IV GALA SOLIDARIA CURRO 2016

iv gala solidaria

XORNADAS DE MEMORIA HISTORICA

Este sábado dia 23 ás 12 da mañá, dentro das Xornadas de Memoria Histórica, vaise celebrar un Pleno en homenaxe a Castor Castro, alcalde de Barro no 1936.

TEXTO DE Xosé Collazo Castro

“CASTOR CASTRO CANCELA (meu avó materno)
Pequeno resumo biográfico baseado no que publiquei en 18 de Xulho de 2012 nesta rede social.

Castor foi o derradeiro alcalde republicano de Barro-Pontevedra, no período efémero da Frente Popular en 1936.

Naceu na parroquia de Portela-Barro. Filho de Jose Castro e Manuela Cancela Bua.
Casou con Jesusa Nieto Mourente, minha avoa materna.

No ano 1918 participa na constitución dunha sociedade de oficios varios en Barro.

Seria vocal da Xunta directiva. Achégase ao movemento agrarista, no que foi moi activo.

O 16 de maio do mesmo ano preside un grande mitin agrarista para as comarcas do Salnés e Caldas, celebrado na parroquia de Curro-Barro, con uns 3.000 asistentes, no que falan tamén Ramón Abal, de Barro, Salvador Novo de Moraña, Samuel Blanco de Paradela, Marcelino Fernandez de Vilaxoán e Manuel Alvarez de Vilagarcía, entre outros.

Mantivo contacto e diversa correspondencia con importantes cargos desa época republicana (Guiance Pampin, Laureano Poza, Osorio Tafall..) e co Partido Comunista, do que recibía propaganda, circulares e convocatorias.

Foi precisamente esta correspondencia e relación co Partido Comunista, sendo Alcalde, un dos argumentos principais utilizados contra el no Consello de Guerra.

No libro do cura fascista Manuel Silva Ferreiro “Galicia y el Movimiento Nacional”, fálase das “propagandas disolventes”…que prendieron (na comarca) “en los incondicionales del Alcalde de Barro, Castor Castro Cancela, que recibía para su labor revolucionaria, orientaciones y mandatos de los dirigentes del Partido Comunista”.

Estivo fuxido por mor das contínuas ameazas e acoso falanxista que ían continuamente á súa casa, e a todas horas.

Detido finalmente pola Garda Civil e os falanxistas a mediados de Setembro do 36, foi xulgado en Conselho de Guerra-causa 209/37- en marzo de 1937 en Pontevedra, no que foi condenado a pena de prisión de 15 anos (tivo moita sorte).

Estivo breve tempo no cárcere de Pontevedra e no presidio de figueirido. Despois do ingreso na penitenciaria da illa de San Simón sería trasladado a cadea de Astorga.

Home de integridade persoal e talante amable, fiel aos seus principios democráticos, ateos e de esquerdas foi firme nestas posicións ideolóxicas até o final dos seus días en 1974.”
X.C.C

Xosé Collazo Castro 

 

Esta mañá presentouse aos medios en rolda de prensa as Xornadas de Memoria Histórica de Barro organizadas pola AC Barosa en colaboración co Concello de Barro.

XOSE COLLAZO

castro cancela

pleno barro

 

O Colexio de Barro mobilízase para axudar ás vítimas do terremoto de Ecuador

colexio barro ecuador

terremoto ecuador

XORNADAS SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA NO NOSO CONCELLO

Barosa AC

Comprácenos anunciar que o o venres 22 e o sábado 23 de abril realizaremos unhas barosaxornadas sobre a memoria histórica. Queremos pór nomes e apelidos ás nosas veciños e veciños, avós e avoas, pais e nais, que sufriron na súa pel o levantamento fascista do ano 1936. Agora, 80 anos despois, queremos ter as súas historias e o seu sufrimento presentes para non esquecer nunca máis.

-VENRES 22 na biblioteca de Barro ás 20:00h:
-20:00h. Proxección do documental “Barro 1936” elaborado polo alumnado do I.E.S de Barro e presentado polo profesor do I.E.S Miro Tourís.
-Presentación do libro “Un cesto de mazás” a cargo de Luís Bará Torres e a súa autora, Montse Fajardo.

-SÁBADO 23 no salón de plenos ás 20h.:
-Homenaxe a Castor Castro -alcalde Barro no 1936- e ao resto de veciñ@s de Barro que foron perseguidos física e moralmente por defender a liberdade e a xustiza. Conferencias a cargo de Pepe Álvarez, profesor e experto na represión franquista na comarca de Pontevedra e de Xosé Collazo Castro, natural de Barro e experto na represión no Concello de Barro.

-Actuación musical do cantautor Tino Baz.

Organiza: AC Barosa
Colabora: Deputación de Pontevedra e Concello de Barro.

XORNADAS DEPORTIVAS BARRO 25 ANIVERSARIO

 

xornadas deportivas en barro 2

Boletin de emprego PONTEemprego nº 242 de data 08/04/2016

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20242_PONTEemprego_data_06-04-2016.pdf

ponteemprego

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ESCOLA DE MÚSICA DE BARRO

Este venres, 8 de abril no Colexio “Amor Ruibal” de Barro, ás 18h xornada de portas abertas onde poderedes probar todos os intrumentos da escola. Para todas as idades.

FB_IMG_1459890687992

ABRIL BARRO

abril

abril - copia

abril - copia (2)

IV GALA SOLIDARIA CURRO 2016 – MÚSICA POR ALIMENTOS

gala solidaria curro barro

BOLETIN DE EMPREGO PONTEEMPREGO Nº 241 DE DATA 30/03/2016

emprego logo

Fai clic para acceder a oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20241_PONTEemprego_data_30-03-2016.pdf

PONTEEMPREGO

BARRO C.F – C.D. LALÍN

FUTBOL BARRO

SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACION

convocatoria barro

O GOBERNO MUNICIPAL DE BARRO SACA A SUBASTA TRES OBRAS POR UN IMPORTE TOTAL DE 77.717,12 €

concello

FESTAS NA HONRA A SAN AMARO

festa na portela

CLASES DE INTERPRETACIÓN GRATUITAS

teatro en barro