A Asociación Cultural BAROSA solicita aos veciños de Barro fotos antigas para a Conservación da Memoria Histórica do Pobo.

asociacion-barosa

A Asociación Barosa puxo en marcha unha iniciativa para atopar fotografías antigas dos veciños de Barro, principalmente aquelas instantáneas anteriores aos anos 90.

Esta nova iniciativa ten como obxectivo principal invitar a todos os veciños a participar na recuperación e posta en valor da historia das parroquias.

A través de documentos, fotografías, narracións de experiencias vividas ou historias de épocas pasadas, transmitidas oralmente de xeración en xeración, a asociación anima aos veciños a compartir esas fotografías que se gardan nos caixóns por ter un gran valor sentimental, sen ser conscientes moitas veces que, en realidade, son un ben colectivo.

Os costumes, os oficios, a indumentaria, a evolución dos vehículos ou a transformación urbanística, son o maior reflexo do cambio da sociedade. Momentos que, de non seren captados polo obxectivo dunha cámara, perderíanse no esquecemento.

Este proxecto é o camiño idóneo para que sexan os propios veciños de Barro, a través dos seus recordos, os auténticos protagonistas da recuperación histórica das parroquias do municipio.

As familias conservarán os dereitos sobre as súas fotografías e a asociación, como depositaria do arquivo, velará pola súa conservación e difusión como parte do patrimonio cultural, comprometéndose a non facer un uso lucrativo do fondo e a dedicalo unicamente a fins educativos, de investigación, de estudo e de difusión da memoria colectiva local.

Quen estea interesado en participar, deberá poñerse en contacto no seguinte número de teléfono 676 444 708, onde lles informarán dos trámites a seguir e onde acudir coas imaxes antigas para dixitalizar, devolvéndoas no acto aos seus donos.

Así mesmo, aqueles veciños que viven fóra do concello ou que xa teñan as fotografías en formato dixital, poden enviar as súas imaxes a través do correo electrónico: fotosdebarro@gmail.com

https://asociacionculturalbarosa.wordpress.com/2017/02/02/a-asociacion-cultural-barosa-solicita-aos-vecinos-de-barro-fotos-antigas-para-a-conservacion-da-memoria-historica-do-pobo/

imagen-9

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s