DEPENDEN DE TI

Nas pasadas eleccións, un 35% dos galegos non votaron. Feijoo obtivo a maioría absoluta co voto de 30 de cada 100 persoas con dereito a voto.
De acordo coas enquisas, se o 21 de outubro a abstención sobe ata un 45%, o PP pode obter a maioría absoluta con só 21 votos de cada 100 persoas censadas!!!
Ó día seguinte, Rajoy dirá que os recortes contan co apoio maioritario da sociedade galega! Non quedes na casa: a educación, a sanidade, a dependencia, DEPENDEN DE TI.
Difunde ós teus amigos galegos

Hoxe Xoves Acto Público en BARRO as 20:30

Hoxe Xoves 11 ás 20:30 na biblioteca municipal acto con Xosé Manuel Fernández Abraldes e Luis Bará Torres.

ACTO PÚBLICO DO BNG EN BARRO

O BNG ten unha traxectoria de oposición coherente e contundente, tanto nas mobilizacións sociais como nas institucións, ás políticas ditadas polas elites económicas que executan a Unión Europea, os gobernos españois (antes do PSOE e agora do PP) e a Xunta de Galiza. Están aplicando un programa incesante de recortes nas conquistas e dereitos económicos e sociais, para  destinar inxentes cantidades de recursos públicos ao beneficio privado:

Róubase ao pobo para salvar e rescatar á banca privada da crise financieira que provocaron.

 
O PP ten dous obxectivos claros: centralizar máis o Estado español e destruir o malparado estado do benestar. Para concentrar o poder económico precisan concentrar o poder político. Para aplicar o programa dos mercados precisan reducir a cinzas a democracia e a soberanía. Avanzan cara un Estado que nega soberanía ás nacións e aos cidadáns para cederlla aos que mandan en Europa.
Nin Feijoo nin Rajoy din o que van facer despois do 21 de outubro. Seguirán impoñendo máis sacrificios, como lles ordenan os grandes centros de poder económico e financeiro.
Feijoo foi o peor Presidente co peor goberno da historia de Galiza. Galiza está hoxe peor que hai 3 anos e medio: menos autogoberno, menos benestar e menos democracia.
 
O BNG solicita o apoio das galegas e dos galegos nestas eleccións para facerlles frente
a estas políticas. Non é o momento dunha alternancia política para que todo siga igual.
Galiza precisa unha alternativa real, un cambio profundo de políticas e non só de políticos.
O BNG é a única opción nacionalista e popular de verdade. O apoio ao BNG servirá para que Galiza exista e pese no Estado e que as clases populares galegas estean defendidas.
O BNG é unha forza nacionalista que defende o autogoberno e os intereses de Galiza sen ter que chamar a ninguén a Madrid; o BNG é unha forza política de esquerda que defende os intereses da maioría social, a xustiza e a distribución da riqueza, os servizos públicos universais e gratuítos, e os dereitos e as políticas sociais.
É preciso dar máis forza ao BNG.
 
Para explicar as nosas propostas O BNG celebrará o vindeiro xoves 11 de outubro, ás 20:30 horas na Biblioteca Pública de Barro  un acto público, coa participación de Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro e Luís Bará Torres, candidato do BNG na provincia de Pontevedra.

O BNG satisfeito de que non se permitan industrias perigosas e contaminantes no polígono de Curro

Dende o BNG queremos manifestar a nosa satisfacción polo acordo entre a Deputación e o Concello de Barro cos veciños e veciñas de Curro para desbloquear a inseguridade xurídica na que se atopaba o polígono industrial de Outeda.

Coincidimos co sr. Louzán en que nunca se tiña que ter chegado a esta situación, e que con diálogo se poden solucionar os problemas. Mágoa que ese diálogo só chegara cando as sentenzas xudiciais bloquearon o desenvolvemento do polígono, e non se producise ao comezo do conflito nin cando saíu a sentenza que anulaba a tramitación.

Os responsábeis do PP terán que explicar por que non quixeron dialogar cos representantes veciñais cando estes así o demandaron.

