A NOITE DE SAN XOAN TINGUE DE AZUL A ESCULTURA DO PENSADOR DESCOÑECIDO QUE SE ENCONTRA NA ESTACIÓN DA PORTElA.
General
REGÁLANSE ESTAS CADELIÑAS
Arte, gastronomía e música no paque natural da Barosa
As fervenzas e muíños de Barosa convertéronse onte no marco incomparable dunha xornada multicultural na que se conxugaron as artes plásticas, a gastronomía e a música. Os asistentes puideron gozar das intervencións artísticas vinculadas coa contorna e realizadas por estudantes e profesores de Belas Artes. A música de Perkuka, grupo de percusión, fusionouse con textos de varios escritores en caixas de música únicas.
Bolboretas entretivo aos nenos con obradoiros de manualidades con materiais naturais da contorna. E no apartado gastronómico, a tapa estrela foi costela de porco ao forno. Estes domingos culturais repetiranse o 30 de xuño e 7 de xullo.
Vaia troula
O equipo de ‘ Vaia troula’, encabezado por Nieves Rodríguez, daralles esta noite a benvida desde Tui, onde se
celebra a XV Festa das Lavandeiras. Unha celebración na que a presentadora se mergullará no ambiente e participará nalgúns dos actos do día, como no desfile, na lavada e no campionato de tiro de ra. Ademais da festa, a edición de hoxe contará coa música da orquestra Israel e de A Requinta da Laxeira.
Outras celebracións que lles achegará o programa máis festeiro da Televisión de Galicia serán as que visitaron as reporteiras Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas, como a Festa do Viño que celebraron os veciños de Barro; e a gran Churrascada da parroquia de Santa María de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras. Outra churrascada, pero nesta ocasión dobre, foi a que prepararon as parroquias de Uxes e Larín, no concello de Arteixo, para saber quen fai mellor a carne.
Por outro lado, en Cambados honraron con moita festa a Santo Antonio, ao igual que o fixeron en Paradela, e non foron menos as celebracións do San Xoán, en Gondomar e o Santo Adrián do Mar en Malpica.
A elite galega do supercrós devolve o seu esplendor ao circuíto de Alfoz
O circuíto de Carballido, en Alfoz, comeza a ser territorio familiar para as principais figuras do supercrós
galego. O concurso autonómico volveu por segundo ano consecutivo á pista mariñá, onde un bo número de espectadores foron testemuñas dunha proba á que non lle faltou emoción nin vistosidade e organizada polo Motoclube Enduouro. O público gozou sobre todo coa carreira realizada polo piloto local Juan Nécega, do club organizador, que foi o vencedor na categoría de afeccionados. O seu compañeiro Antón Fernández foi sétimo en séniores, mentres que o tamén mariñán Santiago Cancio e Julio López, do Occidente astur, deron a talla competindo por libre.
Alevíns: 1.º Nicolás Otero (Pontevedra); 2.º José Canosa (A Coruña); 3.º Anxo Lois Cabrero (A Coruña).
Promesas: 1.º Pablo Soto (Pontevedra); 2.º Iago Martínez (Pontevedra); 3.º Christian Laíño (A Coruña).
Afeccionados: 1.Juan Nécega (Motoclube Enduouro); 2.ª Silvia Rivas (Barro,Pontevedra), 3.º Alejo Muras (Pontevedra).
Veteranos: 1.º Antonio Martínez (Pontevedra); 2.º Santiago Giance (A Coruña); 3.º José M. García (A Coruña).
Júniores: 1.º Rubén Fernández (Pontevedra); 2.º Sergio Fernández (Pontevedra); 3.º Jorge Paradelo (Ourense).
Séniores: 1.º Juan C. Fernández (A Coruña); 2.º Borja Llosa (Ourense); 3.º Ovidio Díaz (Ourense).
SON SARDIÑAS!!
Celébrase en Barro a I Festa das Cervexas Artesanais de Galicia o vindeiro 29 de Xuño, organizada pola AC Fervenza da Barosa.
- Participan 4 fábricas 100% galegas e artesanais en dito evento
- Poderanse degustar ata 10 cervexas artesanais distintas entre a degustación e unha cata.
- Nas degustacións poderanse tomar as cervexas artesanais e artesanais premium a 4€ ou 5€ respectivamente, acompañadas da típica Bratwurst alemana.
