O BARRO C.F CELEBRA A VII EDICIÓN DA RAXOFESTA CON DEGUSTACIÓNS EN DEZ LOCAIS DE HOSTELERÍA

O Barro C.F celebra do 8 ao 11 de decembro a VII edición da Raxofesta.

O evento gastronómico creado co fin de recadar fondos para o clube reeditará a fórmula dos últimos dous anos coa hostelería local.

“Creemos que a decisión que adoptamos durante a pandemia de trasladar as degustacións aos establecementos do municipio é unha boa forma de incentivar o consumo na hostelería local, por eso decidimos manter unha fórmula que funciona”, explica o presidente do Barro C.F José Sanmartín.

A séptima edición da Raxofesta celebrarase os días 8, 9, 10 e 11 de decembro coa participación de 10 locais de hostelería que ofrecerán diferentes elaboracións do raxo con prezos dende seis euros.

Raxo en tosta, en cazola, marinado, trufado, en richada ou agridoce son algunhas das variedades propostas.

“Como contraprestación o clube recibe un euro por cada ración consumida. Ademais, en cada local realizarase entre os clientes un sorteo de agasallos doados por Estrella Galicia, que este ano colabora na iniciativa xunto co Concello de Barro e a Deputación de Pontevedra”, indica Sanmartín.

Os locais participantes son: Brasa y Carballo, Furancho Eira D’Arriba, Restaurante Sanmartín, Bar Plaza, Café Bar A Lareira, A Taberna de Rey, O Muiño de Valerio, Taberna O Labrego, Outro Aire e Muiñada de Barosa.

RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS

TEATRO MUSICAL

RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS

Unha ollada ao pasado.
RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS
Participa na elaboración dun álbúm colectivo sobre barro. esta publicación impresa regalaráselle a todas as persoas que participen no proxecto.

O domingo 6 de novembro estaremos no centro cívico de barro de 17.00h a 20.00h para escanear todas as fotografías coas que queirades participar no proxecto.
Organiza :Colectivo Espazo 16

Multado por golpear cun pau na cabeza a un home en Barro

LABORATORIO DE TEATRO

LABORATORIO DE TEATRO
25 DE OUTUBRO
BIBLIOTECA DE BARRO.@s participantes no “Laboratorio de teatro”, realizaran a posta en escena de “ANACOS DE CORAZÓN”, ÁS 20:30 na Biblioteca de Barro.

Os participantes no “Laboratorio de teatro”, realizaran a posta en escena de “ANACOS DE CORAZÓN”, ÁS 20:30 na Biblioteca de Barro.

MÚSICA E MOVEMENTO

🎶🧑🧒🎶 #MúsicaEmovemento
Aberto o prazo para formar un novo grupo de música e movemento dada a demanda solicitada.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS GRATUITAS

Deron comezo en Barro distintas actividades deportivas: bádminton, baloncesto, taekwondo, balonmán e multideporte e aínda hai prazas libre para apuntarse

👧🏼👦🏻 As actividades están dirixidas a nen@s desde os 8 ata 16 anos e son totalmente gratuías

✍🏻 A solicitude de inscrición debe facerse nas oficinas municipais

📍 Todas as actividades realízanse no pavillón municipal de Santo Antoniño

ℹ️ No caso de excederse o número máximo de nen@s por grupo, estudarase a opción de facer distintos grupos noutros horarios.

XANTAR VECIÑAL

CENA- ACTUACIÓN DE JAVITO RIVAS NO RESTAURANTE BRASA E CARBALLO

CONTOS PARA PASALO DE MEDO CARMEN DOMECH

PASARELA DE TRAXES TRADICIONAIS

DOAZÓN DE SANGUE

O vindeiro luns 3 de outubro sé solidari@ e doa sangue!

🕰️ De 10.00 a 14.30 horas
📞 Máis información no teléfono gratuíto 900 100 828

D.E.P.D. JUAN CARLOS SILVA CASAL

FESTA INFANTIL EN SAN BREIXO