O pleno da corporación aproba a mellora do campo de fútbol

la voz de galicia

A corporación de Barro na ultima sesión plenaria ordinaria na que se decidiu a modificación do proxecto do campo de fútbol para executar melloras no equipamento. Ademais de aprobar a conta xeral, o goberno local sacou adiante outras dúas mocións. Unha en rexeitamento do copago no centro ocupacional de Saiar e outra para solicitar o mantemento da consulta de pediatría durante os meses de verán.

A modificación do proxecto do campo de fútbol era necesaria para poder conectar a infraestrutura á rede eléctrica. Ademais, a colocación da cuberta da bancada estaba pendente da instalación dunhas ancoraxes adecuadas. Tras recibir o crédito necesario e coa aprobación destes cambios, a obra poderá dar comezo nos próximos días e o custo roldará os 14.000 euros.

Unha iniciativa do goberno local é elevar a Sanidade unha moción na que se solicita a reposición durante os meses de verán da consulta de pediatría no centro de saúde. Coas vacacións do médico titular, os usuarios quedan sen consulta do pediatra durante os meses de verán. Unha situación que incomoda aos veciños.

Tamén quixo sumarse a corporación ao movemento encabezado polo concello de Caldas para evitar a implantación do copago no centro ocupacional de Saiar, unha medida que afecta a usuarios de Barro.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/caldas-de-reis/2015/07/31/pleno-barro-aprueba-mejora-campo-futbol/0003_201507P31C8991.htm

campofutbol OUTEIRO_800

O concello de Barro reclámalle ao Sergas o mantemento do servizo de pediatría ao longo do verán.

NOTA PEDIATRA.PDF

NOTA PEDIATRA

CONVOCATORIA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN

pleno barro.pdf

pleno concello de barro

«O orzamento está esgotado, para un imprevisto non hai»

a voz

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), cualifica de histórico o cambio de goberno en Barro e na Deputación e espera crear emprego explotando o sector agrícola e potenciando o polígono industrial.

-Despois de 32 anos co PP, logrouse o obxectivo do cambio.

-Era algo moi ansiado por unha porcentaxe importante de veciños e por fin conseguiuse. Foi unha conmoción social para todos.

-¿Foi fácil chegar a un acordo co PSOE?

-Foi fácil porque se houbera unha alternancia política habitual, igual habería que falar máis. Pero era a ocasión, non se podía perder. Os veciños de Barro non nos perdoarían que non asumiramos ese reto de facer un goberno alternativo e facer o cambio que demandaban.

-¿Como foi o traspaso de poderes?

-Poñémonos ao día grazas á colaboración e apoio dos funcionarios porque co alcalde saínte non houbo nin unha mínima palabra.

-¿Como se presentan os próximos catro anos?

-Un reto moi ilusionante. Todo o mundo ten moita expectativa posta no novo goberno. Imos contar co apoio de moitísima xente. Coa implicación de colectivos e veciños poden ser catro anos moi produtivos. Sabemos das limitacións económicas e o que fai falta é moita imaxinación, colaboración e sobre todo priorizar moito onde se vai gastar, iso é o fundamental.

-Despois de organizar a Feira do Viño, ¿en que traballa agora o goberno?

-Na comunicación con toda a colectividade social e en empezar a deseñar cal vai ser o noso orzamento de cara ao ano que vén. Porque este ano está todo esgotado. Para un imprevisto gordo xa non hai, se pasa algo grave non tes a que botar man.

-¿Serán moi diferentes os orzamentos de Abraldes dos de Landín?

-Queremos que sexan participativos. Logo intentaremos darlle un carácter máis social, no momento en que vivimos temos que facer cousas que poda desfrutar todo o mundo por igual. Logo nos investimentos en obras intentaremos priorizar o máis urxente. Haberá investimentos que non sexan para 2016 senón que serán planificados para o longo dos próximos catro anos.

-¿Pasará o mercadillo a mans do Concello?

