Tres detidos como presuntos autores de incendios forestales en Santiago, Ordes (A Coruña) e Barro (Pontevedra)

A Policía Autonómica detivo tres persoas como presuntas autoras de incendios forestais nas localidades coruñesas de Santiago e Ordes e no municipio pontevedrés de Barro.

A Consellería de Presidencia informa de que, o pasado día 11, membros da xefatura de Santiago procederon á detención dunha veciña da parroquia de San Paio, en Compostela, como autora dun lume acontecido neste lugar e que afectou a uns 700 metros cadrados de monte raso.

As chamas, apunta, foron provocadas polo escape dunha queima de restos agrícola na que non se tomaron as medidas de seguridade preceptivas. Polos feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución santiagués.

O mesmo día, os axentes imputaron a un veciño da parroquia de Oroso como presunto autor dun incendio en Santa Cruz de Montaos, en Ordes, que queimou 5.000 metros cadrados de monte raso.

O comezo debeuse á realización neglixente dunha queima para a que non existía autorización e tampouco se tomaron as pertinentes medidas de seguridade. Instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Ordes.

Por último, este mesmo mércores, membros da Policía Autonómica da xefatura de Pontevedra informaron da imputación dun veciño de Barro como presunto autor dun incendio forestal imprudente, motivado por un escape de queima na parroquia de Agudelo que calcinou 3.100 metros cadrados de superficie arborada.

Por estes feitos, sinala a consellería, tamén se instruíron dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primera Instancia e Instrución de Caldas de Reis.

Nas pescudas participaron axentes forestais das brigadas de investigación de incendios, mentres que para a extinción foi precisa a actuación dos servizos da Xunta, subliña Presidencia. Xa son 48 os detidos no que vai de ano por delitos relacionados con incendios forestais.

RADIO BARRO

Concurso de fotografía “Imaxes de Barro 2012”

BASES VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2012.CONCELLO DE BARRO

1. CATEGORÍAS:
Recunchos con encanto en Barro.
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.

2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista.

1er PREMIO:
Recunchos con encanto en Barro. =75 €
A viña e o viño,… = 75 €

PREMIO FINALISTA:
Recunchos con encanto en Barro. =45 €
A viña e o viño,… =45 €

3. CÓMO PARTICIPAR:
Poderán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías polo que non se aceptarán máis de 4
fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara
analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e
negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
– categoría
– temática.
– lema igual para o conxunto de fotografías.
– título de cada una.

Exemplo:
Lema: dentro da auga
Titulo da fotografía:xira rio.
Temática: Recunchos con encanto
Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes
datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada
nun sobre pechado a: Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2012”. Santo Antoniño Perdecanai,
s/n. 36194 Barro Pontevedra

Calendario:
– A data de recepción comezará o 15 de marzo de 2011 e rematará o 15 Maio de 2012, ambas
inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Venres 18 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet http://www.barro.es
durante o mes de maio de 2012.
Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e
inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de
semana do mes de xuño de 2012, (15,16,17).

4. RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade
do autor.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do
autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a favor do Concello
de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos
seus traballos durante o ano 2012. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas
polo Concello de Barro con referencia á Festa do Viño como na Web http://www.barro.es, sempre citando
a procedencia e autor.

-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán
descalificados automaticamente.

5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que
pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.

