Un camión embiste un coche aparcado e arroia os clientes dun bar

Un camión arroiou a dous clientes do bar A Lareira cando se atopaban tomando unha consumición na terraza do establecemento.

Sucedeu este martes, sobre as dúas da tarde, na estrada nacional N-550 ao seu paso por San Antoniño.

Por causas que se descoñecen o condutor do camión perdeu o control do vehículo saíndose da vía e impactando contra dous turismos que se atopaban estacionados.

Un dos coches aparcados freou a traxectoria do camión actuando de barreira cando se dirixía contra a fachada do bar.

Lamentablemente no seu arrastre o vehículo subiuse á beirarrúa levándose por diante a estas dúas persoas. Un dos feridos presentaba unha contusión na cadeira e o outro sufriu un forte golpe na perna. Ambos foron trasladados en ambulancia para recibir asistencia sanitaria.

A Garda Civil de Tráfico acudiu ao lugar do suceso para controlar o paso mentres se retiraban aos vehículos da calzada.
http://pontevedraviva.com/xeral/31224/camion-embiste-coche-aparcado-arrolla-clientes-bar-lareira-barro/

lareira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s