- Na cata das cervexas implicáronse varias D.O.P e I.X.P. de Galicia para promocionar e maridar os seus productos con cervexa artesanal e galega 100%.
A música cervexeira tomará a noite no local @BarosaGastro e a partires das 22.30 horas. A entrada será gratuita.
Tanto en horario de cea ou comida, o local hosteleiro @BarosaGastro elaborará ese día un “menú especial cervexeiro” que poderán degustar as persoas que se acheguen ata Barosa.
Achégate a Barro a disfrutar do turismo, da cervexa e da gastronomía!
DISPAROUSE O PREZO DA SARDIÑA
EMPAPELAN A SUCURSAL DE BARRO DE NOVAGALICIA BANCO
XANTAR EN SAN BREIXO
I FESTA DOS VIÑOS DE GALICIA-BARRO
ASOCIACION: A CREGA
21, 22 e 23 de xuño de 2013.
Lugar: Pazo da Crega
Horarios de apertura:
– Viernes 21 de xuño: a partires das 20:00 horas.
– Sábado 22 de xuño: de 12:00 a 15:00 horas
de 20:00 a peche.
– Domingo 23 de xuño: A partires das 11:00 horas e ata o remate da xornada.
11:30 h. Concentración de coches clásicos.
As 22:00 horas SARDIÑADA de SAN XOÁN GRATIS.
Arte multidisciplinar en Barosa
Barosa Líquida é un proxecto que trata de mesturar diversas actividades creativas nunha contorna inigualable das fervenzas e muíños deste parque do municipio de Barro, onde se poderá gozar da arte, a música, a literatura e a gastronomía, con propostas multidisciplinares nunhas xornadas memorables durante tres fins de semana, desde este domingo 23 de xuño ata o 7 de xullo.
Cultura Tirante, da man do musico Adrián Silva, e Portal 48, espazo creativo dirixido pola artista Ana Seoane e Rocío Gómez, en colaboración co Concello de Barro e a Facultade de Belas Artes promoven esta iniciativa cultural que naceu no 2012 con ánimo de continuidade.
Entre as actividades programadas, a parte dedicada á arte interpretará e activará a contorna de Barosa. Quince estudantes e profesores de Belas Artes levarán a cabo unha serie de proxectos vinculados ao contexto social e natural do parque, con instalacións efémeras e respectuosas coa natureza e a memoria do lugar. A auga estará presente na maioría dos traballos converténdose en pantalla de proxección móbil e sonora, en concreto na instalación audiovisua Retrato líquido, de Lola Dopico e Fernando Suárez.
A música porana o grupo de percusión Perkuka que ofrecerá este domingo un concerto ás 20.30 horas, ao que seguirán as actuacións das Bruxas do noroeste e Rastrexos Project os días 30 de xuño e 7 de xullo.
A literatura estará presente cos escritores Luz Darriba, Carlos Solla, Quico Cadaval e Manuel Lourenzo, que cederán parte das súas obras nunha iniciativa conxunta cos músicos e compositores Benxa Otero e Adrián Silva, na que se crearán caixas de música únicas.
Bolboretas de Papel impartirá obradoiros infantís de manualidades e Barosa Espazo Gastronatural ofrecerá tapas a prezos populares das que poderán gozar os asistentes aos próximos tres domingos de recreación cultural.
I XUNTANZA XUVENIL E II XANTAR SOCIALISTA DE BARRO
Localizan en Marín dous coches roubados en Barro e en Santiago
A Policía Local de Marín localizou en viales de Ou Pituco e A Cañota dous vehículos que foran roubados en
Barro e Santiago de Compostela, respectivamente. O automóbil subtraído en Barro é un Skoda Octavia e foi roubado nunha vivenda á que os ladróns accederon o pasado día 17. O vehículo abandonado en Ou Pituco levantou sospeitas entre os veciños porque estaba aberto e levaba varios días parado no mesmo sitio, con aspecto de ser abandonado.
Tamén no caso do coche subtraído en Santiago de Compostela levaba varios días abandonado nun vial da Cañota. Neste caso trátase dun Rover, cuxa desaparición foi denunciada polos seus propietarios na capital galega.

















