General
O paro baixa un 1.69 % durante decembro

Pontevedra e Arousa reúnen o 41 % das prazas de apartotel existentes en Galicia

No informe da Axencia de Turismo de Galicia tamén se desagregan os concellos onde hai vivendas turísticas, aínda que neste caso non por prazas, senón por inmobles. Estes son chalés independentes, que tamén se pon a disposición dos clientes que os queiran alugar, pero nunca como segunda vivenda. Nas comarcas de Pontevedra e Arousa, a cifra de vivendas turísticas é moito máis modesta. Só hai rexistradas 199 e supoñen o 16,6 % do total galego. Sitúanse en Barro, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cotobade, Cuntis, Marín, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Ribadumia, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova. Chama a atención a ausencia de Sanxenxo, onde non hai ningunha vivenda turística a efectos de tal cualificación pola Xunta.
PREME NO ENLACE, NOTICIA COMPLETA:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA ESCOLA DE MÚSICA
Este venres de 18 a 20h, xornada de portas abertas da escola de música para dar a coñecer os instrumentos dos que se imparten clases.


ÁLBUM DE FOTOS
O Camiño pola Costa viaxa a FITUR coa voz do músico Teo Cardalda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaba este martes as actividades que vai desenvolver a Deputación de Pontevedra en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se inicia este mércores en Madrid. A presidenta provincial interveu acompañada polos alcaldes de Barro, Caldas e Pontecesures, Xosé Manuel Abraldes, Juan Manuel Rey e Juan Manuel Vidal, ademais de por o deputado de Turismo Santos Héctor e da concelleira de Turismo do concello da capital, Anabel Gulías.
Silva destacou que nesta edición poténciase o Camiño a Santiago de Compostela pola Costa, un camiño que parte da cidade portuguesa de Porto e que chega a Galicia por Baiona e percorre 15 concellos da costa pontevedresa, entre eles, Barro, Pontevedra, Caldas e Portas, esta ruta se oficializó en 2016 e agora quérese potenciar aproveitando a dimensión que ten FITUR. A presidenta provincial afirmou que se potenciarán as posibilidades da cultura, paisaxes, historia e gastronomía desta ruta incidindo, sobre todo, na importancia do mar, do océano atlántico.
PREME NO ENLACE NOTICIA COMPLETA:
http://pontevedraviva.com/xeral/33632/fitur-teo-cardalda-presentacion-turismo/

Louzán seguirá cobrando 43.935 euros do PP a pesar de que se deu de baixa do partido e será xulgado por suborno
O ex presidente da Deputación e do PP provincial de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, deixou a militancia do partido tras darse a coñecer que sentará no banco dos acusados da Audiencia por un delito continuado de suborno impropio . Con todo, segue cobrando como asesor do PP na Deputación Provincial, un posto de confianza polo que cobra 43.935 euros anuais. Así dá gusto.
Contra la despoblación, literatura

EXITOSA PRESENTACIÓN DO LIBRO “NO ES PAÍS PARA COÑOS
As seis parroquias de Barro gozarán dunha biblioteca itinerante

A Asociación As 13 rosas de Barro presentará este venres o fondo bibliográfico ‘Casares
Quiroga’, un proxecto desta entidade que ten como obxectivo crear unha biblioteca itinerante para levar polas seis parroquias de Barro.
O fondo bibliográfico estará constituído por 1.800 libros, entre eles, obras de ensaio, texto, poesía ou historia. Todos son actuais e de primeira actualidade e foron doados por entidades e editoriais. A asociación promotora destaca que as entidades doantes envorcáronse co proxecto “solidaria e altruistamente” co fin de achegar a cultura ao medio rural.
A Asociación As 13 rosas define este proxecto como unha “cadea de favores” que termina coa opción do acceso á lectura de todos os veciños de Barro, con independencia da súa localización.
O acto de presentación, previsto para as 19.00 horas deste venres 13 no centro cívico Alcalde Castor Castro, contará coa presenza do ex director da UNED en Pontevedra Gerino Calvo e a neta do poeta Celso Emilio Ferreiro.
ESTAS SON AS VOSAS PROPOSTAS,AGORA TOCA ELIXIR UN.
ACCIDENTE EN CURRO
PONTEEMPREGO Nº 205 DE DATA 11/01/2017
O novo centro loxístico de Froiz que dará traballo a máis de 500 persoas estará listo en tres anos

Magín Froiz, director xerente e propietario de Distribucións Froiz, avanzou que o novo centro loxístico da súa cadea de supermercados estará construído no polígono de Barro-Meis en menos de tres anos. Alí traballarán entre 500 e 600 persoas cando o proxecto estea concluído.
Froiz adiantou os seus plans empresariais para os 72.675 metros cadrados adquiridos en Barro-Meis nunha rolda de prensa acompañado da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o deputado, David Regades e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.
MÁIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE :
http://pontevedraviva.com/xeral/33492/centro-logistico-froiz-trabajo-500-personas-barro-meis/

ACCIDENTE XUNTO RESTAURANTE PORTALIÑA
CARRETERA CORTADA ALTURA RESTAURANTE PORTALIÑA







