Ampliase o prazo de entrega de autorizacións para ir na Cabalgata ata o día 31 de decembro de 2011. Recollida da solicitude na OMIX de Barro.
General
O polígono de Barro-Meis capta firmas de servizos
Pese ao adverso escenario económico, o polígono de Barro-Meis está a lograr
atraer a novas firmas. Catro empresas relacionadas cos servizos optaron por instalarse no chan industrial
e comezarán a operar proximamente. Trátase dunha firma de hortofruticultura, unha empresa de venda de material de ferraxería e xardín, unha comercializadora de pedra e outra destinada á distribución de líquidos derivados do petróleo.
A Deputación de Pontevedra, que promove a superficie industrial situada entre as comarcas do Salnés e Pontevedra, rematou definitivamente 49 parcelas. Trátase de chan industrial xa completamente urbanizado. Ata o momento, lográronse vender en torno ao 40 % das mesmas. As primeiras empresas en instalarse afianzan a condición do polígono como lugar apropiado para desenvolver actividade comercial de parque-escaparate, que se destina á comercialización e exposición de produtos, máis aló de albergar grandes empresas transformadoras. O prezo do metro cadrado fixouse en 147 euros, pero a Deputación facilitou fórmulas ás empresas para pospor o pago.
A medida tomouse precisamente para tratar de paliar os problemas aos que se enfrontan as empresas ante a falta de liquidez. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, lamentou neste sentido que a finalización do parque empresarial coincida cunha época económica adversa, e avogou por simplificar a tramitación deste tipo de iniciativas. De feito, Louzán revelou que desde que se comezou a tramitar o macropolígono ata agora, que se comezaron a instalar as firmas, transcorreron doce anos.
As parcelas vendidas suman 85.000 metros. Hai medio centenar aínda á venda, todas elas no sector do polígono correspondente a Barro. Os dous sectores no termo municipal de Meis suman 440.000 e 236.000 metros cadrados, mentres que o de Caeiro suma outros 700.000 metros cadrados.
BOLETÍN SEMANAL DE EMPREGO Nº 76
COMUNIDADE DE MONTES DA PORTELA-BARRO
O día 25 de decembro día de Nadal celebrásese un concerto de villancicos a partir das 18:00 a cargo do coro parroquial da Portela, Briallos, Arcos da Condesas e Noalla ademais de Antonio Miniño cantor de copla e o dúo de acordeones Rias Baixas.
Os días de Nadal, Fin de ano e Reis haberá baile parroquial para todos os veciños e acompañantes.
Boas festas a todos e grazas por visitarnos
Convocatoria pública para a elección de xuíz de Paz de Barro
En cumprimento do establecido no artigo 101 e concordantes da lei Orgánica
6/1985 de 1 de xullo do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
1º.—Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz do Concello de Barro por un período de catro anos.
2º.—Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese: ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas no artigo 303 da lei Orgánica do Poder Xudicial.
3º.—Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no B.O.P.
4º.—Documentación: Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
— Fotocopia compulsada do D.N.I.
— Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 punto 1 da lei 68/80 referente a “si se encontra inculpado ou procesado”.
— Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
Barro, a 13 de decembro de 2011.—O Alcalde, José A. landín Eirín.
Resultados dos equipos de Barro
O APALPADOR
Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.
Aprobación definitiva do orzamento para o exercicio do 2012
O acordo de aprobación inicial do orzamento para o exercicio do 2012, que
adoptou o Pleno do
concello de Barro na sesión que tivo lugar o 15 de novembro de 2011, elévase a definitivo por non
presentarse reclamacións durante o prazo a que fai referencia o artigo 169 do Rdl. 2/2004, do 5 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das facendas Locais.
Segundo dispón o artigo 169.3 do citado Rdl., publícase o resumo por capítulos, co seguinte detalle:
Segundo.—aprobación das retribucións do persoal con aplicación dos incrementos que resulten da
aprobación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado
Cabalgata de Reis
A comarca atenúa a progresión demográfica a pesar de que oito municipios melloran o seu censo
Por primeira vez na súa historia, o catorce municipios que conforman a comarca de Pontevedra superan, no seu conxunto, os 190.000 habitantes, segundo o último censo oficial que acaba de actualizar o Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras, referidas ao 1 de xaneiro deste ano pero que serán oficiais durante todo 2012, establecen unha poboación total de 190.400 veciños en Pontevedra (que aglutina o 43,2% desa cifra global), Marín, Sanxenxo, Poio, Caldas, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Portas, Barro, Cotobade e A Lama.
