Do medievo ás tendencias máis modernas

Salvando as diferenzas coa Feira Franca de Pontevedra, cada vez son máis os municipios da comarca que buscan na Historia un motivo para desenvolver actividades lúdicas e gastronómicas. E onte tocoulle a Barro regresar ao seu particular medievo da man da Asociación Cultural A Crega. Esta feira medieval arrincou pola mañá no recinto de San Antoniño coa apertura dos postos de artesanía, obradoiros e xogos tradicionais para nenos e para maiores. Os asistentes puideron elixir entre preparar pan de forma tradicional ou participar en carreiras de barrís, nunha competición de chave ou gozar das exhibicións de cetrería.

Comida

A festa arrincou cunha tímida asistencia, pero aos poucos o ambiente se fu animando e como en calquera evento que se prece, non faltou o xantar de época na carpa colocada ao efecto, onde se puido degustar dun amplo menú, a 15 euros por persoa, que incluía empanada e porquiño ao espeto, ademais de viño, sobremesa, licor café e cana. A outra opción, un pouco máis cara, era comer no interior do Pazo dá Crega, onde serviron empanada, polbo e churrasco. A recreación de Barro continuou pola tarde cunha maior participación de público e novas actividades, vendima para nenos, tiro con arco e para rematar gran queimada para todos, preparada por Jabier Giao, con musica ambiental e entrega de trofeos.Disquefesta

A Idade Media tamén se vive en Barro

 

As altas temperaturas provocaron que parte do público cambiase a festa pola praia.

 O Concello de Barro acolleu onte a terceira edición da súa particular festa medieval. Desde o seis da mañá, coa montaxe dos postos, ata ben avanzada a madrugada os veciños do municipio tiveron a oportunidade de trasladarse á Idade Media e recuperar as tradicións e xogos medievais.

A apertura da feira tivo lugar ao once da mañá e durante a xornada recreáronse actividades como unha exhibición de cetrería, xogos tradicionais para nenos e maiores como unha carreira de barrís ou a chave, un taller de pan, e tiro con arco.

Ás dúas da tarde tivo lugar a comida, que incluía dous tipos de menús. O primeiro estaba formado por empanada, porco ao espeto, auga, viño, sobremesa e licores. O outro tipo de menú constou de empanada, polbo e churrasco, ademais de bebida, sobremesa e licores.

A xornada concluíu ao dez da noite cunha queimada gratuíta para todos os públicos no interior do Pazo dá Crega, na que se procedeu a outorgar os premios aos gañadores dos xogos populares.

 

Non podes faltar, móllate de cultura en Barosa liquida

15 de Setembro – 21:30h

SONS LÍQUIDOS
Concerto de BXBRASS
Concerto patrocinado por Gallery Trumpets (Caldas de Reis)

 

ESCEA LÍQUIDA
Miro Magariños, actor

Actor de experiencia teatral con compañías como o CDG ou Teatro de Morcego, ten grande actividade no sector televisivo galego. No papel de Elías Couceiro, é un dos personaxes máis importantes de “Libro de familia”, e tamén fixo de crego de Portozás en “Mareas vivas”.

 

PRATOS LÍQUIDOS
Prato: Entrecot de boi

 

MAIS INFORMACIÓN,PREME AQUI

Barro ostenta o récord en evolución do paro de toda Galicia

Segundo un arquivo na web da consellería de traballo onde se listan o número de desempregados por concello e a súa evolución de 2008 a 2011.
Barro ten o récord de toda Galicia, o paro subiu en tres anos un 110%.

 

LANDIN NA ONDA

Casan estes dous suxeitos

Un incendio intencionado calcina parte dunha casa en Barro

Buscase can perdido

Búscase can desaparecido, de raza loba, visto por ultima vez en Perdecanai este domingo, o can ten 5 meses e responde ao nome de Atos.Por favor se teñen algunha informacion poñanse en contacto connosco nos tlfs
626954393
619735267

INCENDIO EN VALBON-AGUDELO

Fonte: Jose Sanmartin

Incendio que o parecer segundo os indicios foi provocado intencionadamente na zona de Valbón. Non houbo danos persoais , porque non había ninguén na casa, pero si moitisimos danos materiais. os propietarios non residen habitualmente aí , e eso pudo ser os que os salvou de non haber que lamentar unha desgracia.

 

Transaccións Inmobiliarias no Municipio de Barro – 2-T 2012

Segun os datos do 2º Trimestre do 2012 publicados polo Ministerio de Vivenda, o n.º de transaccións inmobiliarias no municipio de Barroascende a un total de 3 das cales 1 son transaccións de vivendas novas e 2 de segunda man.
En todo o ano 2012 o n.º de transaccións no municipio de Barro foi de 3 un -57,14% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 2º trimestre (7 Transaccións).

Boletín semanal de emprego. Ponteemprego nº 105

O curso arrinca hoxe para 227 alumnos de Barro

Tras as vacacións de verán, 227 alumnos de Barro, 82 de  Educación Infantil e 145 de Primara do centro público do Concello comezan o curso escolar 2012-2013, marcado polas queixas pola redución dos persoais de profesores e pola suba do material escolar.

 

 

YAGO E NATY CASAN

CASAN

Hernández deixa para o próximo Goberno a execución da autovía de Vilagarcía a Curro

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, declarou onte en Vilagarcía que o proxecto de trazado para a futura autovía que unirá esta cidade con Pontevedra, a través de Curro, está completo e todos os trámites listos para que o próximo Goberno da Xunta de Galicia execute as obras.
Hernández argumentou que as partidas previstas para a primeira fase da obra da autovía foron destinadas ás actuacións necesarias para corrixir e completar o trazado do macronudo de comunicacións de Curro.
Segundo explicou o titular de Medio Ambiente, o proxecto do gran nó de Curro que deixou o anterior Goberno da Xunta adoecía de certas deficiencias de trazado, xa que non contemplaba, entre outras cuestións, as ligazóns coas futuras autovías de Vilagarcía e a A-57 cara a Pontevedra. Ademais o entroncamento coa autoestrada AP-9 presentaba algúns problemas que debían resolverse sobre a marcha.
Agustín Hernández agradeceu o papel xogado polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, na xestión dos terreos necesarios para a acometida das correccións de trazado do macronudo que, en definitiva, conta con case 15 quilómetros de vía. Agora espera que, nin ben exista financiamento para novas obras, o próximo Goberno da Xunta decida impulsar a obra da demandada autovía de Vilagarcía.

Cal será o teu voto nas Eleccións Galegas do 21-O?