O Concello de Barro conmemora por primeira vez con actividades o Dia do Orgullo LGTBIQ+, enmarcada na campaña “Barro con orgullo/orgullo de Barro”
En concreto, son dous actos conmemorativos organizados dende. Concellería de Igualdade que dirixe a socialista Lia Rodríguez para visibilizar entre a veciñanza o dereito a amar en libertade.
Así, hoxe xoves día 27 ás 20:30h, no salón de actos da Biblioteca muncipal, procederase ao pintado do primero banco arcoiris municipal que represente a igualdade, liberdade e os dereitos do colectivo LGTBIQ+.
A actividade realízarase coa participación de persoas voluntarias que queiran colaborar na iniciativa.
Posteriormente, o venres 28, ás 12 horas procederase a colocación do banco xá rematado enfronte á Praza do viño, na rúa San Antoniño, e á lectura do manifesto.
A campaña “Barro con orgullo/orgullo de Barro” que comenzou co engalanado dos balcóns da Casa Consistorial, “constitúe unha reivindicación necesaria que escenifica un paso máis na igualdade, modernidade e prosperidade do municipio”, indica a Concelleira de Igualdade Lía Rodríguez.
Paralelamente, o Tenente de Alcalde José Sanmartín anuncia que o grupo socialista de goberno, a través da Concellería de Igualdade, está impulsando a elaboración do Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, xa adxudicado, e do Plan de Igualdade Laboral, en colaboración coa área de persoal.
“Para nos é de espcial importancia poñer en marcha estas medidas co fin de xenerar políticas de igualdade neste concello”, sinala Sanmartín.