CONCURSO DE CONTOS

BASES CONCURSO DE CONTOS 2012.
PRIMEIRA: O presente concurso denominase: “OS CONTOS QUE CONTAN”
SEGUNDA:
Poderán concorrer a este certame, calquera afeccionado que non sexa profesional
nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea
empadroado no Concello de Barro.
TERCEIRA:
Os traballos compre que sexan orixinais e inéditos, en lingua galega e terán
unha extensión mínima de:
• Para @s rapaces/as de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen alomenos 5
ilustracións que conten unha historia.
• Para @s mozos/as de primaria o extensión será libre, tendo en conta que deberá
ter estructura de conto, sendo requisito imprescindible que se acompañen de
ilustracións e se presenten no formato facilitado pola organización.
• Para @s mozos/as de secundaria, a extensión e formato serán libres sendo
requisito imprescindible que presenten os traballos a dobre espacio e con letra de
imprenta.
• Para @s persoas a partir de 17, os traballos terán unha extensión e formato
libres sendo requisito imprescindible que presenten os traballos a dobre espacio e
con letra de imprenta.
CUARTA:
Estes agasallos deberán recollelos o día da entrega de premios que se publicitará
cos gañadores o día seguinte a reunión do xurado.
1. Infantil: Pequeno agasallo a tódolos participantes
2. 1 Ciclo de primaria: Material escolar ou deportivo.
3. 2 Ciclo de Primaria: Material escolar ou deportivo.
4. 3 Ciclo de primaria: Material escolar ou deportivo.
5. 1 Ciclo de secundaria: Material escolar ou deportivo.
6. 2 Ciclo de secundaria: Material escolar ou deportivo.
7. Mais de 17 : Material escolar ou deportivo.
QUINTA:
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do xoves 10 de
maio de 2012.
SEXTA:
Os orixinais presentaranse na OMIX do Concello de Barro.
Terán que remitirse nun sobre, no que se indique na súa parte exterior a idade.
Consignarase o nome do autor, o seu enderezo postal e o teléfono na parte
posterior da última folla da súa obra. A remisión farase á OMIX de Barro ( Santo
Antoniño- Perdecanai nº 8 36194 Barro) ; indicando no sobre: PARA O CERTAME
“OS CONTOS QUE CONTAN”.
Coa conmemoración das LETRAS GALEGAS O 17 DE MAIO DE 2012, durante a
semana, realizaremos a lectura e exposición dos contos.
SÉTIMA:
O Xurado fará público o seu fallo o día seguinte o que se falle o premio; o venres
10 de maio. Os autores comprométense a acudir ao Salón de actos da Biblioteca
onde realizaremos un acto de entrega de premios, o mércores 16 de Maio.
OITAVA:
A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos do autor do traballo
premiado. Nembargantes o Concello de Barro reservarase o dereito de publicar
total ou parcialmente os traballos premiados.
NOVENA:
Os traballos presentados poderanse retirar polos seus autores, previa acreditación
da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará os 2 meses de fallado o premio.
Non responsabilizándose da perda fortuíta dalgún orixinal.
DÉCIMA:
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e polo demais,
o que non este previsto, estará ó que determinen os membros do xurado.
UNDÉCIMA:
Se os traballos presentados, non reuniran a suficiente calidade, a proposta do
xurado, poderá declararse deserto o premio.
DUODÉCIMA:
O Xurado estará formado por:
• Departamentos de lingua e literatura Castela e departamento de lingua e
literatura galega do I.E.S de Barro ou persoa en quen delegue.
• Representante de normalización lingüística do centro de Primaria e profesor/a de
galego e literatura castelá ou persoa en quen delegue.
• Actuando como secretaria, a informadora xuvenil do Concello de Barro.

Fomento ‘rescata’ as autovías de Vigo a Pontevedra e Porriño

A titular de Fomento explicou que o plan ata 2024 inclúe a construción de 486 quilómetros de novas autovías, cun investimento de 3.840 millóns. Entre os obxectivos están terminar a autovía A-8, a do Cantábrico e sobre todo construír o novo corredor entre Vigo e Porriño, completando así a A-52, que agora ‘morre’ no Louro. Ademais Pastor falou das autovía que unirá Santiago e Lugo (A-54); a que irá de Ourense a Lugo (A-56); a A-57 (Porriño-Pontevedra), que ‘ten seis tramos, todos con proxectos en redacción’, salvo o de Barro-Curro-Valga, que está en estudo informativo; e a A-59, (Vigo-Pontevedra) que ten tres tramos co proxecto en redacción. Ana Pastor compareceu no Senado para presentar o Plan de Infraestructuras 2012-2024, dentro do que incluíu a creación deste ente de proximidade galego. ‘En proximidades necesitamos traballar’, dixo. Tamén chamou a atención que se referiu en varias ocasións á liña de alta velocidade Zamora-Ourense-Vigo ‘onde o investimento pendente é de 8.373 millóns’ e o tramo Vigo-Ourense por Cerdedo ‘onde faltan 2.200 millóns’.

