromea con eles o músico Nando López. El é o autor da música de ‘Dos en la cornisa’. ”Nos encontramos en un bar, alrededor de una cerveza, que es donde se encuentra casi siempre la gente”, explica. ”Ahí fue que empezamos a hablar de la posibilidad de hacer un montaje de teatro con música en vivo”. A idea faise agora realidade porque a primeira obra que saca adiante ‘105 besos’ conta coa interpretación da música en directo por parte dun grupo montado por Nando López para a ocasión, La Tramoya. ”Son a nosa banda oficial”, sentenza Vicky Estévez.

VEN AO TEATRO – OMIX BARRO

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BARRO

BOLETÍN SEMANAL DE EMPREGO Nº 73

Novo director para a BXB

Logo de rematar as probas de selección de director, a Banda de Música Xuvenil de Barro anuncia que o seu novo director será D.Alberto Xesús Busto Castaño. Esta elección producese logo da renuncia ao cargo de D. Alejandro Cimadevila por motivos persoais. Logo da sua participación nas probas de selección xunto con outros tres candidatos os membros da banda Xuvenil de Barro decidiron confirmalo como novo director da agrupación.

Fomento cambia o trazado do AVE a Vigo ao seu paso por Porráns

O Ministerio de Fomento remitiu ao de Medio Ambiente a solicitude de información con respecto á modificación do trazado previsto na liña de alta velocidade entre Ourense e Vigo. Trátase, en concreto, dun cambio ao paso por Porráns, no municipio pontevedrés de Barro. A Dirección Xeral de Avaliación Ambiental ten que determinar si é necesario un novo informe sobre o impacto do trazado.

A modificación, con entrada ao Ministerio de Medio Ambiente o pasado 14 de novembro, non supón cambios con respecto á planificación establecida polo Ministerio de Fomento para o resto da liña, despois de que en xuño de 2010 aprobásese o trazado e contratásense os proxectos básicos, que deben estar terminados en abril de 2012.

O cambio que tramita Fomento corresponde a unha demanda formulada polos veciños de Porráns, xa que o trazado previsto anteriormente causaba un forte impacto ao deixar illada á localidade con respecto aos núcleos da súa contorna, entre outros impactos. A modificación contémplase na zona onde enlaza a liña Ourense-Vigo co Eixe Atlántico, ao norte de Pontevedra, e a modificación supoñerá un achegamento de leste enlace á capital provincial.

Eleccións 20N: Así quedaría o Parlamento si todos os votos valesen o mesmo