D.E.P.DOÑA ESTHER MADALENA FUENTES

_20161013_161747

I CARREIRA SOLIDARIA MONTES DE CURRO

fb_img_1476257457057

D_Medo Concurso de curtas 2016

fb_img_1475858560313

Dous veciños de Barro, identificados tras dar unha malleira ao condutor dun bus

Os agresores, pai e fillo, querían saír pola porta dianteira e o chofer pediu que usasen a outra

Dous residentes no municipio de Barro, concretamente, pai e fillo, foron identificados este xoves pola Garda Civil pola presunta autoría dun delito leve, tras ser denunciados polo condutor dun autobús de liña regular ao que presuntamente propinaron unha malleira o mércores pola tarde. Segundo confirmou a Garda Civil, as investigacións iniciáronse este xoves, despois de que a denuncia fora presentada no posto de mando da Estrada, unha vez que o traballador do servizo terminou o traxecto.

Ao parecer, os feitos producíronse na viaxe regular das 19.10-20.00 entre Pontevedra, Barro, Caldas, Cuntis e A Estrada. Este transporte conta con paradas en Barro e na primeira delas, á altura do bar Maracaibo, ían baixar os dous presuntos agresores. Segundo a denuncia, o condutor negouse a permitir a saída pola porta pola que querían abandonar o vehículo. Así, os dous homes querían saír do bus polo acceso dianteiro, pero o condutor solicitou que o fixesen polo traseiro, xa que a entrada dianteira destínase aos pasaxeiros que desexan subir. Tras unha discusión entre ambas as partes, o pai emprendeuna a paraugazos co chofer, ao que agrediu en repetidas ocasións coa suposta colaboración do seu fillo antes de abandonar o bus.

Ao parecer, a vítima sufriu mazaduras e feridas de consideración, que sangraban abundantemente, e incluso necesitou puntos de sutura nun ombreiro, como consecuencia da brutalidade dos clientes. A agresión produciuse ante o resto dos pasaxeiros.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/nova/606483/dous-vecinos-de-barro-identificados-tras-dar-unha-malleira-ao-condutor-dun-bus

pon0710p18f1

Un erro do antigo goberno do PP de Barro, cóstalle cartos aos veciños e veciñas.

_20161007_181022

Inauguración Centro Cívico

centro-civico-barro

DOUS AXENTES DA GARDA CIVIL, ATROPELADOS EN BARRO

Outro accidente de tráfico entre dous vehículos en Barro saldous con dous axentes da Garda Civil de Tráfico feridos. Os feitos tiveron lugar no quilómetro 107 da estrada N-550.

Segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia, un dos coches implicados sufriu unha saída de vía e rematou impactando contra o vehículo dos axentes, que nese momento estaban fóra do coche. O propio vehículo da Garda Civil acabou atropelando levemente os dous axentes, que resultaron feridos de carácter leve. O condutor do outro turismo implicado tamén asegurou ter algunha leve molestia derivada do sinistro.

O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 14.00 horas deste martes, mediante a alerta de urxencias Médicas. Foron informados da situación os Bombeiros do Salnés e Protección Civil.

http://pontevedraviva.com/xeral/31224/camion-embiste-coche-aparcado-arrolla-clientes-bar-lareira-barro/

guardia civil trafico

Un camión embiste un coche aparcado e arroia os clientes dun bar

Un camión arroiou a dous clientes do bar A Lareira cando se atopaban tomando unha consumición na terraza do establecemento.

Sucedeu este martes, sobre as dúas da tarde, na estrada nacional N-550 ao seu paso por San Antoniño.

Por causas que se descoñecen o condutor do camión perdeu o control do vehículo saíndose da vía e impactando contra dous turismos que se atopaban estacionados.

Un dos coches aparcados freou a traxectoria do camión actuando de barreira cando se dirixía contra a fachada do bar.

Lamentablemente no seu arrastre o vehículo subiuse á beirarrúa levándose por diante a estas dúas persoas. Un dos feridos presentaba unha contusión na cadeira e o outro sufriu un forte golpe na perna. Ambos foron trasladados en ambulancia para recibir asistencia sanitaria.

A Garda Civil de Tráfico acudiu ao lugar do suceso para controlar o paso mentres se retiraban aos vehículos da calzada.
http://pontevedraviva.com/xeral/31224/camion-embiste-coche-aparcado-arrolla-clientes-bar-lareira-barro/

lareira

REUNIÓNS INFORMATIVAS CONCENTRACIÓN PARCELARIA

AVISO DE REUNIÓNS INFORMATIVAS
EN RELACIÓN COA
EXPOSICIÓN DO PROXECTO DE CAMIÑOS DE SERVIZO E OBRAS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO II NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2016 – CONCELLO DE BARRO.

Pola presente ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas que o pasado 17 de setembro de 2016 tivo entrada no Rexistro do Concello de Barro o PROXECTO DE CAMIÑOS DE SERVIZO E OBRAS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO II. O proxecto está a exposición pública para a presentación de alegacións polo prazo DUN MES.

Para todos aqueles que o desexen poderán asistir as seguites reunións informativas que se desenvolverán nas seguintes datas e para as parroquias que se indican na BIBLIOTECA PÚBLICA DE BARRO:
– BARRO: XOVES 6 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS.
– PERDECANAI: VÉNRES 7 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS.

  • fb_img_1475401596890

D.E.P.D.RAÚL BÚA BUCETA

_20161002_113850

Barro despide as súas vellas traídas aéreas

la voz

En San Antoniño, a auga viaxa en varios puntos a través de postes, como a electricidade

O normal e habitual en pleno século XXI é que a auga corra a través de mangueiras enterradas baixo as beirarrúas ou o propio asfalto nos núcleos urbanos. San Antoniño, en Barro, ten a capacidade de sorprender nesta materia, e é que varios dos seus edificios aínda reciben a auga a través de tubos que se atopan suspendidos varios metros por encima do chan, expostos a inclemencias meteorolóxicas e outros factores ambientais. O Concello decidiu pór fin ao asunto, e enterrará nos próximos días estas traídas, ao mesmo tempo que renova e parte das súas beirarrúas.

Para ler máis, preme no seguinte enlace:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2016/10/01/barro-despide-viejas-traidas-aereas/0003_201610P1C8991.htm

concello de barro

 

FESTA INFANTIL CON HINCHABLES

Mañá, xoves no Campo da Festa de San Breixo celébrase unha Festa Infantil con Inchables a partir das 17:00 h.

fb_img_1475078003652

IV FEIRA DE BARRO DE SEGUNDA MAN E FEITO A MAN

Volve a feira de segunda man e feito á man, coa que se busca potenciar a reutilización de obxectos usados, dinamizar de forma socioeconómica a localidade, potenciar un consumo máis responsable.
Polo que, os veciños e veciñas que queiran participar na feira poñendo un posto aínda poden cubrir a solicitude na OMIX de Barro.
Información no email: omix@barro.es ou no telefono 986714806 Horario: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 martes e xoves de 16:00 a 21:00 h.

fb_img_1475004660913

Resultados electorais en Barro ao Parlamento de Galicia 2016

resultados

TALLER DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES CO MÓBIL

Durante o mes de outubro terá lugar o Taller de creación de curtametraxes co móbil no Concello de Barro. Inscríbete na OMIX!

fb_img_1474736873027