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE FUTBOL.2ª SEMANA DE MARZO

VETERANOS

O número de seminaristas sube un 4,2%

Acto informativo do BNG sobre a crise e a reforma laboral

Venres 16 ás 21 h. na Biblioteca de Barro

Barro, 14 de marzo de 2012. É evidente que estamos a padecer unha grave crise económica que ten a súa orixe na aplicación das receitas neoliberais nas últimas décadas. Unhas receitas que apostaban pola economía especulativa en vez de pola produtiva e que deixaban en mans das grandes corporacións o control da economía. As consecuencias son evidentes: declive económico, perda de dereitos sociais básicos, deterioro dos servizos públicos e aumento do paro e das desigualdades sociais.

Lonxe de facer fronte ás causas desta crise, o PP, seguindo submisamente os ditados da Unión Europea, está a levar a cabo tanto no Estado coma en Galiza unha política económica cuxo obxectivo non é a dinamización económica nin a creación de emprego senón, única e exclusivamente, a redución do déficit público. E faino non cunha reforma fiscal que faga pagar máis a quen máis ten, nin reducindo de forma drástica os disparatados gastos militares, nin eliminando institucións obsoletas e caciquís como as Deputacións, nin suprimindo ministerios cuxas competencias están transferidas ás comunidades autónomas, senón que o fai recortando no gasto social e nos servizos básicos (sanidade, educación, etc.), na promoción do emprego e no investimento, até o punto que en Galiza só se adican a investimento hoxe 79 céntimos por cada 10 euros do orzamento da Xunta.

Toda esta política traduciuse nun aumento de máis de 6 puntos na taxa de desemprego, e un record histórico no número de parados e paradas, que se aproxima ás 275.000 persoas. E o máis dramático é que coas medidas adoptadas por Feijoo non só non se puxo fin á crise e ao desemprego en 45 días (como prometera en campaña electoral) senón que estamos a día de hoxe nunha situación crítica en todos os sectores produtivos da nosa economía e non se albiscan cambios que permitan unha reactivación económica e, en consecuencia, creación do emprego. As políticas do PP demostraron que só sirven para deprimir a economía e o emprego vai.

A reforma laboral do PP –en moitos aspectos continuísta da aprobada polo anterior goberno do PSOE- vai no sentido de facilitar aínda máis o despido, precarizar a situación laboral dos traballadores e traballadoras, reducir salarios e incrementar a xornada laboral. Esta reforma, ao incidir sobre a capacidade de consumo das maiorías sociais, afectará tamén moi negativamente á pequena é mediana empresa.

Para falar polo miúdo destes temas, o BNG está a levar unha intensa campaña de información aos veciños e veciñas. Dentro desta campaña terá lugar este venres ás 21 h. na biblioteca un acto público que contará coa participación do Portavoz Municipal do BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes, o Secretario Comarcal da CIG, Rafael Iglesias, e a Deputada e membro do Consello Nacional do BNG, Carme da Silva.

Boletín semanal de emprego ponteemprego Nº85

A maior nivel económico, mellores notas

Un operario ferido nun accidente laboral en Curro

Un home de 54 anos. J.F.M., resultou ferido onte pola tarde nun accidente laboral en Barro. Segundo o 112, o incidente ocorreu ás 15:11 horas cando un traballador feriuse unha perna cunha máquina nas obras do polígono de Curro, xunto á estrada de Vilagarcía. O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia que trasladou ao home ao Hospital Domínguez en Pontevedra.

O traballo de economista

O meu traballo de economista consiste en facer que pareza necesario o intolerable

Boletín de ofertas de emprego.Santiago nº 157

«Durante oito anos pateei Galicia e os meus fillos acompañáronme»

López-Chaves introduciulle hai 35 anos na defensa do patrimonio.

«Polas miñas raíces, elixiría a contorna da igrexa de Fátima, porque nacín na Travesía de Vigo, esquina Asturias, pero desde o punto de vista gráfico hai pouco que facer porque xa me dirás que foto lle fas á Travesía», reflexiona Grato Amor, antes de decidirse por situar o seu recuncho favorito no Pazo Quiñones de León, «o pazo dun pobo, como dixo un día Mari Carmen Parada».