Con todo, a pesar de manterse un aumento de case 500 veciños con respecto ao exercicio anterior, este crecemento demográfico é o máis suave dos últimos anos, especialmente desde que comezou a agudizarse a crise, en 2007. A subida poboacional do 0,2% entre 2010 e 2011 é a metade do 0,4% do período anterior (cando se rexistraron 814 novos veciños) e moi lonxe das máis mil novas altas de anos previos: 1.162 en 2008 e 1.271 en 2009. Curiosamente, este freo demográfico prodúcese nun momento no que boa parte dos municipios da comarca experimentaron unha mellora, máis ou menos destacada, nos seus censos, mesmo concellos tradicionalmente “perdedores” de poboación como Cotobade e A Lama.
Os oito municipios que incrementaron o seu número de veciños son Pontevedra, Poio, Barro, Sanxenxo, Vilaboa, A Lama, Caldas e Cotobade. En conxunto, 786 novas persoas censáronse nestes territorios. No outro lado da moeda situáronse Marín, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Portas, que baixaron en 288 veciños. A diferenza dá as 498 novas altas en toda a comarca.
En termos absolutos, a capital é a que máis contribúe ao aumento poboacional (419), pero é o municipio de Poio o que presenta un mellor comportamento, xa que o seu aumento é do 1,1%, o máis alto de todo a contorna, ao pasar de 16.309 a 16.501 habitantes, 192 máis que no anterior censo do INE.
Nos casos da Lama e Cotobade, aínda que o crecemento é moi lixeiro (10 habitantes máis nun caso e cinco no outro), non deixa de ser significativo este salto positivo se se ten en conta que acumulaban perdas constantes de poboación durante os anos anteriores.
Municipios cunha historia de crecemento desde 2007 mantéñena neste exercicio, como é o caso de Barro, Caldas, Sanxenxo e Vilaboa, mentres que no caso contrario chama especialmente a atención a evolución en Marín. Por primeira vez no últimos cinco anos este municipio rexistra un descenso do seu censo e perde unha nada desdeñable cifra de 133 veciños, un 0,5% de caída, para quedar, segundo o INE en 25.864 habitantes.
Pola súa banda, a maior parte dos concellos da comarca do Umia, así como os de Campo Lameiro e Ponte Caldelas non logran pór freo á súa “sangría” demográfica, que é constante desde hai anos. No caso de Ponte Caldelas, os case 6.500 habitantes de 2007 reducíronse a pouco máis de 6.300 na actualidade, cun descenso acumulado do 2,5% desde entón. Portas e Campo Lameiro experimentan un fenómeno similar. Este último municipio, a de menos poboación de toda a comarca, está en risco de situarse en pouco tempo por baixo dos dous mil habitantes, co que a súa corporación perdería dúas dos seus 11 concelleiros actuais. De 1.001 a 2.000 veciños establécense 9 edís; once entre 2.001 a 5.000; de 5.001 a 10.000 corresponden 13 concelleiros e nese límite sitúase Caldas; de 10.001 a 20.000 son 17 edís, 21 entre 20.001 e 50.000 e ata 100.000, unha corporación de 25 membros como a de Pontevedra.
O 45% do chan empresarial da área de Pontevedra está baleiro
Aínda hai oco para novas empresas. E moito. A crise freou a aposta
emprendedora da cidade e os atrasos burocráticos ou diatribas legais provocaron que o 45 % do chan empresarial dos municipios lindantes coa cidade estean ávidos de empresas. Pero o desenvolvemento non foi igual en todos eles. Mentres os de Pontevedra están completos, como O Campiño, outros están pendentes dunha ampliación de 34.000 metros cadrados, como o da Granxa do Vao, o futuro dos máis próximos á capital evoluciona a medio gas. Máis dun millón de metros cadrados só contan con empresas en 645.000 deles.
A pesar da inestabilidade do mercado, o PXOM de Pontevedra prevé unha reserva de 6.600.000 metros cadrados para uso industrial, que se repartirá entre oito áreas. Algunhas xa existentes, ampliaranse e outras son novas. Prevese un porto seco e espazo para un parque tecnolóxico. No caso do Campiño, os 286.622 metros están completos. O polígono máis próximo á cidade non ten parcelas á venda, a pesar de que algunhas das 54 empresas con sede nel non están en activo.
Só o parque industrial do Vao prevé unha ampliación para o próximo ano de 34.000 metros cadrados xunto á estrada de Vilagarcía. A sociedade inmobiliaria Ponteno, pertencente ao Grupo Ceferino Nogueira, tramita a obra para a que xa está comprometida a instalación de franquías como McDonald?s, Kiabi, Norauto, Lidl, Aki ou A Marca.