O BNG está certo que, se nun primeiro momento se desen garantías aos veciños de que non se permitirá a instalación de industrias perigosas e contaminantes neste polígono, non teriamos chegado a esta situación.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

O BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional de Curro

Os nacionalistas solicitan un Pleno Extraordinario

 Mentre non se executan as obras definitivas do chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa de Currro, o BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional esixente nese punto mentres se realizaban as obras do Macro Nó.

 Neste sentido, o BNG presentou una moción no Concello de Barro e a solicitude dun Pleno Extraordinario para que toda a corporación se sume a esta demanda.

Dende que foi suprimida a rotonda provisional, cada cruce dun vehículo nese punto (e non falemos xa dos peóns) convértese nunha manobra de máximo risco. A elevada velocidade dos vehículos de paso, así como o confuso da sinalización fai que ese punto sexa moito máis perigoso do que foi nunca.

A actuación do PP a respeito das obras da PO-531 en Curro demostran o total desprezo que teñen pola seguranza dos veciños e veciñas de Barro. Dende que chegaron ao goberno da Xunta adicáronse a darlle largas ao comezo das obras con presuntas modificacións dun proxecto que xa quedara consensuado no fundamental co anterior goberno.

A tomadura de pelo aos vecinos de Barro confirmouna o conselleiro Hernandez no mes de xuño pasado, ao informar que a reforma desta estrada quedaba en suspenso, e que o chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa aínda non sabían como resolvelo.

O PP antepón a velocidade do tráfico á seguranza da xente

Compre lembrar que a solución definitiva a este cruce tan perigoso xa estaba aprobada e orzamentada pero, no seu afán de aforrar cartos en seguranza, o PP renuncia a ese investimento.

Os vecinos e veciñas de Curro estiveron moito tempo soportando as molestias das obras do Macro Nó, e agora son “premiados” coa decisión irresponsábel dos gobernantes do PP de suprimir a rotonda provisional que, polo menos, servía para calmar a velocidade do tráfico e daba una mínima seguranza á circulación do tráfico local.

O BNG esixe una solución definitiva a ese cruce tan perigoso, mantendo a separación do tránsito de paso e do tránsito local, e permitindo que a xente que se mova a pé nese contorno o poida facer con total seguridade.

O BNG esixe que se respecte o proxecto orixinal do nó de Curro pactado coas forzas políticas e os colectivos veciñais

Con nocturnidade, a Xunta de Galiza vén de pintar a pasada noite o nó pequeno de Curro, eliminando a rotonda provisional que existía até o este momento. Esta rotonda foi unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Curro, e estaba contemplada no proxecto pactado entre o anterior goberno da Xunta de Galiza e os colectivos políticos e veciñais de Barro.

O proxecto orixinal, froito de combinar as solucións técnicas coa negociación cos representantes políticos e veciñais para acadar a solución máis segura contemplaba -compre lembralo- o soterramento do tráfico de Pontevedra a Vilagarcía e unha rotonda en superficie para o tráfico de Curro.

O BNG considera que a actuación da actual Xunta de Galiza eliminando mesmo a rotonda provisional que daba servizo aos veciños e veciñas de Curro é un total despropósito que incumpre todos os acordos acadados até o momento, e, polo tanto, esixe que se respecte o proxecto orixinal, acordado por unanimidade dos axentes políticos e sociais, soterrando o tráfico de paso e cunha rotonda en superficie para o tránsito local.

Barro a 11 de agosto de 2012

O PP consuma o engano aos veciños de Curro

O PP confirma que non se sabe cando se vai acometer a reforma da PO-531.

Barro, 21 de Xuño de 2012 Desde que o PP chegou ao goberno da Xunta na primavera de 2009, o único que fixo a respecto da mellora da PO-531 foi enganar aos veciños con desculpas periódicas, para non investir un euro na mesma.

Tal e como ten denunciado o BNG, a reforma do proxecto xa estaba acordada e pactada co goberno anterior, e o PP adicouse todo este tempo a tentar confundir con modificacións do proxecto, novos anuncios de novas modificacións, presentacións varias do mesmo proxecto, é dicir, enganos contínuos, para acabar recoñecendo esta semana que van rematar a lexislatura sen investir nada na mellora desta estrada, tan perigosa para a circulación das persoas e vehículos.