-Se non cumpren o convenio ou no momento en que remate o convenio analizaremos a posibilidade de xestión municipal. Quédanlle dous ou tres anos. Nós non imos rompelo porque si.

-Potenciará a creación de cooperativas agrícolas, pero ¿poderán vender no mercadillo?

-Nós xa propuxemos que as persoas de Barro que tiveran a posibilidade legal de ter postos no mercadillo, que o fixeran. Temos que ver se os proxectos agrícolas encaixan ou se hai que crear outros mecanismos de venda. O importante sería crear unha cooperativa agrícola que puidera non só vender en Barro, senón canalizar a venda de cara a fora.

-¿Como se creará emprego?

-Sacándolle máis proveito aos recursos agrarios e queremos ter un directorio de todos os profesionais do concello. Ademais imos facilitar o asentamento de empresas no polígono.

-¿Que opina do cambio na Deputación de Pontevedra?

-É outro cambio histórico. A ver se a Deputación deixa de ser ese ente onde ías a mendigar e a ver se eras capaz de conseguir un pouquiño máis para o teu concello a través de influencias.

Xosé manuel fernández abraldes alcalde de barro

«Chegar a un acordo foi fácil porque era a ocasión, non se podía perder»

«O cambio na Deputación é histórico. A ver se deixa de ser ese ente onde ías mendigar»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/07/26/orzamento-esgotado-imprevisto-non-hai/0003_201507P26C8991.htm

abraldes

O goberno local busca unha nova vida para os edificios públicos en desuso

a voz

A falta de actividade e desuso na que están sumidos algúns dos edificios municipais do concello de Barro está a piques de tocar ao seu fin. O novo goberno ten o obxectivo de aproveitar ao máximo os recursos do concello e xa está planeada a recuperación de inmobles como a escola taller ou o vello consistorio, para os que están proxectados novos usos de carácter social e cultural.

O primeiro dos edificios que recobrará unha actividade habitual relacionada coa música, a cultura e o folclore será o local da escola taller, un dos edificios máis amplos dos que dispón o Concello. Ata o momento, este inmoble estaba a servir como almacén de maquinaria e, eventualmente, acollía algún ensaio de agrupacións folclóricas, que solicitaban usar estas instalacións cando non dispuñan doutro lugar máis adecuado.

Operarios do concello traballan xa nestas dependencias para despexar a planta baixa do edificio e acondicionala da mellor forma posible para convertela en pouco tempo no lugar de ensaio permanente para as agrupacións culturais do municipio como a Banda de Música Municipal ou o grupo de danza Amor Ruibal. «Queremos que este local quede a disposición destes grupos culturais», afirma o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG).

Outros inmobles que o concello espera reconverter proximamente son algunhas das escolas unitarias pechadas ou o antigo consistorio, que está deshabitado desde o traslado do goberno ao novo concello en marzo. Instalar na vella casa consistorial unha estafeta de correos era unha das metas pretendidas polo anterior executivo. Con todo, este edificio necesita un importante investimento para reformalo, polo que aínda non se prevén cambios a curto prazo.
concello de barro

O alcalde de Barro solicita a Educación a ampliación do colexio Amor Ruibal

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, está a xestionar a ampliación dos terreos do recintoabraldes do colexio Amor Ruibal. A ampliación do espacio escolar do CEIP é unha vella demanda da comunidade educativa, xa queos 2.200 metros cadrados que ocupa actualmente son “claramente insuficientes”para as necesidades dos nenos.

O planeamento urbanísitco en vigor non deixou previsto terreos para a ampliación, polo que o goberno municipal actual mantivo xa conversas cos propietarios dunha parcela anexa ao recinto(600 metros cuadrados), que “mostraron a súa total disposición a chegar un acordo”, segundo informou o rexedor.

Con este compromiso, o alcalde mantivo unha reunión co xefe territorial de Educación para informalo desta posibilidade e coñecer os trámites administrativos necesarios para ceder estes terreos á consellería, “para que a ampliación sexa unha realidade no vindeiro curso escolar”.

