Charla A MIÑA EXPERIENCIA COMO VOLUNTARIA EN CRUZ VERMELLA DENTRO E FORA DE GALICIA

Exposición OBXETIVOS DO MILENIO

Decenas de condutores evaden cada día as peaxes da AP-9

Dous automobilistas confesaron a Televisión que levan 16 anos negándose a abonar a peaxe. Chegan á cabina de pagamento e dinlle ao operador que non van pagar porque teñen «dereito de paso». Esa especie de insubmisión, que prolifera en Cataluña dentro dunha campaña contra o pagamento de peaxes, é unha infracción que está recollida no Regulamento Xeral de Circulación e que está sancionada con 100 euros de multa.

Pero eses dous condutores non son os únicos que se saltan as peaxes nas autoestradas galegas, fundamentalmente na AP-9, xa que decenas de automobilistas evaden cada día a peaxe en Galicia, aínda que o fan utilizando outro método moito máis perigoso e que preocupa ás autoridades e aos responsables da concesionaria da autoestrada, que non quixeron facer declaracións. Trátase do trenecito, un sistema que se executa nos carrís da telepeaxe, nas coñecidas como vías T reservadas exclusivamente aos coches que dispoñen do dispositivo OBE que activa o levantamento da barreira e que pasa automaticamente o cargo á conta bancaria do automobilista. O condutor infractor coloca o seu vehículo inmediatamente detrás do que leva OBE e pégase tanto á súa parte traseira que consegue pasar mentres a barreira está levantada para permitir o paso do primeiro vehículo. Esta acción tamén está sancionada con 100 euros e ten un elevado risco. De feito producíronse varios accidentes por alcance neses casos.

No pagar los peajes en autopistas, no es delito ni supone ninguna infracción.

Leer más: http://www.ahorristas.es/foros/general/45408-no-pagar-los-peajes-en-autopistas-no-es-delito-ni-supone-ninguna-infraccion#ixzz1vyJiA2Xz

CURSO DE INICIACIÓN Á CATA

CURSO DE ELABORACIÓN DE PINCHOS

II CONCURSO “O PINCHO DO VIÑO”

XIX FESTIVAL DE FOLCLORE EN BARRO

REPORTAXE FOTOGRAFICO 18º FESTIVAL DE FOLCLORE DE BARRO

ALBUN 1– 200 FOTOS      ALBUN 2- 76 FOTOS

Os videos de Barro en imaxes xa suman mais das 1000 reproducións

Os videos de barro en imaxes xa suman mais das 1000 reproducións

ÚNETE Á VOLTA

O GRUPO AMOR RUIBAL ACTUARA NA XLVI FESTA DA TROITA

http://www.pontecaldelas.org/actulalidade/festa_troita_12.pdf

programacion

Boletín semanal de emprego. Pontemprego nº 94

IV Premio MIMI

O CEIP Amor Ruibal de Barro entrega o cuarto Premio MIMI ao Persoeiro do Ano, que nesta ocasión recaeu en Pili, a educadora social do Concello de Barro.

Este galardón, que na súa primeira edición foi para o ciclista do Xacobeo, Ezequiel Mosquera; na segunda, para o Xabarin club e, na terceira edición para as Cantereiras de Ardebullo, xurdiu no ano 2009 por mor da elección da mascota do colexio.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro.

Enlaces a artigos dos premios MIMI de anos anteriores:

2011 O Premio Mimi para as Cantareiras de Ardebullo

2010 O Xabarín Club recibiu o segundo premio do CEIP Amor Ruibal ao fomento do galego

2009 Mosquera expón a súa receita en Barro

Accidente de tráfico na Portela

Hoxe martes, arredor das 19.00 horas, produciuse un accidente de tráfico na Portela á altura de Conjusa, máis concretamente no cruce que vai para igrexa da Portela.

Nun dos coches viaxaba unha muller e noutro un home pero ningún dos dous tiveron feridas graves.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos da Garda Civil, quenes traballaron nas labores de limpeza da estrada e redirixiron o tráfico.

 

XXXIII FESTA DO VIÑO

Gasóleos Xeve firma a escritura pública dunha parcela no polígono de Barro-Meis

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o xerente da empresa Gasóleos Xeve, Valentín Eirabella, asinaron hoxe, ante o notario de Caldas de Reis, José María Graiño Ordóñez, a escritura pública de venta dunha parcela de 2.336 metros cadrados no polígono de Barro-Meis. A sinatura permite a operatividade desta empresa de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos no devandito polígono e dar ocupación laboral a 25 traballadores.

Gasóleos Xeve fixo unha inversión de 1,5 millóns de euros, dos cales 345.000 foron en concepto de compra da parcela e o resto, de construción da nave. A operación foi financiada polo Banco de Sabadell na liña que esta entidade bancaria ven mantendo de apoio ao desenvolvemento de plans industriais.

As novas instalacións de Gasóleos Xeve en Barro-Meis, que serán inauguradas oficialmente o vindeiro mes de xuño, ocupan na actualidade a 25 traballadores aínda que a firma prevé unha ocupación final de 1o traballadores en tarefas administrativas e 22 en traballos de reparto. A nave dispón de sistemas informáticos de xestión de paquetería e optimización de tempos de entrega, así como de cintas transportadoras, máquinas de elevación e transporte.

Para a súa actividade de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos, a empresa dispón dunha ampla flota de camións de distinto tonelaxe, catro cabezas tractoras con cisternas e 7 camións cisternas. Con eles da servizo tanto en zonas urbanas como en ámbitos rurais de difícil acceso. As ventaxas competitivas da empresa, que se constituíu no ano de 2002, están relacionadas co servizo a particulares e empresas así como coa súa rapidez, especialización e prezos. Ás empresas que contratan con Gasóleos Xeve o subministro de combustible, instálalles un depósito sin coste engadido para o cliente.

Cinco empresas operativas

Louzán destacou que, coa entrada en funcionamento desta empresa, o polígono de Barro-Meis conta xa con cinco firmas operativas: Caenor, Técnica Comercial Agropecuaria Galega, Aricur, Gescogra e agora Gasóleos Xeve. Sinalou que o polígono é un auténtico centro estratéxico de traballo para o futuro próximo e afirmou que, a maiores das empresas radicadas, ten vendidas o 40% das súas parcelas cunha superficie total de 85.198 metros cadrados.

A Deputación ten á venta novas parcelas e concede facilidades na súa compra fraccionando o pago en cinco años. O prezo de venda do chan industrial en Barro-Meis é de 147,5 euros o metro cadrado. Recentemente foi inaugurado o abastecemento de auga ao polígono, que supuxo unha inversión de 3,3 millóns de euros.