A respecto do nó pequeno xa é o colmo que o conselleiro diga que non sabe que vai facer. Máis ben debera recoñecer que non vai facer nada.

Outro dos compromisos que se lle esquece ao PP é o que fixeron en febreiro de 2008 Ana Pastor, Rafael Louzán, Telmo Martín e o propio Agustín Hernández de que se chegaban ao goberno suprimirían a peaxe da autoestrada entre Pontevedra e Curro. Xa están en todos os gobernos e dese compromiso non queren falar.

Os veciños e veciñas de Curro levan anos soportando as molestias e a inseguridade que supón o desvío do tráfico polas obras do macronudo, pero eles non van ver ningunha mellora nas súas condicións de vida nin na súa seguridade, xa que o PP vén de confirmar que non se vai facer nada nin na mellora da estrada nin nos cruces tan perigosos que dan a ela.

O BNG DENUNCIA QUE PP E PSOE APROBAN UN CATASTRAZO EN BARRO

Barro, 29 de maio de 2012. Co único fin de cargar sobre as economías familiares a mala situación económica do Concello, oPP, coa colaboración do PSOE, veñen de aprobar unha revisión do catastro que vai a supor unha suba brutal da contribución para os veciños e veciñas de Barro.

Unha suba que significa triplicar a recadación por este imposto. A revisión non supón un incremento significativo no número de vivendas e, polo tanto, este incremento na recadación vén dado por unha suba abusiva nos recibos, o que é unha verdadeira extorsión ás familias de Barro.

Esta suba vaise sumar ademais á aprobada polo goberno central do PP, que para os recibos do 2012 supón un incremento do 10%.

Unha suba que non se vai producir só para o ano 2013, senón tamén para os vindeiros seis anos até chegar ao máximo do incremento.

O desmedido afán recadatorio do goberno municipal, co apoio do PSOE, queda de manifesto nas construcións existentes en solo rústico. Neste caso a recomendación da xerencia do catastro era aplicar o mínimo coeficiente de pago (0,50), pero o acordo adoptado polo PP e PSOE foi de cobrar o máximo permitido (1), é dicir o dobre do proposto pola xerencia do catastro.

O atraco que isto supón para os veciños é brutal, pois a previsión é de incrementar máis de 300.000 a recadación. Cartos que van saír do peto da xente.Vai haber casos nos que vivendas pequenas que pagan uns 50 euros/ano van pasar a pagar uns 300.

O BNG considera que non se pode facer recaer nas economías familiares a mala xestión económica das Administracións, pois as familias xa están sufrindo día a día os efectos da crise económica que estamos a padecer.

En plena campaña electoral para a reelección, o alcalde prometeu por carta a todos os veciños e veciñas que non os “ía fritir a impostos”. Levamos un ano e, dende aquela, xa tivemos fai seis meses a primeira suba do lixo e do imposto de circulación, ao que se lle engade agora a suba da contribución, que o único que busca é tapar a incapacidade para gobernar do PP.

Despois de 29 anos gobernando o Concello, o PP foi incapaz de aproveitar os momentos de bonanza económica para dotar a Barro dos servizos básicos, e agora carga nos petos dos veciños a súa ineficacia.

Un alcalde que mentíu aos veciños e veciñas para gañar unhas eleccións, e que se ve sobrepasado pola situación que estamos a vivir. está inhabilitado para seguir gobernando o noso concello.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

https://noticiasbarro.wordpress.com/2011/05/12/promesas-de-landin-para-os-proximos-4-anos/

MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria na N-531 en Curro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria na N-531 en Curro

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As obras do chamado nó pequeño de Curro na N-531 (a carón da igrexa), están sen comezar. O BNG ten información de que a Xunta está reformando o proxecto aprobado e orzamentado coa intención de reducir o investimento.

Este punto, pola intensidade de circulación, tanto de vehículos como de peóns, que soporta é o máis perigoso de toda a estrada.