Nesta mesma entrevista, Xosé Manuel Fernández Abraldes fíxolle ver a necesidade de ampliar ceip amor ruibalo comedor escolar, que está “ao límite das súas posibilidades”. De feito esta foi unha demanda da ANPA e a dirección do centro nunha reunión previa mantida co alcalde. Con esta ampliación poderíase aumentar o número de familias que usen o servizo de comedor.

Pola súa banda o xefe territorial da Consellería de Educación comprometeuse a que a unidade técnica visitará en breve o colexio para coñecer as pequenas obras precisas para acondicionar a ampliación do patio, así como as necesarias para a ampliación do comedor escolar.

http://pontevedraviva.com/xeral/21620/alcalde-barro-solicita-educacion-ampliacion-colegio-amor-ruibal/

COMUNICADO DO CONCELLO DE BARRO

cortes de agua en barro

Desbloquean o proxecto do centro loxístico de Froiz para o polígono de Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Concello de Barro celebrou este venres un pleno extraordinario no que se aprobou a modificiación puntual da formulación do polígono industrial de Barro-Meis, quesituaba un aparcadoiro no medio dos dous terreos destinados ao centro loxístico de Froiz, que dará traballo a unhas 500 persoas.

A actuación do Concello tivo que esperar a que a Xunta dese luz verde ao informe estratéxico permitindo recolocar as parcelas de aparcadoiro e uso industrial.

A nova situación da zona de estacionamento para a frota de camións de Froiz tamén permitirá unha mellor accesibilidade e funcionalidade ao encontrarse nun vial principal de distribución do tráfico.

O propio alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, deu conta da importancia deste trámite para desbloquear os plans da empresa e que poida poñer en marcha canto antes o seu ambicioso centro loxístico para abastecer á súa cadea de supermercados.

Segundo os plans avanzados polo empresario Maxín Froiz, a súa empresa comprou 16 parcelas para construír varias naves, un comedor e gardaría para os empregados.

A dimensión deste proxecto levou aDeputación a licitar a construción dunha estación depuradora, por 1,2 millóns de euros, para atender ás novas necesidades deste centro operativo.

Agora a empresa Froiz xa poderá tramitar as licenzas de obra.

http://pontevedraviva.com/xeral/21508/desbloquean-proyecto-centro-logistico-froiz-poligono-barro-meis/

froiz barro

Entrevista no programa Pleno Aberto ao Alcalde de Barro Xosé M. Fernández Abraldes

PLENO EXTRAORDINARIO

pleno en barro

O ALCALDE DE BARRO DEMANDA AO MINISTERIO DE FOMENTO A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA N-550 AO SEU PASO POLO SAN ANTONIÑO

nota de prensa concello de barroO alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mantivo unha reunión co xefe provincial da Demarcación de Estradas do ministerio de Fomento PARA analizar a situación na que se atopa o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo urbano do San Antoniño e o cruce coa rúa Areal.

Na reunión volveuse a pór de manifesto a perigosidade deste cruce, acadándose o compromiso de que, á maior brevidade posíbel, se vai rematar co estudo técnico para determinar cal é a mellor solución para resolver o grave problema de seguridade alí existente.

O alcalde aproveitou a reunión para expresar a súa preocupación e a dos veciños pola perigosidade tamén existente no cruce da N-550 coa estrada provincial Portela-Curro.

Barro a 9 de xullo de 2015

CORES TOURÍS VISITOU O CONCELLO DE BARRO PARA MANTER UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CO NOVO ALCALDE DA LOCALIDADE

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra analizou con Xosé Manuel Fernández Abraldes temas de infraestruturas, concentracións parcelarias e melloras na Barosa
  • O responsable da Delegación destacou a colaboración da administración autonómica con este concello, facendo referencia a proxectos como a posta en marcha dunha escola infantil, a execución do nó de Curro ou a colaboración na prevención de incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Barro dentro da rolda de visitas institucionais que acaba de iniciar cos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O obxectivo destas visitas, como explicou ao novo rexedor de Barro, é “falar cos alcaldes e alcaldesas co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”. Na reunión estivo tamén presente o tenente alcalde da localidade, José Sanmartín.

