Ferido un traballador en Curro ao ceder o tellado que arranxaba

_20170429_103217

CONCERTO DE ANA ANGUEIRA NO MESON A EIRA

ANA ANGUEIRA

Espazo de Lecer Verán 2017

FB_IMG_1493320584740

OFERTAS DE EMPREGO E AXUDAS

PONTEEMPREGOponteemprego EMPREGO PÚBLICOEMPLEO PUBLICO AMIGOS GALICIAamigos de galicia
OFERTAS SANXENXOsanxenxo AXUDAS CAMPO LAMEIROAXUDAS EMPREGO GALICIASERVICIO PUBLICO

 

 

AMPLIACIÓN DE VIAIS NA FONTE DE CURRO

concello barro curro

II XORNADAS BARRO C.F.

xornadas futbol barro

A innovación, eixo das dúas novas empresas que aterran no polígono de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis terá dous novos moradores. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinaron este martes os contratos de cesión de espazos para a instalación de dúas novas iniciativas empresariais.

Os dous novos proxectos pasarán a ocupar un total de tres naves, cunha extensión total de máis de 250 metros cadrados, e Carmela Silva destaca o “carácter innovador” das iniciativas e a importancia de que existan persoas emprendedoras con estas aptitudes, pois “repercuten na mellora da economía local e de toda a nosa provincia, á vez que nos axudan a poñernos no punto de mira da innovación, da vangarda e da modernidade”.

Un dos proxectos é Top Look Auto, unha iniciativa dedicada á restauración estética e á recuperación de vehículos, que ocupará unha nave de 80,70 metros cadrados. O outro é o da empresa Piscaretes, que ocupará dúas naves do viveiro de empresas de 96,35 e 80,70 metros cadrados para levar a cabo o seu proxecto de captura, explotación, procesado e comercialización de diferentes produtos invertebrados do mar.

O alcalde Barro destacou que o viveiro de empresas de Barro-Meis está practicamente cheo, algo que quere dicir que “é un bo proxecto e que ten unhas condicións axeitadas para o seu desenvolvemento”. Ademais, insistiu en que é unha aposta estratéxica de futuro para xerar economía e é moi importante darlles oportunidades á xente nova.

http://pontevedraviva.com/xeral/36154/carmela-silva-asina-cesion-dous-novos-proxectos-sviveiro-empresas-barro-meis/

diputacion de pontevedra abraldes carmela

 

Exposición de Pontevedra a Río 2016

Mañá 26 de abril inauguración da exposición De Pontevedra a Río 2016 ás 20:30 h. na sala de exposicións do Concello.

FB_IMG_1493155687800

Unha profesora das que deixan pegada que se vai demasiado pronto

A tristeza facíase notar onte no instituto Vale-Inclán de Pontevedra e o IES de Barro. O falecemento de Toñi Martínez Cedeira, que actualmente daba clases no citado centro pontevedrés pero que estivo moitos anos como docente en Barro, deixou mudos a profesores e alumnos. No Val-Inclán, apenas compartiron con ela un trimestre, xa que logo causou baixa pola enfermidade contra a que acabou perdendo a batalla. Aínda así, fontes da dirección destacaban o seu bo carácter. En Barro, onde a profesora chegou no 2003 e onde deu clases a xeracións e xeracións, dicían que Toñi era unha desas profesoras que deixan pegada, tanto pola súa forma de ensinar matemáticas como polo carácter alegre e amable. De feito, varios exalumnos chamaron ao centro para preguntar si era ela a que falecera, coa esperanza de que non fose así. Porque Toñi, por cuxo descanso se oficiará hoxe un funeral en Santa María A Maior, vaise demasiado pronto. Tiña só 51 anos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/04/21/profesora-dejan-huella-va-pronto/0003_201704P21C6992.htm

F20A7009

A Lama súmase á mancomunidade Terras de Pontevedra e Barro estuda volver

Crece a mancomunidade Terras de Pontevedra. A Lama forma parte xa deste organismo que traballa para poñer en valor, mellorar e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos, a partir de agora, oito municipios que a integran.

Anabel Gulías explicou que a mancomunidade se amplía tamén grazas á fusión entre Cerdedo e Cotobade, ao incorporar todo o territorio do primeiro destes dous municipios. Ademais, Barro -que a abandonou hai anos- estuda agora volver integrarse nela.

Xunto con estes cambios, a xunta directiva acordou traballar para duplicar o orzamento de Terras de Pontevedra que, o pasado ano, tivo un orzamento de 102.915 euros.

As achegas económicas fanse de forma proporcional entre os concellos que a forman: Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Campo Lameiro, Cotobade-Cerdedo, A Lama e Vilaboa.

Ademais, os concellos aprobaron a renovación do convenio coa Xunta, ao entender que a colaboración entre institucións debe ser un dos eixos centrais da súa actuación para poder vender turisticamente todo o seu ámbito de actuación dunha forma conxunta.

A edil do BNG explicou que sería un “erro garrafal” que cada concello se “venda” por si mesmo e apostou por “reforzar alianzas” para situar a comarca como destino turístico.

http://pontevedraviva.com/xeral/36079/a-lama-se-suma-mancomunidad-terras-pontevedra-barro-estudia-volver/

55ddb79983-201508026-patxot-reunion-mancomunidad-terras-pontevedra-033

SESIÓN DE CONTACONTOS

FB_IMG_1492690777996

CONCERTO FAMILIAR MUSICOLANDIA

banda

INAUGURACIÓN DA CASA DO LIBRO DE VALIÑAS

Casa do Libro de Valiñas

Presentación do libro “ARCOS MOLDES mestre sen escola”

O domingo 23, ás 12 da mañán, vaise presentar na Cultural de Curro o libro sobre José Arcos Moldes (Outeda,Curro 1865 – Rianxo 1944), escrito por Xosé  Comoxo e Xesús Santos.

José Arcos Moldes, que naceu en Outeda, fillo de Jerónimo Arcos Outeda, e de Soledad Moldes Falcón, de Bretoña, trasládouse a Rianxo de neno, con toda a familia, a herdar os bens dun tío avó en 1871.
No Rianxo de finais de século XIX e principios do XX, tivo un papel fundamental, no eido da promoción cultural, asociativa, e no ensino.
Foi director da revista “El Barbero Municipal”, primeira na que Castelao comeza a publicar, e foi tamén promotor, director, e letrista, de comparsas do entroido Rianxeiro.
Firme defensor da cultura, como xerme de progreso, e loitador contra o caciquismo.

_20170416_235416

FB_IMG_1492437367416

OS NENOS DE BARRO GOZAN DUNHA “PASCUA CON SARDIÑAS”

_20170416_232850

_20170416_233103

_20170416_152139