A Xunta anterior deixou aprobado un proxecto, despois de negociar cos representantes políticos e veciñais, que soterraba o tráfico de paso, deixando unha rotonda a nivel, tanto para a circulación do tráfico local como, sobre todo, para que a gran cantidade de persoas que se moven a pé nese entorno o fagan con total seguridade.

O concello de Barro non pode aceitar que por criterios única e exclusivamente de aforro económico se poña en risco a seguridade das persoas.

Por todo o exposto o concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

Dirixirse á Xunta de Galiza para demandar que se manteña o proxecto de soterrar o tráfico para dar seguridade a esa intersección de estradas, tal e como estaba previsto no proxecto orixinal, que xa estaba aprobado e orzamentado

Barro, 21 de marzo de 2012

NOTA ACLARATORIA DO BNG SOBRE A FEIRA DE BARRO

Diante da información publicada estes días sobre a intención do Concello de cobrar o canon da feira, queremos facer algunhas aclaracións.

-O convenio entre o Concello de Barro e a empresa data do ano 2007, polo tanto está a piques de cumprirse o quinto ano do mesmo.

-Dito convenio eximía do pago do canon o primeiro ano, polo que en Marzo do 2008 terían que ter pagados os primeiros 12.000 euros (que sempre serían pagados ao comezo da anualidade).

-Ese convenio xa non ten validez, xa que a empresa nunca pagou dito canon, e ese é un dos motivos expresos de anulación, pero ademais a vixencia do mesmo era de 4 anos, rematando en marzo do 2011, sen que tivera lugar unha prórroga do mesmo. Isto quere dicir que a feira se monta de forma irregular dende hai moito tempo.

-O feito de terse solicitado o cobro executivo do Oral é un brinde ao sol, pois se a empresa que aparece como asinante do convenio non ten bens ao seu nome, non hai de onde cobrarlle.

-Que o PP non ten interese en cobrarlle, nin en regularizar a situación, como leva anos denunciando o BNG, quedou claro coas xustificacións dadas polo alcalde no último pleno, onde nos recoñeceu que non quere incomodar a empresa organizadora porque son unha mafia.

O PP APROBA UN ORZAMENTO PARA 2012 QUE AGRAVARÁ A MALA SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE BARRO

O PP ven de aprobar o orzamento municipal para o 2012 por un importe que ascende aos 1.771.360 euros. Trátase, unha vez máis, dun orzamento ficticio, con partidas de ingresos infladas artificialmente, que único que fará será incrementar o déficit municipal, como ven sucedendo ano tras ano.

Compre lembrar que a política levada a cabo polo PP nos últimos 12 anos incrementou alarmantemente a débeda do Concello. Tanto é así, que o propio PP veuse na obriga en 2010 de aprobar un plan de saneamento para as contas municipais.

O balance deste plan de saneamento non podería ser máis demoledor: o déficit pasou de algo máis dun millón de euros en 2009 aos case millón trescentos cincuenta mil euros ao remate do exercicio de 2010.

O orzamento para 0 2012, que ven de aprobarse co voto en contra do BNG, reincide nos mesmos erros que os anteriores, cunha previsión de ingresos que a todas luces non se vai cumprir. As cantidades consignadas no capítulo de ingresos son tan falsas que o mesmo alcalde tivo que recoñecer que non sabía que transferencias se ían recibir nin do Estado nin da Xunta de Galiza. Polo tanto as cantidades reflectidas nos orzamentos son esas como poderían ser outras calquera, non teñen ningunha base obxectiva.

Para o BNG esta forma de actuar do PP, que se repite ano tras ano con nefastos resultados para o concello, é unha temeridade.

O orzamento para o 2012 tampouco recolle (e tamén é algo que se repite ano tras ano), as facturas pendentes de pago por parte do Concello. Facturas non recoñecidas por falta de consignación orzamentaria (as coñecidas como “facturas nos caixóns”), e que ascenden a centos de miles de euros.

A pésima situación económica do Concello de Barro non se pode achacar só á crise actual. Compre lembrar que o déficit en Barro xa ven de 1997, con 23.212 euros, unha cantidade que en 2004 pasou a 147.000 mil, e que en 2007, en pleno “boom” económico, era xa de 668.000 euros. Unha demostración de que o PP en vez de aproveitar os tempos de “vacas gordas” para sanear o Concello, o que fixo foi endebedalo aínda máis.

