RESULTADOS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE GALICIA NO CONCELLO DE BARRO

ENTROIDO NO CONCELLO DE BARRO

ENTROIDO NO CONCELLO DE BARRO

CIRCO FESTIVAL INFANTIL

Anuncio resolución do proceso de seleción dun traballador, persoal laboral temporal, como CONDUTOR DE CAMIÓN do 15 de febreiro ao 31 de decembro de 2024.

RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOSDA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL FIXO, DA PRAZA DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Programa do entroido de Barro 2024

Programa do entroido de Barro 2024

CARTEIRA ATOPADA EN BARRO

Recollida de pilas, baterías e acumuladores no IES de Barro

Convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Barro para o 24 de xaneiro de 2024 ás 20:00 horas.

EXPOSICIÓN COLECTIVA “XUVENTUDE ILUSTRADA”

CABALGATA DE REIS EN BARRO

I BTT camiños de Barro

III FESTA DO COCIDO DE BARRO

O concello de Barro aproba o orzamentodo 2024

#Orzamentos2024. O concello de #Barro aproba o orzamento que ascende en gastos e en ingresos a cantidade de: 2.944.400,00 €
ℹ️ Consulta o estado de gastos e ingresos  distribuído por capítulos
 BOP https://acortar.link/zJQ1ed

Televisión de Galicia busca alumnos de entre 2º e 4º da ESO para participar no concurso “Tal Semente” presentado por Esther Estévez do “Digocho Eu” 

“Tal Semente” é un concurso cultural coa dinámica de preguntas e repostas para xogar en parella, entre un adulto e un mozo de entre 2º e 4º da ESO cunha relación de parentesco entre eles. Un emocionante concurso que promove a aprendizaxe en familia e a diversión mentres se pon á proba o coñecemento nunha variedade de temas: ciencias, sociais, lingua… O nivel das preguntas están adaptadas aos rapaces e aos temarios que dan en clase.

No xogo compiten tres párellas que irán acumulando puntos ao longo do programa.  Haberá premios en metálico para as dúas parellas con máis puntos en cada programa. 200€ para a primeira parella gañadora e 100€ para a segunda. De bote serán 200€ cada programa.

Como participar? 

Moi sinxelo!! Enviade a través do WhatsApp (do adulto) un vídeo de presentación dun minuto aproximadamente, onde cada un presente ao outro contándonos porqué queredes participar. Ademáis tedes que falar da relación que vos une, indicar as vosas idades, de onde sodes…, as vosas afeccións, que asignatura é a preferida dun e doutro, algún chiste… 

Para rexistrarvos ou obter máis información, contactade connosco por whatsapp no número 682 183 407 ou no enderezo electrónico tal.semente@crtvg.gal

Deixámosvos unha ligazon do programa para que lle poidades botar un ollo: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/tal-semente-16-6332555

Esperámosvos con ansias para este desafío cheo de diversión e aprendizaxe!