O concello de Barro aproba o orzamentodo 2024

#Orzamentos2024. O concello de #Barro aproba o orzamento que ascende en gastos e en ingresos a cantidade de: 2.944.400,00 €
ℹ️ Consulta o estado de gastos e ingresos  distribuído por capítulos
 BOP https://acortar.link/zJQ1ed

Televisión de Galicia busca alumnos de entre 2º e 4º da ESO para participar no concurso “Tal Semente” presentado por Esther Estévez do “Digocho Eu” 

“Tal Semente” é un concurso cultural coa dinámica de preguntas e repostas para xogar en parella, entre un adulto e un mozo de entre 2º e 4º da ESO cunha relación de parentesco entre eles. Un emocionante concurso que promove a aprendizaxe en familia e a diversión mentres se pon á proba o coñecemento nunha variedade de temas: ciencias, sociais, lingua… O nivel das preguntas están adaptadas aos rapaces e aos temarios que dan en clase.

No xogo compiten tres párellas que irán acumulando puntos ao longo do programa.  Haberá premios en metálico para as dúas parellas con máis puntos en cada programa. 200€ para a primeira parella gañadora e 100€ para a segunda. De bote serán 200€ cada programa.

Como participar? 

Moi sinxelo!! Enviade a través do WhatsApp (do adulto) un vídeo de presentación dun minuto aproximadamente, onde cada un presente ao outro contándonos porqué queredes participar. Ademáis tedes que falar da relación que vos une, indicar as vosas idades, de onde sodes…, as vosas afeccións, que asignatura é a preferida dun e doutro, algún chiste… 

Para rexistrarvos ou obter máis información, contactade connosco por whatsapp no número 682 183 407 ou no enderezo electrónico tal.semente@crtvg.gal

Deixámosvos unha ligazon do programa para que lle poidades botar un ollo: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/tal-semente-16-6332555

Esperámosvos con ansias para este desafío cheo de diversión e aprendizaxe!

Convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Barro que terá lugar o 4 de xaneiro de 2024 ás 20:00 horas.

X CAMPIONATO INTERPARROQUIAL

Festa na honra a San Sebastián. Perdecanay

PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO.

A DGT reparte 400 chalecos reflectores dentro dun plan especial de prevención de atropelos

Amizade reclama melloras na accesibilidade ao Parque Natural Río Barosa

Febre polo BTT en Barro

Abraldes: “Barro é un Concello con débeda cero e podemos permitirnos seguir conxelando taxas e impostos”

SAÍDA DA I BTT CAMIÑOS DE BARRO

PROGRAMACIÓN DE NADAL. BARRO

VOLUNTARIADO BTT

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA ORDINARIA DA C.M.V.M.C. DE PORTELA 16/12/2023

RECONOCIMIENTO I BBT CAMIÑOS DE BARRO