Chegados a esta situación o único que se lle ocurre ao sr. alcalde é cargarlle aos veciños e empresas de Barro as consecuencias da súa mala xestión, cunha suba desproporcionada de taxas e impostos para o ano 2012. Temos, por exemplo, que o imposto de circulación (IVTM) sube un 30%, e a taxa por recollida do lixo nada máis nin nada menos que un 900%. Por certo, a suba desta taxa non está sustentada en ningún estudo económico.

Resulta paradóxico, e un exemplo nídio da xestión económica do PP, que mentres se fai recaer a suba de taxas e impostos nos veciños e nas empresas de Barro, non se lle cobra á empresa organizadora do mercadillo dos domingos os 48.000 euros que a día de hoxe adebeda ao Concello.

Aos líderes do PP éncheselles a boca decindo que non é tempo de subir impostos á xente, que hai que baixar o déficit e que non debe haber facturas nos caixóns. Curiosamente alí onde goberna, e o Concello de Barro é un bo exemplo disto, fai xustamente todo o contrario.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE DERON O SEU APOIO E VOTARON AO BNG!!!

O BNG quere agradecer todos os apoios recibidos nas eleccións pasadas do domingo 22 en Barro.

A pesar de que o PP perdeu un dos seus concelleiros, quedando con 6, o cambio aínda non foi posíbel, e polo tanto o BNG, que acadou tres concelleros/as seguirá catro anos máis traballando dende a oposición.

Ese traballo irá dirixido, como sempre facemos, a fiscalizar a actuación do goberno municipal pero ao mesmo tempo a aportar propostas e solucións aos moitos problemas que ten o noso concello. Seguiremos como sempre fixemos a disposición dos veciños e veciñas de Barro!!!

GRAZAS!!

PROGRAMA OCULTO DO PP

Ao longo de toda esta campaña, o PP volve intentar meterlle medo á
xente contra o BNG, cos vellos argumentos de fai 20 anos. Que somos os do
non, e que se gobernamos imos subir os impostos. Ante esa falta de
propostas, só aclarar, que os do non saber facer as cousas ben son os do
PP.
Con respecto aos impostos, os únicos que falan de subilos se volven
gobernar son os do PP, tal como pode comprobarse no plan que aprobaron
cos orzamentos de 2010, e que remata no 2012. Nel tamén recoñecen a
nefasta xestión económica que leva facendo o PP, tal como ten denunciado o
BNG.
– Reproducimos aquí algún dos parágrafos literais de dito plan do PP:
PROPOSTA PLAN DE MELLORA E SANEAMENTO FINANCIEIRO DO CONCELLO DE
BARRO (2010-2012)

“Da primeira análise da situación económica do Concello de Barro a modo de resumo,
detéctanse como causas da situación actual, entre outras as seguintes:
-Desequilibrio total entre as previsións de ingresos correntes do orzamento e os
gastos correntes do mesmo, que ano a ano van incrementado o remanente
negativo de tesourería.
-Destacar como principais as contratacións de persoal con custos subvencionados
que se adican a acometer diversas obras para as que non se conta con suficiente
financiamento ou que obrigan ao concello a costear locais, maquinaria,
ferramentas ou materiais para as obras, para os que non se conta con suficiente
capacidade económica.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas, nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
Dito plan terá que realizarse nun período de tres anos para axustar o aforro neto negativo
da Entidade a cero.”

“Trátase dun plan de carácter táctico, dado que vai dirixido ao saneamento
económico e financieiro da entidade nun máximo de tres exercicios económicos, segundo
dispón a norma para a súa implantación.”
“Finalmente, as medidas de carácter económico-financieiro e orzamentario, apostan por
controlar que non se produzan gastos sen consignación, redución de gastos correntes,
subidas tributarias para Impostos, Taxas e Prezos Públicos municipais, implantación de
Impostos contemplados na Lei de Facendas Locais e pendentes de implantar.”

