O PP consuma o engano aos veciños de Curro

O PP confirma que non se sabe cando se vai acometer a reforma da PO-531.

Barro, 21 de Xuño de 2012 Desde que o PP chegou ao goberno da Xunta na primavera de 2009, o único que fixo a respecto da mellora da PO-531 foi enganar aos veciños con desculpas periódicas, para non investir un euro na mesma.

Tal e como ten denunciado o BNG, a reforma do proxecto xa estaba acordada e pactada co goberno anterior, e o PP adicouse todo este tempo a tentar confundir con modificacións do proxecto, novos anuncios de novas modificacións, presentacións varias do mesmo proxecto, é dicir, enganos contínuos, para acabar recoñecendo esta semana que van rematar a lexislatura sen investir nada na mellora desta estrada, tan perigosa para a circulación das persoas e vehículos.

A respecto do nó pequeno xa é o colmo que o conselleiro diga que non sabe que vai facer. Máis ben debera recoñecer que non vai facer nada.

Outro dos compromisos que se lle esquece ao PP é o que fixeron en febreiro de 2008 Ana Pastor, Rafael Louzán, Telmo Martín e o propio Agustín Hernández de que se chegaban ao goberno suprimirían a peaxe da autoestrada entre Pontevedra e Curro. Xa están en todos os gobernos e dese compromiso non queren falar.

Os veciños e veciñas de Curro levan anos soportando as molestias e a inseguridade que supón o desvío do tráfico polas obras do macronudo, pero eles non van ver ningunha mellora nas súas condicións de vida nin na súa seguridade, xa que o PP vén de confirmar que non se vai facer nada nin na mellora da estrada nin nos cruces tan perigosos que dan a ela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s