Barro reparte máis de 500 litros de cervexa artesá galega

la voz

Máis de 500 litros de cervexa artesanal galega  na Barosa, Barro. A primeira edición da#BarroCervezaFest porá a disposición dos visitantes dez variedades das catro fábricas artesanais de Galicia: Dama Allaricense, Adegas Menduiña, De Lago e Saramagal. Con esta festa,amigos dá Fervenza de Barosa buscan promover o turismo local, a promoción económica e a difusión dos produtos locais de calidade. Desde as 12.30 horas e ata a medianoite, os cervexeiros terán todas as variedades ao seu alcance e ás 18.30 horas participarán tamén Castaña de Galicia, Mel de Galicia, Quiexo Teto, Queixo Arzúa-Ulloa, Pan de Cea, Pemento de Herbón e San Simón dá Costa.

Na cita estará presente a artista Inia Vilar, que realiza cadros con cervexas artesanais, que exporá 14 obras nos muíños.

CERVEZABARRO

As panaderías pecharán as súas portas os días 4, 5 e 6 en toda a provincia de Pontevedra

Panaderías e confeiterías da provincia de Pontevedra irán á folga desde o martes ao xoves da próxima semana nunha mobilización convocada polos sindicatos CIG, UGT e CC.OO. As centrais sindicais adoptaron o acordo de convocar a folga ante o fracaso das negociacións do convenio colectivo, que afecta a dous mil persoas na provincia, coa patronal. De feito, os convocantes acusaron á patronal de «mala fe» na negociación.

PANADEIROS

Abríronse as piscinas da Comunidade de Montes de Curro

Comunidade Montes de Curro

Aviso aos veciños e veciñas de Curro: No día de hoxe abríronse as piscinas da Comunidade de Montes de Curro. O seu horario, será de luns a venres, de 14.30h a 20.30h e sábado e domingo, de 12h a 20.30h.

PISCINAS CURRO

 

LUDOTECA DE VERÁN PARA OS NENOS DE CURRO

Comunidade Montes de Curro

LUDOTECA DE VERÁN: O vindeiro luns 8 de xullo, dará comezo a LUDOTECA DE VERÁN para os nenos e nenas da parroquia de Curro. O horario, será o luns, mércores e venres de 10 a 14 horas no Centro Social da Comunidade. Poderán asistir aqueles cativ@s, nados entre o 2001 e 2010 (a.i). Nos vindeiros días, remitirase a cada casa a ficha de inscrición. A actividade é totalmente de balde.

LUDOTECA

“O FIN DO MEU CICLO”.Vicente Cons.Presidente do Barro C.F

Bos días a todos.vicente cons
Só quero comunicarvos, e a algúns xa confirmárvolo; que tra-lo remate desta tempada do BARRO C.F. abandono o meu cargo de Presidente.
Este é o meu cuarto ano de mandato no cal xa hai que convocar eleccións a nova Xunta Directiva. Eu confirmo que non me vou volver a presentar. Os candidatos que queiran optar á presidencia teñen ata o venres dia 5 de xullo ás 21.00 h. na biblioteca do concello para presentarse, se queren alí mesmo. Nesa Asamblea xa terá que quedar conformada a nova Xunta Directiva, cun mínimo de 5 membros. De todas formas xa se empezaron a pegar papeles coa convocatoria de dita asamblea.
Bueno, e sen máis, aproveito para dar as gracias ó Concello de Barro, a todo-los socios e patrocinadores que axudaron ó equipo durante estes meus catro anos, a todos os aficionados que estabades ahí todo-los domingos no partido e en xeral a todos os que sempre desexastes de corazón que nos fora ben.
O meu especial agradecemento a Suso e a Santi, que nestes últimos dous anos estiveron ahí loitando e axudando como ninguén, e quizáis para min tamén tapando as decepcións levadas con outras persoas que non me merece a pena nin mencionar.
Pido perdón polos erros que puiden haber cometido e sinto non poder lograr unha unión total coas categorías inferiores, pero bueno,…..,en fin.
Moitas gracias. Un abrazo a todos.

DEBUXANDO BOLECHAS

BOLECHAS

pepecarreiro

A ESFERA DA AGUA

a esfera

PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

O Concello de Barro vai levar a cabo un PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO omixESCOLAR coas seguintes actividades:

REFORZO EDUCATIVO: actividade dirixida ó alumnado de 3º e 4º de ESO que presente carencias educativas nas materias instrumentais realizando o correspondente reforzo educativo e ensinando as diferentes técnicas de estudo co obxectivo de superalas na convocatoria de setembro.

