As familias de 5º de Primaria do CEIP Amor Ruibal de Barro reclaman unha educación xusta e inclusiva

Barro, 04 de setembro de 2025 — As familias de 5º de Primaria do CEIP Amor Ruibal queremos manifestar a nosa profunda preocupación ante a decisión da Consellería de Educación de reducir o apoio docente na nosa aula, unha medida que consideramos inxusta e prexudicial para o desenvolvemento académico e emocional dos nosos fillos e fillas.

Desde o curso de 6º de Infantil, e tras anos de valoración por parte da Inspección Educativa, concedéuselle ao centro un docente adicional para desdobrar o grupo e atender axeitadamente as necesidades específicas do alumnado. Esta medida mantívose durante cinco cursos consecutivos, permitindo unha atención máis personalizada e adaptada á diversidade da aula.

Porén, este ano, debido aos recortes, só se asigna medio profesor: un docente a xornada partida que só poderá apoiar dous días á semana nas materias troncais. Esta decisión chega xusto cando o grupo está a piques de dar o salto á educación secundaria, nun momento clave para o seu desenvolvemento.

A aula de 5º de Primaria conta actualmente con 24 alumnos, entre os cales hai varios con informes médicos e do departamento de orientación que acreditan necesidades educativas especiais. Ademais, un dos nenos presenta unha discapacidade recoñecida superior ao 33 %, o que segundo a normativa equivale a dúas prazas no cómputo da ratio. Isto sitúa o grupo nunha ratio de 26, o que xustificaría, como nos últimos anos, o desdobramento da aula en dous grupos.

As familias non podemos aceptar esta regresión nos recursos educativos. Consideramos que se vulnera o dereito dos nosos fillos e fillas a recibir unha educación equitativa, inclusiva e de calidade. Por iso, iniciamos mobilizacións para esixir que a Consellería reconsidere a súa decisión e manteña o reforzo docente que demostrou ser esencial para o benestar e a aprendizaxe do alumnado.

Facemos un chamamento aos medios de comunicación, á comunidade educativa e á sociedade galega para que se fagan eco da nosa situación. Non pedimos privilexios, senón xustiza educativa.

Por unha escola que non deixe a ninguén atrás.

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025

🎬 Aberta a convocatoria para o Concurso Curtas D-MEDO 🎬

📝 O prazo para a presentación de obras está aberto ata o 24 de outubro.

📍 Consulta as bases e información de participación no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello e Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0 , na OMIX de Barro ou na web barro.gal

BARRO ORGANIZA UNHA VIAXE AO PARQUE WARNER DE MADRID O XOVES 28 DE AGOSTO PARA A VECIÑANZA DO MUNICIPIO 

NOTA DE PRENSA. PSOE DE BARRO

Barro, 20 de agosto de 2025. A Concellería de Benestar do Concello de Barro organiza unha viaxe ao parque Warner de Madrid prevista para o xoves 28 de agosto.

A actividade, cun máximo de 65 prazas, está destinada á veciñanza empadroada en Barro cun prezo de 38 euros por persoa, que inclúe a viaxe en autobús, a entrada e o seguro de asistencia en viaxe.

“O grupo poderá visitar libremente o parque ata o último momento da tarde. Dende a Concellería de Benestar apostamos por esta iniciativa colaborando co desplazamento en autobús, o seguro de viaxe e a xestión das entradas”, sinala a edil responsable da área Lía Rodríguez.

A saída terá lugar o xoves 28 ás 4 da madrugada da explanada do Pazo da Crega. 

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende hoxe ata o 26 de agosto ás 12 horas ou ata que se esgoten as prazas.

As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro do Concello onde se lles facilitará a folla de inscrición que deberán cumplimentar e o número de conta da axencia de viaxes para realizar o abono correspondente.

Búscase este can, perdido na Portela.

XI FESTA ALEMANA

FESTAS DE CURRO 2025

FESTAS NA PORTELA NA HONRA A SAN MAMEDE E O CARMEN

Anuncio da convocatoria pleno

FESTIVAL DE MÚSICA ANTIGA

BANDO REDUCIÓN CONUSMO AUGA 2025

NOVA DIRECTIVA DO BARRO C.F

Este xoves día 10 celebrouse a asamblea ordinaria para dar conta da tempada e a tamén a extraordinaria para elixir a nova directiva para os anos 2025-2029.

Un balance moi positivo a pesar de todas as complicacións que fomos atopando no camiño.

A directiva perde a varios compañeir@s que seguirán como soci@s colaboradores da directiva, pero sen ter a responsabilidade do cargo. 

Agradecerlles o seu traballo a Ricardo Fernández , vicepresidente, Juan Pena , secretario,  Eva Arcos e Cristina Castrelos que eran vogais.  

A Directiva queda da seguinte maneira

Presidente 

José Sanmartin 

Vicepresidente Fútbol Base.

Celestino Piñeiro 

Vicepresidente Veteranos e Sénior

Marcelino Sánchez 

Tesoureira.

Eva Paredes 

Secretaria

Tamara Outón.

Vogais.

Pury González 

Miguel A.  Iglesias.

Beatriz Rodríguez 

Isaac Sartal 

Colaborador Directiva.

Daniel Torres 

Ricardo Fernández 

Juan Pena.

Arrancamos unha nova etapa onde sólo queremos facer un Barro C.F. onde poidamos seguir medrando.

Jose Sanmartin seguirá catro anos como presidente e suma o seu cuarto mandato. “Nun principio tiña pensado non seguir como presidente debido a todas as ocupacións que teño e tamén a querer mais tempo para a miña vida persoal, pero este ano surxiron problemas externos ao clube, que me fixeron reflexionar,  dende o mes de de decembro levamos sufrindo unha auténtica persecución que non ten sentido ningún e por éso cando hai unha adversidade e cando non debo  abandonar.

APERTURA PISCINA MUNICIPAL DE BARRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

ANUNCIO CONVOCATORIA DE PLENO

PROGRAMA ESPAZOS DE LECER CONCILIA 2025