Roberto Rivas é un dos membros do consello reitor e cooperativista de
Moraima, un dos viños máis novos no panorama da D. O Rías Baixas que recentemente acadou a medalla de ouro no certame internacional na Catavinum World Wine & Spirits Competition 201 e unha de prata coa súa segunda marca.
Cal é a sensación con esta dobre medalla?
Moi boa. Os cooperativistas estamos moi satisfeitos e contentos con este resultado nunha das primeiras veces que competimos. De feito, é a primeira na que levamos a nosa segunda marca Aba de Tasumia.
Fixérono coa colleita de 2011, pero levan varios anos xa no mercado. Por que en 2012?
Foi un cambio na política da empresa. Antes tiñamos por norma non presentarnos a concursos, pero agora estamos probando a facelo, con bo resultado, polo que se ve.
Foi un éxito difícil?
Non sabería dicilo. Compiten moitos viños de todo o mundo, cóntanse por centos, pero o certo é que cando saes a escea con un albariño levas certa vantaxe, porque estes viños son un cañón. Para nós é un honor e unha sorte, sobre todo por poder complementar o ouro de Moraima con unha prata para a nova marca.




