Primer aniversario del Señor Don José Sabarís Abal (Fundador Casa Florita)

CONCURSO DE FILLOAS E ORELLAS

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA 15/02/2026 – CMVMC DE PORTELA

ANUNCIO DE PLENO

ANUNCIO DO RESULTADO DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN PÉON DO TRANSPORTE AOABEIRO DO PROGRAMA DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA2026 (LIÑA 3).

XORNADA SOBRE A DEFENSA DO MONTE VECIÑAL

A Asociación UMIA VIVO convoca unha visita guiada o monte de Barro como un espazo que comparte usos forestais con patrimonio cultural  e pisaxe singulares, e un evento no que se presentará unha guía didáctica sobre o monte veciñal como unha ferramenta para a concienciación sobre a importancia cultural y económica do modelo de propiedade xermanica elaborada polo INGATECO (Instituto Galego das Terras Comunitarias) que se completara con  un relato sobre a defensa do monte comunal protagonizada na historia de Galicia por veciños de diferentes parroquias do país frente a proxectos de apropiación do monte ou de implantación de usos incumpatibles con un un uso histórico e sustentable.

Un caso de loita veciñal frente a forestación imposta polo Patrimonio Forestal  do Estado aconteceu durante o franquismo na parroquia de Eiron concello de Mazaricos no ano 1963 co resultado de un veciño morto por disparos da garda civil, dous feridos graves e o encarcelamanto de varios veciños, feito que por acordo da Organización glega de Comunidades de Montes e posta en marcha polo INGATECO en 2022 se ven organizando anualmente no concello de Mazaricos e que chegará o 24 de xaneiro de 2026 a sua V edición.

ORGANIZACIÓN:

Organiza a asociación UMIA VIVO  coa colaboración do INGATECO (Instituto Galego das Terras Comunitarias) e da Deputación Provincial de Pontevedra 

PROGRAMACION: 

27.12.2025 VISITA O PATRIMONIO CULTURAL DO MONTE DA PARROQUIA DE BARRO.  Con saida as 11:00 h dende o aparcadoiro do Bar Breixo en Porrans.

29.12.2025 as 19:30 h  no local da Xunta de Montes da parroquia da Portela PRESENTACION DA GUIA DIDACTICA SOBRE O MONTE E CONVOCATORIA DO DIA DA VECIÑANZA COMUNEIRA como feito histórico de loita veciñal incorporado o rexistro da Memoria Democrática   

RELACIÓN DE PERSOAS ASPIRANTES QUE SUPERARON O SEGUNDO EXERCICIO DOPROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DEADMINISTRATIVO/A, PERTENCENTE Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, QUENDA LIBRE E PROPOSTA DE NOMEAMENTO.

BASES SELECCIÓN POSTO GRAO EN TRABALLO SOCIAL – PROXECTO“MAIS EMPREGA NOS CONCELLOS 2025” PARA FINANCIAR CONTRATOSFORMATIVOS.

MAGOSTO POPULAR

O BARRO CF CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A IX RAXOFESTA E REÚNE A 400 DEPORTISTAS NO TORNEO SAN BREIXO

A festa gastronómica do Barro CF ofrecerá baixo carpa no campo de Outeiro diversas variedades de raxo a prezos de 4 a 8 euros

Barro, 24 de setembro de 2025.
O campo de fútbol de Outeiro, en Barro, acolle esta fin de semana unha doble cita gastronómica e deportiva, organizada, en ambos casos, polo Barro C.F.

Por unha banda, o sábado 27 celébrase a VIII edición da RaxoFesta, o evento gastronómico do Barro CF que, un ano máis, terá o seu espazo baixo carpa na contorna do campo de fútbol de Outeiro co fin de recadar fondos para o club.

Así, segundo explica o presidente do Barro CF, José Sanmartín, a RaxoFesta 2025 celebrarase nunha carpa que permanecerá instalada durante toda a xornada do sábado na entrada do campo de fútbol para ofrecer degustacións de raxo en catro variedades de elaboración propia: en empanada, en bocata, con patacas e á pementa.

Todas as racións terán prezos populares de entre 4 e 8 euros e os horarios de apertura da carpa serán de 13h a 16h e de 20h a 00h.
A sesión vespertina estará amenizada coa música dun DJ.

Paralelamente, ao longo do sábado e o domingo celebrarase, tamén no campo de Outeiro, o Torneo San Breixo nas categorías de benxamín, alevín e un cuadrangular prebenxamin.

Competirán preto de 400 deportistas de vintecatro clubes da provincia, entre eles o Pontevedra, o Porteiro 2000, o Caldas, o Cuntis, o Catoira, o Pontearnelas, o Portas, o Mosteiro e, por suposto, o anfitrión o Barro CF.

O presidente do Barro CF, José Sanmartín, en nome da directiva, anima á veciñanza a asistir a ambas citas e agradece a colaboración das empresas e entidades que fan posible esta iniciativa coas súas aportacións en materiais, loxística ou productos.

XIV FESTA DA XUVENTUDE

Véndese uva caíña tinta no concello de Barro.

 Prezo a convir. 

Interesados chamar ao 652 803356

Véndese uva caíña tinta no concello de Barro.

 Prezo a convir. 

Interesados chamar ao 652 803356

BOPPO Núm. 175 do 15/09/2025 Lista definitiva de admitidos e excluidos e data e hora do 1º exercicio Auxiliar Administrativo no Concello de Barro

TAEKWONDO GRATUÍTO NO CONCELLO DE BARRO

Actividade da Deputación de Pontevedra en colaboración coas federacións de deporte, que se vai a realizar no Concello de Barro.

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN: busca o formulario e inscríbete
https://www.depo.gal/-/o-noso-club

TAEKWONDO EN BARRO.
🥋1º grupo
DE 16 A 17H DE 4 A 10 ANOS
🥋 2º grupo
DE 17 A 18H DE 11 A 16 ANOS

Veciños do Briadoiro reclaman a restitución dunha fonte pública.

A Portela (Barro) – Os veciños e veciñas do lugar do Briadoiro, na
parroquia da Portela, veñen de dirixirse ao Concello para esixir a restitución do servizo de auga da Fonte dos Ceos e do coñecido “Picho”, logo de máis de dous anos de sufrir unha sabotaxe.

A Fonte dos Ceos e o Picho non só representan un servizo básico para a veciñanza, senón que forman parte do patrimonio histórico e etnográfico do
Briadoiro. O Picho, en concreto, está estreitamente ligado aos antigos muíños fariñeiros da zona, e constitúe un elemento emblemático cunha antigüidade estimada de máis de douscentos anos.
“Non é só unha cuestión de comodidade ou de uso diario. Estamos a falar dun ben común, dunha parte da nosa historia, que foi destruída sen
consideración ningunha”, explican os veciños.
A comunidade reclama que o Concello actúe con dilixencia para restablecer o servizo de auga canto antes, tomando as medidas legais oportunas.
A situación ten xerado un fondo malestar entre os habitantes do Briadoiro, que ven con impotencia como o abandono e a desprotección institucional
ameazan tanto o seu benestar como o seu legado cultural.
Veciños do Briadorio.