ESCOLA PARA ADULTOS: actividade dirixida a mozos/as de 16 a 24 anos que non teñen o título de graduado en ESO co obxectivo de acadar a mencionada titulación.

ASISTENCIA E ACTIVIDADES E EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

MÓDULOS ESPECÍFICOS. 3 MESES 420 H+ 160 H PRÁCTICAS.
Actividade dirixidas a mozos/as maiores de 17 anos, sen ser necesario a ESO, para poder acadar esta titulación, este será impartido no Centro Ocupacional Rafael Blanco de Caldas de Reis.

Este programa realizarase dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro. As actividades serán totalmente gratuítas. As sesións impartiranse no Biblioteca Municipal, cun máximo de 25 participantes en cada unha delas, os cales serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición farase nas oficinas municipais, ou na oficina de información xuvenil, tamén chamando aos teléfonos do Concello de Barro (986 71 10 01), de luns a sábados, en horario de 9:00 a 15:00 horas ou ao (986 71 48 06) luns, martes, xoves e sábado de 9:00 a 14:00 mércores e venres de 16:00 a 21:00 h.
Poderase consultar o programa das actividades durante este período na páxina web do Concello de Barro: www.barro.es

TALENTOSHOW 2013

CLASES DE INGLÉS GRATUITAS

ingles barro

TRASPÁSASE LICENZA DE TAXI EN BARRO

TRASPÁSASE LICENZA DE TAXI EN BARRO

MAIS INFORMACION NO TELEFONO 606558699

TAXI

 

 

Festa do Santísimo en Baliñas

FESTAVALIÑAS

Vertidos ó alcantarillado municipal

BANDO

Os preferentistas do Umia critican a pasividade dos políticos locais

PORTADA faro-de-vigo

“Actuamos debidamente e non se nos fixo caso, a decepción cos representantes locais é moi grande”, recoñeceu onte o portavoz da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Umia, Alberto Pereiro. Aínda que o colectivo conseguiu o pasado 6 de xuño que os alcaldes de Portas, Caldas, Moraña, Cuntis e Barro asinasen un documento no que recollían diversas reivindicacións, case tres semanas despois, non se aprecia ningún avance.

“Non todos os alcaldes teñen a mesma resposta. Por exemplo, o alcalde de Cuntis, Antonio Pena, comprometeuse a solicitar unha reunión co presidente da Diputación, Rafael Louzán. Disto fai tres semanas. Segundo el, seguiu os trámites, pero temémosnos/temémonos que non o vai a facer”, lamentou Pereiro, quen asegurou que existe unha “falta de interese” por ambas partes. “Nin o alcalde de Cuntis nin o presidente da Diputación teñen ningún interese. Confirman que os políticos non moven un dedo polos cidadáns. Temiámonolo/Temiámosnolo desde un principio”, engadiu.

Igualmente, outro dos compromisos alcanzados, o de solicitar unha reunión cos dirixentes das sucursais de Novagalicia Banco, tampouco deu ningún froito.

Ante isto, o colectivo apuntou que non ten outra vía que acentuar as súas reivindicacións e levar a cabo acciones “similares” ás que desenvolveron outros afectados na comunidade. Así pois, suspender os diferentes plenos municipais da comarca ou colapsar as sucursais de Novagalicia Banco da zona, serán algunhas das accións que desenvolverá a plataforma nos próximos días.

Outra das iniciativas que secundaron os regidores da comarca foi a de celebrar un foro aberto en Caldas no que calquera veciño afectado puidese expoñer as súas dúbidas e que contaría coa presenza de expertos legais. “Estamos en contacto co Concello de Caldas e co Colexio de Avogados de Pontevedra para desenvolver este acto”, informou Pereiro, aínda que aínda non hai fixada ningunha data.

Aínda que a plataforma conta con medio centenar de membros, o portavoz do colectivo apuntou que na comarca existen “moitos máis afectados”. Con todo, Pereiro recoñeceu botar en falta unha maior colaboración por parte dos afectados no Umia. “Miras con envexa outras zonas onde a xente implícase mais”, concluíu.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/06/25/preferentistas-umia-critican-pasividad-politicos/834780.html

preferentistas-umia

A quen lle falta unha vaca?

A noite máxica de San Xoan déixanos esta bonita estampa, esta fermosa vaca ás portas do noso concello.
Non sabemos se alguén a levo ou foi ela por conta propia, a saber, igual esta asesorando o noso alcalde nalgunha cuestión transcendental.

SAN XOAN 1vaca muuu