O vindeiro 27 de setembro a Real Academia Galega realizará un acto para falar sobre a nosa toponímia e a súa recuperación. Será ás 20 horas no edificio do Concello de Barro.

O vindeiro 27 de setembro a Real Academia Galega realizará un acto para falar sobre a nosa toponímia e a súa recuperación. Será ás 20 horas no edificio do Concello de Barro.


TEATRO
A UTÓPICA RODANTE. “De Vilatriste a Vilalegre”
Este venres 6 de setembro ás 20:30, no Pazo da Crega poderedes desfrutar dunha divertida peza de títeres a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro ata o Concello de Barro.
Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

XOVES AO CLAREO.
CONCELLO DE BARRO.
O xoves 29 de agosto chega a CULTURA URBANA ao Concello de Barro, co programa #FalaRedes de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Das 20:00 ás 23:00 teremos obradoiros de Breakdance, Stencil e Rap 💙💙
📅 Data: Xoves de 29 agosto
📍 Lugar: Pazo da Crega.
🎉 Dirixido a: Mozos e público en xeral
ACTIVIDADES:
💙Breakdance
🧡Stencil
💚Rap
📞 PODES RESERVAR A TÚA PRAZA no 690722812 (horario de 9:00 a 15:00)
Tamén podes inscribirte a partir das 20:00 no mesmo Pazo da Crega.
🌐 http://www.barro.gal
Organiza: Concello de Barro e OMIX Barro



🥳 QUE FACER O XOVES 22 AGOSTO EN BARRO.
Xoves ao Clareo 2024! 🌟
MURALISMO
📞 PODES RESERVAR A TÚA PRAZA no 678 415 501 ou 685 203 756.
Tamén podes inscribirte a partir das 19:00 no mesmo LUGAR DE REALIZACIÓN DO MURAL
📍 Podedes vir sos ou en grupo.
Para máis información, segue as nosas redes sociais e mantente ao tanto de todas as novidades.
Organiza: Concello de Barro e OMIX Barro
¡Esperámoste! 🌞








O Concello de Barro conmemora por primeira vez con actividades o Dia do Orgullo LGTBIQ+, enmarcada na campaña “Barro con orgullo/orgullo de Barro”
En concreto, son dous actos conmemorativos organizados dende. Concellería de Igualdade que dirixe a socialista Lia Rodríguez para visibilizar entre a veciñanza o dereito a amar en libertade.
Así, hoxe xoves día 27 ás 20:30h, no salón de actos da Biblioteca muncipal, procederase ao pintado do primero banco arcoiris municipal que represente a igualdade, liberdade e os dereitos do colectivo LGTBIQ+.
A actividade realízarase coa participación de persoas voluntarias que queiran colaborar na iniciativa.
Posteriormente, o venres 28, ás 12 horas procederase a colocación do banco xá rematado enfronte á Praza do viño, na rúa San Antoniño, e á lectura do manifesto.
A campaña “Barro con orgullo/orgullo de Barro” que comenzou co engalanado dos balcóns da Casa Consistorial, “constitúe unha reivindicación necesaria que escenifica un paso máis na igualdade, modernidade e prosperidade do municipio”, indica a Concelleira de Igualdade Lía Rodríguez.
Paralelamente, o Tenente de Alcalde José Sanmartín anuncia que o grupo socialista de goberno, a través da Concellería de Igualdade, está impulsando a elaboración do Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, xa adxudicado, e do Plan de Igualdade Laboral, en colaboración coa área de persoal.
“Para nos é de espcial importancia poñer en marcha estas medidas co fin de xenerar políticas de igualdade neste concello”, sinala Sanmartín.