Fóra do municipio pontevedrés, o macropolígono de Barro-Meis, promovido pola Deputación, está integrado por catro bolsas de chan con preto de dous millóns de metros nos que a institución provincial investiu máis de 20 millóns de euros. O polémico parque está pendente da execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao estimar un recurso presentado por 95 veciños que anula o plan de sectorización da zona de Outeda-Curro , a única desenvolvida ata o momento. Aínda falta a resolución do Supremo, pero esta bolsa conta con medio millón de metros.
O ambiciosos proxecto hase estancado na venda de 26 parcelas, que apenas cobren 85.000 metros. Aínda hai máis de 50 á venda, que saen cun prezo por metro cadrado de 147,50 euros. O resto de sectores -os dous de Meis, con 440.000 e 236.000 metros cadrados, e o de Caeiro, de 700.000- aínda están no aire. A poucos quilómetros do centro urbano, o polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas, puxo no mercado 286.000 metros, pero Xestur aínda ten pendentes de vender 21 parcelas, o 30 % do total.
Núcleo
Este núcleo que abastece ao sector industrial da cidade complétase coa central de transportes, que tras cinco anos desde a finalización das obras, púxose á venda no 2010. Aínda non se vendeu ningunha das 41 subparcelas que ocupan máis de 3.682 metros en Ponte Caldelas e ás que só poden optar empresas relacionadas co transporte de mercancías. Corren tempos duros e a crise provocou unha caída do interese dos transportistas. A patronal pontevedresa asegurou nas últimas reunións que agora xa non hai financiamento. Unha cantilena que resoa noutros sectores.
Que pasou na negociación con Ence?
Onde recolocar a fábrica é un dos grandes problemas que presenta a
negociación. As tres opcións expostas nos contactos coa empresa poderían ser adecuadas tecnicamente e, incluso, ser do agrado da empresa e da Xunta, pero Ence arrastra consigo unha fama que dificulta a súa aprobación por parte dos habitantes da zona á que se debería trasladar.
A crise favorece un cambio nese punto de vista, porque o investimento sería millonaria e unha planta nova melloraría aínda máis as emisións ao medio ambiente, que se reduciron notablemente nos últimos anos grazas ao esforzo da empresa.
A oferta de Telmo Martín implicaba que o Pleno do Concello no que se situaría a planta debería aprobar a medida e, no caso de Pontevedra, incluíase, ademais, a convocatoria dun referendo popular que debería dar o visto e prace á iniciativa.
O caso de Cotobade xa se puxo sobre a mesa durante o bipartito xunto a outras opcións. Un estudo do BNG barallaba o municipio (entón co socialista Manoel Loureiro na Alcaldía), Cuntis e Barro-Meis. Ningún dos concellos viu con bos ollos a idea. O alcalde de Barro, José Antonio Landín, do PP, que aínda segue no cargo, chegou a ameazar con paralizar o polígono se se concretaba a idea. En Cotobade hai agora un alcalde do Partido Popular, Jorge Cubela, pero iso, dados os antecedentes, non garante nada.
O que si podería ofrecer un factor novo para completar o puzzle sería un acordo da Xunta con Elnosa, que se mostrou disposta a negociar para recolocarse na comarca. Iso podería favorecer un entendemento con Ence, pero nesta longa partida de póker á que aínda quedan moitos capítulos por escribir nada se pode dar por seguro.
Corais, referente máis sólido do Nadal da zona
O sábado, durante case dúas horas, e con respaldo dunhas duascentas
cincuenta persoas, o orfeón parroquial Nosa Señora de Hoxe-Vas sacou adiante con brillantez o seu encontro de corais que ademais da propia anfitrioa reuniu ás de Cumeiro, Berres e Barro. Cada unha delas ofreceu ao público cinco cancións e, entre estas, con carácter obrigatorio interpretaban unha panxoliña. O acto estivo apoiado polo alcalde cruceño, Jesús Otero, e por personalidades locais do relevo de Francisco Lareo. Este encontro anual de corais de Piloño celebrouse no marco do colexio Cerdeiriñas desa parroquia e está apoiado pola Deputación provincial de Pontevedra e polo propio Concello cruceño. Este encontro de corais cruceño está a converterse ano a ano nun clásico destas datas e a súa consolidación parece xa firme.