Amor Moreno chegou ao estudo e defensa do patrimonio por casualidade. Ou talvez, por curiosidade. «Estudei, a finais dos anos 60, na escola de turismo San Jorge de Vigo, que rexentaba Ana María Areán, onde tiven como profesor de Dereito Político a Juan Manuel López-Chaves Meléndez», recorda. Anos despois, tras cumprir co servizo militar, decidiu revisar as orixes do seu apelido, procedente do Concello de Barro. «Descubrín que eu procedía dunhas casas solariegas da zona e dun entroncamento co apelido Castro Mosquera, que eran propietarios dunha casiña solariega en San Antoniño», engade Grato Amor.

Tempo despois, cando xa traballaba nunha sucursal da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, «aquela institución extraordinaria», López-Chaves pai, que estaba inventariando os pazos e torres de Galicia, foi á oficina onde el traballaba. «Eu ofrecinme a darlle algún dato da zona que eu revisara e, ao día seguinte, tiña na oficina un boletín de subscrición á asociación Amigos dos Pazos, cun saúda del, e ata agora», resume o vicepresidente de Amigos dos Pazos.

Polo camiño, imbuíuse de pazos e arquitectura popular galega, de heráldica e genealogía. «Tiven que ir aprendendo cousas que descoñecía, e ler moito», reflexiona. Pero aínda lle quedaba outra vertente por explorar. «Houbo un momento en que empezamos a promover os camiños portugueses e, cando empezamos a promover os dous que pasan por Vigo, (o de Goián e o da Guarda), había un vogal da xunta directiva, Carlos do Río , que se centrou no camiño monacal e, para non facelo só, pediume que lle acompañase», relata Grato Amor.

Homenaxe a Ángel Ilarri

Este ano, coincidindo co 75 aniversario da creación do Museo de Castrelos, Amigos dos Pazos pediu que o goberno local conceda á institución a Medalla de Ouro da Cidade. Grato Amor cre que debería ir aparellado a un recoñecemento a Ángel Ilarri. «Fixo un labor inmensa en tempos case prehistóricos deste tema e que nunca se nomea, e eu fágoo sempre, a colección de escudos do xardín foron recompilados por el», sinala.

Parte deste longo camiño paralelo ao patrimonio galego, Grato Amor Moreno tratou de percorrelo coa súa familia. «Tratei de compaxinar ambas as cousas», sinala. Con eles, viaxaba os fins de semana. «A satisfacción que me queda é que, durante oito anos, pateei media Galicia e os meus fillos acompañáronme, así saben eles o que é un hórreo ou un peto de ánimas; coñeceron unha parte importante de Galicia desde o punto de vista cultural», conclúe, orgulloso da súa achega.

CIDADÁNS NO seu RECUNCHO grato amor vicepresidente de amigos dos pazos

A Xunta licitará antes do verán a redacción do proxecto da conexión da estrada PO-531 (Pontevedra-Baión) coa N-550

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín  Hernández, avanzou esta mañá que o departamento que dirixe licitará antes deste mesmo verán a redacción do proxecto para a conexión da estrada PO-531 (Pontevedra-Baión) coa N-550. Hernández fixo estas declaracións na XXI Edición da Festa do Caldo Galego de Mourente, organizada pola Asociación de veciños do Castro de Mourente. O obxectivo da Xunta de Galicia é dispoñer deste documento antes de que remate o ano 2012.

Segundo sinalou o conselleiro esta actuación permitirá solucionar os tráficos periurbanos da capital pontevedresa, mellorando as conexións viarias no norte da cidade mediante un vial con maior capacidade que conecte as estradas AP9, coa PO-531 e o seu enlace coa N-550. A actuación que se programa, coñecida como Variante de Alba, levarase a cabo ao longo de 850 metros e complementa a mellora da capacidade nos 4,6 quilómetros da PO-531 entre Pontevedra e Curro, que se transformará nunha vía urbana co obxectivo de compatibilizar o tráfico coa actividade existente na súa marxe.

Segundo indicou o conselleiro, este novo vial permitirá conectar as estradas de Vilagarcía e Santiago e evitar o paso actual baixo a liña do ferrocarril.