-
Barro,Bar Breixo(Pontevedra)
-
*Viernes 6 Abril (festivo) ruta 4×4 por los montes de Barro -apta todos 4×4 con ruedas de tacos
-difucultad media(en funcion climatologia)
-especiales con alternativas
-precio:40€ por coche(desayuno,comida de campaña y cena restaurante) acompañantes 25€*Sabado 7 Abril circuito/concentracion/churrascada
-apta para todos
-circuito y especiales
-churrascada
-precio:10€,participantes ruta gratis(acompañantes 5€)
General
ANUNCIO IPESPO
A FÁBULA DA COMPETITIVIDADE
Autorización para instalación de liña de media tensión
Seguen hospitalizados catro dos feridos no incendio de Barro (Pontevedra)
Catro dos sete feridos rexistrados o mércores pasado no incendio dunha
nave industrial do municipio pontevedrés de Barro continúan hospitalizados.
Segundo informaron este luns a Europa Press fontes dos catro hospitais
nos que están ingresados, na UCI de Povisa, en Vigo, encóntrase en estado grave pero estable J.C.F.S., de 41 anos, que sofre queimaduras de segundo grao no 15% do seu corpo e ten fracturadas as dúas pernas. O paciente está pendente de varias intervencións cirúrxicas.
Pola súa banda, no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) segue hospitalizado F.C.P., de 45 anos, que presenta queimaduras de terceiro grao no dez por cento do seu corpo, sobre todo na cara e as mans, e “evoluciona favorablemente”.
No Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) tamén continúa ingresado J.C.P., de 46 anos, quen presenta algunha fractura, e está “estable”.
Mentres, no complexo hospitalario ourensán permanece ingresado no Servizo de Traumatoloxía A.T.C., varón de 37 anos, cun prognóstico “menos grave e evoluciona favorablemente”.
O incendio comezou o mércores sobre as 15.30 horas na fábrica de Comercial Vilanova, que se dedica á fabricación de portas no lugar de Bretoña, na parroquia de Curro. Supostamente foi debido á explosión rexistrada nunha caldeira e debido ao incendio faleceu no lugar o varón J.O.R., de 33 anos de idade.
Boletín de ofertas de emprego nº 160 Santiago
Día mundial do autismo
A RECONQUISTA
XUNTANZA PARA REORGANIZACIÓN DE MERCADILLO DE BARRO
HOMENAXE DO TERRAS DE CURRO A JUAN OGANDO
OXE SABADO XOGARA O TERRAS DE CURRO AS 17.00 H NO CAMPO DE FUTBOL DE ZACANDE CONTRA O MOURENTE. GARDARASE UN MINUTO DE SILENCIO, EN HOMENAXE A JUAN OGANDO Q.E.D. , FALECIDO NA FABRICA DE PORTAS DE CURRO. TAMEN ESPEREMOS A PRONTA RECUPERACIÓN DO RESTO DOS FERIDOS. EN ESPECIAL O NOSO COMPAÑEIRO ALFONSO TRIÑANES, MEMBRO DO EQUIPO FUTBOL. ESPERAMOSVOS, AINDA QUE SABEMOS DO POUCO ANIMO QUE HAI POLO OCURRIDO. ANIMO A TODOS E A RECUPERARSE E TAMEN ESPECIALMENTE A FAMILIA VILANOVA.
MI CASAAA!!!
A comarca de Pontevedra xa supera os 190.000 habitantes
Os 14 municipios que a conforman xa superan, no seu conxunto, os 190.000 habitantes, segundo o último censo oficial que acaba de actualizar o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Estas cifras, referidas ao 1 de xaneiro deste ano pero que serán oficiais durante todo 2012, establecen unha poboación total de 190.400 veciños en Pontevedra (que aglutina o 43,2% desa cifra global), Marín, Sanxenxo, Poio, Caldas, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Portas,
Barro, Cotobade e A Lama. O concello poiense figura como un dos que maior subida concretou nos últimos tempos. Así se sitúa no grupo de cabeza da comarca. Xunto con Pontevedra, Barro, Sanxenxo, Vilaboa, A Lama, Caldas e Cotobade incorporou a case 800 veciños en só os 12 meses de 2010. No outro lado da moeda situáronse Marín, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Portas, que baixaron en 288 veciños.
Polémica na Deputación pola actuación dos bombeiros no incendio da nave de Barro
A actuación dos efectivos de extinción durante a explosión e posterior incendio da nave de Comercial Vilanova, no municipio de Barro, e no que resultou falecido un operario de 33 anos de idade, Juan Ogando Ruibal, foi cuestionada onte desde o grupo provincial do BNG. As críticas dos nacionalistas foron postas de manifesto no transcurso do pleno que a institución provincial celebraba onte e no que se debatía a disolución do Consorcio contra incendios da comarca do Morrazo e a súa integración no Consorcio Provincial.
O portavoz do BNG, César Mosquera, demandou ao presidente Louzán que esixa “unha maior profesionalidade e formación a estes parques para evitar que se repitan situacións como a vivida esta semana na fábrica de portas”. Mosquera cualificou a actuación dos bombeiros como “un atentado contra todas as normas e protocolos de actuación” e citou como exemplo o “permitir a presenza de persoas ao redor”, sinalando que “se chega a ocorrer o que era previsible podería haber máis desgrazas”. Louzán, pola súa banda, agradeceu a Mosquera o comentario aínda que puntualizou que o municipio de Barro non está dentro do Consorcio nin do seu ámbito de actuación. Aínda así, sinalou a necesidade de “darlle cobertura”.
Louzán, que estivo presente no lugar do suceso durante o incendio, asegurou que os primeiros en chegar “foron os bombeiros do Salnés, despois os do municipio de Pontevedra e a continuación fóronse sumando efectivos dos distintos parques da Deputación”. Engadiu que “cando
chegaron os de Pontevedra, como hai de cando en vez colisións desde o punto de vista do ámbito persoal, dixeron que aquí ou levamos nós a xestión, ou se non, non actuamos, segundo a información que teño eu, que estaba presente”. Ao final destacou que, a pesar destas “colisións”, imperou o “sentido común”. Os veciños da zona tamén criticaron a tardanza na chegada das ambulancias do 061 ao lugar. Os bombeiros do Salnés tiveron que regresar onte á nave a sufocar un pequeno rebrote sen consecuencias.
Por outra banda, continúan hospitalizados catro traballadores feridos neste accidente. Os dous con lesións máis graves –J. C. F. S. en Povisa e F. C. P. , no Chuac– seguen “estables” dentro da gravidade.















