O PP pide á Deputación que desenvolva a segunda fase do polígono de Barro-Meis

O Partido Popular pediu ao goberno provincial que a Deputación comece xa cos trámites para a segunda fase do polígono de Barro-Meis.

A voceira do grupo provincial do PP sinalou que a ocupación das parcelas “avanza moi rápido”, polo que entenden que “faise imprescindible unha segunda fase”. “A comarca o necesita e a Deputación ten que ver cara o futuro”, subliñou.

Nidia Arévalo lembrou que o actual polígono “non se conseguiu en dous días”, xa que “hai moito traballo e moita xestión detrás”, polo que insistiu en que “se queremos seguir ofrecendo terreo ás empresas cando esta primeira fase do polígono estea completa, hai que traballar desde xa”.

Nunha visita ao polígono, Nidia Arévalo a deputada Luisa Piñeiro e ao voceiro do PP de Barro, Jose Antonio Landín, puxeron este martes como exemplo da xestión dos gobernos do Partido Popular na Deputacióno “éxito” de Barro-Meis, cuxo grao de ventas supera xa o 50% e, no caso do viveiro de empresas, a ocupación está no 70%.

Sen embargo, Nidia Arévalo amosou a súa “preocupación” porque o bipartito da Deputación de Pontevedra “non está facendo os seus deberes”. Criticou que “non só hai que recoller os froitos do traballo herdado e vivir das rendas que deixou o goberno do PP, hai que ter previsión”.

Ademais, lamentou que “moitos dos que hoxe presumen deste polígono, naquel momento amosaron as súas dúbidas e posición. Pero hoxe ninguén pode cuestionar o seu éxito”. Tamén sobre isto se referiu o voceiro do PP de Barro, Jose Antonio Landín, que lamentou que “cinco anos estivo este proxecto no xulgado, auspiciado indirectamente por quenes hoxe se fan fotos nel”. Ademais, pediu iniciativas aos gobernos da Deputación e do Concello de Barro. “Non só é parar proxectos, limpar algunhas herbas e festas, hai que apostar por grandes iniciativas”, engadiu.

Por último, a deputada Luisa Piñeiro dixo que “hoxe é impensable que a Deputación de Pontevedra, con este bipartito, sexa capaz de poñer en marcha un proxecto como este”. A popular comparou “a xestión do Partido Popular e a aposta importante que fixo con este proxecto, coa paralización á que nos ten acostumados o bipartito provincial”.

http://pontevedraviva.com/xeral/36525/pp-pide-deputacion-segunda-fase-poligono-barro-meis/

5911eeb727-5911d8e84c-img_20170509_104828

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s