“4.2.4.- En materia de ingresos correntes (período de implantación 12 meses)
A precaria situtación económica-financieira do Concello de Barro, aconsella a
adopción de medidas correctoras en materia de ingresos, medidas que teñen que pasar
obrigatoriamente polo aumento da presión fiscal, así como unha mellor xestión dos
ingresos que se recadan directamente polo Concello. Neste sentido, proponse a adopción
das seguintes medidas:

1º.- En relación co IBI de urbana, proponse a revisión dos valores catastrais,
mantendo o tipo minimo do 0,4%, delegando no ORAL a xestión, revisión e cobro.

2º.- En relación co Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, revisión da tarifa.
3º.- Implantación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza
urbana.

4º.- Taxa por recollida de lixo. Acutalización do Padrón así como do prezo da taxa, en
función das propostas do ORAL.

5º.- Confección do padrón da Taxa por conexión ao saneamento muncipal, e fixar
prezo en función das propostas do ORAL.

6º.- Confección do padrón da taxa por alcantarillado, e fixar prezo en función das
propostas do ORAL.

.7º.- Revisión do prezo por suministro de auga, con cuotas axustadas aos custos reais
do servicio e similares aos concellos do entorno, así como fixar prezo en función das
propostas do ORAL.

8º.- Actualización e aplicación da taxa por expedición de documentos administrativos.

9º.- Actualización da taxa polo uso do pavillon.

10º.- Aplicación da ordenanza de Vados.

11º.- Delegar no ORAL, a liquidación definitiva do imposto de Construcións.

12º.- Implantar a taxa por licencias urbanísticas.”

Este é o programa oculto que ten o PP. Por iso mentres o BNG fai as
suas propostas, o PP limítase a criticalas, sen falar das súas para que a
xente non saiba das súas verdadeiras intencións. Tamén propoñen moitos
outros recortes dos que non se atreven a falar. O triste é que mentres non lle
cobran os 48.000 Euros á empresa do mercado, o concello débelle cartos a
empresas de Barro, aos rapaces e rapazas da Banda Xuvenil, ou do grupo
de danzas, o que lles crea moitos problemas a estas entidades para seguir
coa sua gran labor.

Abraldes «Ou estancamento do concello é ou problema»

1 Como en todo ou país é ou paro e a situación económica. Pero en Barro tamén é ou estancamento do concello, debido a un goberno municipal esgotado, ineficaz e totalmente superado polas necesidades de xestión que require un concello destes tempos. Por iso \ tantas chapuzas de tramitación dous polígonos industriais, falta de servizos e de equipamentos.

2 Traballar para que Barro medre, e desa maneira xerar actividade económica. Darlle unha solución definitiva aos polígono industriais, e acadar ou asentamento de novas empresas. Tamén temos que mellorar a calidade de vida dúas veciños.

3 Ou primeiro é asumir ou erro de cando se realizou unha tramitación incorrecta do mesmo, a pesar dás advertencias que se lle fixeron. E a partir de aí actuar con responsabilidade. É necesario resolver a situación canto antes, pero é máis importante facelo de tal maneira que sexa indiscutible a seguridade xurídica de cara ao futuro.

4 Debería selo pola inmellorable situación xeográfica, pero non ou é. A día de hoxe aínda \ menos poboación que hai 30 anos cando empezou a gobernar ou Partido Popular. Ou problema é que tanto as persoas de aquí como as que veñen a vivir a Barro atópanse coa total falta de servizos, malos equipamentos e nulas posibilidades de esparcimento.

5 Teño moita confianza en que a loita e ou traballo serio que está a facer a plataforma veciñal, xunto coas alegacións do BNG, dean vos seus froitos. Agardo polo tanto que Fomento rectifique ou trazado e non acométase a barbaridade que supón ou proxecto tal como estaba ata agora.

6 Non é unha cuestión de anos, senón de proxecto e ganas de adicación. Ou que non é lóxico é que un alcalde que non evoluciona siga gobernando.

bng xosé m. fernández abraldes

A creación de emprego e potenciar a actividade económica, outro dos obxetivos do BNG

PDF PREME AQUI Emprego municipais 2011 (1)