Entre os temas que se analizaron esta mañá atopáronse cuestións como a mellora de infraestruturas como a PO-531 para garantir a seguridade viaria e a posta en marcha dun novo proxecto para ampliar a zona da Barosa. Tamén solicitaron información ao delegado territorial sobre a situación das concentracións das parcelarias do municipio e sobre a posibilidade da asunción de gastos do centro de saúde por parte da Xunta de Galicia.

O delegado territorial destacou a importancia de continuar a executar obras de mellora dos servizos e infraestruturas do municipio, insistindo en que “nestes tempos de crise é necesaria a colaboración entre as distintas institucións. Esta é a razón pola que debería continuarse coa actual relación entre concellos, Xunta e Deputación de Pontevedra”.

“Quero destacar a labor desenvolvida polo presidente desta institución provincial durante os últimos anos, Rafael Louzán, que permitiu que entre as tres administracións puxéramos en marcha importantes obras para os concellos de Pontevedra. Agardamos que a nova corporación provincial teña en conta a importancia deste tipo de protocolos e convenios para continuar traballando no mesmo senso”, engadiu Cores Tourís.

En relación ao concello de Barro, o delegado territorial tamén tivo palabras de recordo e agradecemento ao anterior alcalde do municipio, José Antonio Landín Eirín, xa que, foi o encargado de traballar para que a administración autonómica puxera en marcha numerosos proxectos neste concello, como a nova escola infantil; a remodelación da intersección na PO-531; a posta en marcha do servizo do nó de Curro e da primeira fase do abastecemento ao polígono de Barro-Meis.

A mellora do entorno do río Barosa, no que se investiron 750.000 euros, a asunción por parte da Xunta das competencias urbanísticas de Barro e a colaboración coa comunidade de montes de Curro para a prevención de incendios forestais son outros dos puntos de importante colaboración da administración autonómica con este municipio.

NOVAS DE BARRO XUNTA TOURIS CONCELLO

Barro recicla o seu vello consistorio

la voz

Un concurso de ideas para dotar de novos usos á antiga casa consistorial de Barro. É o que ofrece o goberno local, que se nega a abandonar o que foi o seu fogar ata hai menos dun mes. Por esta razón, busca entre os veciños e empresas da contorna unha proposta atractiva dedicada aos veciños do concello para que o vello concello volva ser un punto de encontro para os barrenses.

Unha parte do edificio, as antigas oficinas de servizos sociais, xa está adxudicada. Instalarase unha estafeta de correos. Con todo, as dependencias restantes seguen desertas á espera de que nos dous meses que estará aberto o concurso xurda algunha idea satisfactoria.

Aínda que ata o momento non hai ningunha proposta firme, moitos sectores da sociedade demandaban e propuñan posibles usos como lugar de ensaio e reunión para agrupacións locais, sala de exposicións ou diversos usos sociais.

Con todo, para poder albergar calquera tipo de actividade o vello concello necesita ser reformado, xa que presenta importantes problemas como filtracións de auga ou ausencia de accesos para persoas con mobilidade reducida, que deben ser reparados. Por esta razón, non poderá presentarse ao concurso calquera persoa cunha simple idea. É preciso realizar un estudo económico do proxecto para analizar a súa viabilidade, ademais de conter todos os detalles necesarios para facelo realidade. Aínda así, o alcalde Landín anima a todos os veciños, «con ou sen estudos», a elaborar unha proposta e presentala no concello.

Doutra banda, a xunta de goberno de onte licitou tamén varias actuacións por todo o municipio, como a segunda parte da humanización da rúa Areal e da contorna do tanatorio, a rehabilitación da marquesiña do pavillón ou as obras de saneamento en Curro .

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/03/19/barro-recicla-viejo-consistorio/0003_201503P19C8991.htm

concello de barro

Inauguración do novo concello

la voz

Os veciños de Barro luciron onte as súas mellores galas para a posta de longo da súa nova casa consistorial. Os arredores do número 11 de Santo Antoniño foron testemuñas de excepción dun festexo que non quixo perderse ninguén. Todo estaba preparado: música, viño, refrescos, empanada, xamón e demais tapas condimentaron a celebración posterior á inauguración, que alcanzou a súa máxima expresión pasadas as oito da tarde, cando o alcalde José Landín, acompañado por Alberto Nuñez Feijoo eRafael Louzán, deu a benvida a todos os veciños no salón de plenos: «Sodes parte desta casa».

Sobre as prestacións que ofrece a nova sede, o alcalde considera clave unha calidade que marca a diferenza co antigo concello, a accesibilidade. Landín fixo constar no seu discurso o importante que é que calquera veciño poida acudir á casa de todos osbarrenses, á casa do concello. «Agora acceder ao salón de plenos é posible para calquera veciño, antes unha persoa en cadeira de rodas tíñao moi difícil», explicou Landín.

Antes de ceder a palabra ao presidente da Xunta, o rexedor local referiuse directamente a el para eloxiar a súa xestión e aproveitar a ocasión para pedir, insistentemente, a mellora dunha estrada, «señor presidente, a PO-531 necesita unha mellora», comentoulle en repetidas ocasións.

Antes de invitar os veciños alí presentes a coñecer as novas instalacións, tomou a palabra o presidente da Xunta, afirmando que «é unha honra estar en Barro para inaugurar á casa de 3.500persoas». Así mesmo, gabou a xestión do alcalde Landín, «cada vez que me atopo co alcalde, me fala dunha cousa, do concellode Barro». Tamén Rafael Louzán dedicou unhas palabras á sociedade local: «Barro é un municipio cheo de oportunidades», exclamaba o presidente da Deputación referíndose aos proxectos que están en marcha no municipio, como o polígono de Barro-Meis, ou a recén aprobada modificación do PXOM.

Falar do novo concello chea de orgullo ao rexedor, que define a nova sede como «un edificio austero e moi digno», ademais de engadir que o pobo sae gañando con este cambio, ao dispoñer de maior espazo para as oficinas municipais, incluídos os servizos sociais, «que cada día teñen máis demanda. Situaranse próximos ao resto de oficinas e contan cunha sala de espera para maior comodidade e intimidade», puntualizou. A segunda planta do edificio é «perfecta para actos culturais e usos colectivos», rematou o alcalde.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/02/28/barro-estrena-nuevo-concello-amplio-accesible-vecinos/0003_201502P28C8991.htm

concello

Barro contará cun presuposto de 1,9 millóns no ano 2015

O Concello de Barro contará cun Presuposto próximo aos dous millóns de euros o próximo ano.impostos
O Goberno local, cumprindo cos prazos estipulados pola lei de Bases de Réxime Local, completou esta semana o proceso de aprobación das súas contas coa publicación do cadro resumo do Presuposto no Boletín Oficial da Provincia.
Segundo as contas publicadas polo Concello, unha das principais fontes de ingresos do municipio serán os impostos directos, cunha recadación estimada de 690.000 euros. No apartado de impostos indirectos, está prevista a chegada de fondos por valor de 17.000 euros, mentres que por taxas, prezos públicos e outros ingresos se recadarán 212.700 euros.
Outra das achegas substanciais chegará do apartado de Transferencias Correntes, onde se sitúan os ingresos procedentes das Administracións superiores e que en 2015 poderán ascender a 975.000 euros.
Con respecto á partida de gastos, haberá unha reserva de 200.000 euros para pasivos financeiros, é dicir, devolución de créditos e unha de 107.500 euros para Investimentos Reais. Desta última sairán os fondos para financiar as obras que se afronten este ano. Gran parte do recurso destinarase a persoal, con 487.700 euros de gasto, e a partida de gasto corrente absorbe case todio o resto e sitúase nos 971.000 euros.