POSICIÓN DO BNG ANTE A SENTENZA QUE ANULA A TRAMITACIÓN DO POLÍGONO DE OUTEDA CURRO

Barro, 28 de abril de 2011. Para o BNG de Barro a sentenza sobre o polígono de Outeda é unha mala noticia, pero non é a primeira.

Non é a primeira porque se vén sumar á sentenza do mesmo tribunal de maio de 2010 no que anulaba non só a tramitación do polígono de Sequeiros, senón tamén a anulación do PXOM no referido a ese solo industrial.

Agora ben, esas malas noticias tampouco nos collen de sorpresa. As advertencias que fixemos sobre os problemas das tramitacións levadas a cabo polo concello de Barro foron avisados con tempo de abondo para os solucionar.

No caso do polígono de Outeda, o BNG votou a favor da aprobación inicial en xullo de 2004, e tamén votamos a favor da aprobación provisional en maio de 2006, pedindo que se limitase o uso do mesmo a industrias non molestas nin contaminantes.

Posteriormente, a Xunta de Galiza emitíu un informe favorábel coa condición de que se solucionase a carenza de servizos de auga potábel e saneamento.

En agosto de 2006 apresentouse no pleno o proxecto de aprobación definitiva sen resolver as condicións da Xunta, polo que o BNG se abstivo, advertindo que non queriamos ser cómplices dunha tramitación incorrecta.

Agora chéganos as consecuencias dese xeito de actuar ao que nos ten afeitos o PP. De buscar atallos, de tramitacións atropeladas, de chapuzas en definitiva, que poden supoñer un grave perxuizo tanto para os veciños e veciñas como para as arcas municipais.

Pero cando chegan estas sentenzas a culpa seica non é nunca do goberno municipal. Debe ser culpa de forzas escuras que conspiran contra eles.

No caso da sentenza de Sequeiros, da empresa que xestiona a ITV, que foi quen apresentou o contencioso. Neste caso da sentenza de Outeda, dos noventa e seis veciños e o seu avogado que, acolléndose ao seu dereito de defender o que consideran xusto, apresentaron o recurso.

Pois non, a culpa sempre é de quen fai mal as cousas. Nestes dous casos debido a unha incorrecta tramitación por parte do goberno municipal, a pesar de ser advertido de xeito reiterado da necesidade de corrixir os proxectos.

O BNG sempre advertíu dos problemas da tramitación e nunca puxo ningún obstáculo a nada. É a incompetencia do PP a que nos leva a esta situación.

Hai unha pregunta chave que está sen resposta: por que se aprobou un plan de sectorización sen os servizos que esixía a Xunta?

É un disparate argumental que quen fixo algo mal, en vez de recoñecelo, bote balóns fóra, acusando a outros para evitar as súa responsabilidade.

Chegados a esta situación, o BNG solicitou unha reunión dos voceiros dos grupos municipais para analisar os pasos a dar.

O BNG, como sempre, oferécese a colaborar na busca dunha solución que palíe as consecuencias desta sentenza, e que as decisións que se tomen sexan as correctas para evitar danos maiores no futuro.

Como estamos a punto de renovar os gobernos municipais, eu comprométome a que a primeira medida que tomarei como alcalde se os veciños e veciñas me dan a súa confianza será convocar a todos os grupos políticos e colectivos sociais do Concello para acadarmos un acordo social na busca de dar unha solución definitiva a todos os problemas legais dos diferentes solos industriais.

Asdo. Xosé Manuel Fernández Abraldes,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG  de Barro


As obras da estrada de Perdecanai, outro exemplo da deixadez do PP de Barro

Nota de prensa bng barro

Durante o ano 2007 comezaron as obras de ampliación da estrada provincial que une a N-550 coa igrexa de Perdecanai. Estas obras foron paralizadas ao final dese mesmo ano por, en palabras do alcalde, “terse rematado o diñeiro previsto para a primeira fase”.

Desde entón esta estrada, debido ao efecto do inicio das obras e a ausencia total de sinalización, resulta moi perigosa.

Os terreos necesarios para a ampliación foron e están a ser cedidos polos propietarios a cambio da construción de muros e a reposición de servizos. Pero son estes mesmos veciños os que padeceron e están a padecer as maiores molestias derivadas pola paralización destas obras.

Esta situación levou ao BNG a presentar diversas iniciativas para lograr o remate destas obras:

–          En novembro de 2008: moción pedindo a reanudación das obras. O goberno municipal do PP non apoiou a moción alegando que as mesmas se ían retomar en breve.

–          En novembro de 2009: solicitude de reanudación das obras e reparación dun gran buraco que se producíu ao lado do lavadeiro, e que estivo durante seis meses sen arranxar, co conseguinte perigo, pola deixadez do concello e a Deputación.

–          En setembro de 2010: terceira iniciativa municipal para demandar a reanudación das obras.

Varios meses despois da última moción, vendo que non había ningún sinal de que as obras fosen comezar, o Portavoz do BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes, propuxo, nunha asemblea veciñal que se presentase un escrito na Deputación acompañado de sinaturas dos veciños e veciñas esixindo a reanudación das obras. Este escrito presentouse asinado por case un cento de veciños.

Posteriormente o Portavoz do BNG dirixiuse á Deputación para solicitar que se rematase coa situación na que se atopaba a estrada.

Neste mes de abril por fin volvemos ver máquinas para reanudar as obras, pero, para a nosa sorpresa, só para facer unha pequena parte das necesarias.

Ante as perguntas do BNG, tanto na Deputación como no Concello, de por que non se remataba o ensanche da mesma en todos os terreos que son cedidos polos propietarios, a resposta do alcalde foi que “non había máis cartos”.

O BNG vai seguir insistindo no remate total das obras, para que os veciños e veciñas de Perdecanai non teñan que estar catro anos máis sufrindo unha maneira de actuar por cachiños, que representan moitas molestias e perigos para todos.

Ao PP de Barro cústalle aceitar que a Xunta desbotase o seu proxecto para Barosa e fixese un novo recollendo as propostas do BNG

NOTA DE PRENSA DO BNG de BARRO                                             

Barro, 7 de abril de 2011. Ao PP de Barro cóstalle aceitar que a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, descartase o seu proxecto para Barosa e fixese un novo coas propostas do BNG. Por iso siguen coas manipulacións.

O BNG non invitou a ninguén a non aceitar o acordo co Concello. Foron os propios veciños que se sentiron atropelados os que pediron o noso apoio, algo que, por certo, nos enche de orgullo.

Para quen non tivese a oportunidade de ver o proxecto, servan estas citas textuais da súa memoria.

“Para la redacción del presente proyecto se ha tenido en cuenta los proyectos existentes anteriormente, algunas de las alegaciones realizadas a dichos proyectos”

“Las obras de relleno planteadas dentro del proyecto de Salvador Merino Gómez

fueron iniciadas, pero se paralizaron por orden judicial debido a problemas de expropiación”

“Reducción de los rellenos ejecutados .en la parte alta del río….”

Vídeos de presentación da candidatura do BNG ao Concello de Barro

Abraldes avoga por unha mellor planificación de Barro fronte á improvisación do PP

Durante a presentación da candidatura do BNG ao Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes afirmou que o seu obxectivo é facer de Barro un concello atractivo para vivir, para o que é necesario que as persoas que decidan vir ou quedar a vivir en Barro teñan os servizos fundamentais cubertos e unha boa calidade de vida.

O candidato nacionalista falou da necesidade de planificar as necesidades do concello, de atender ás demandas dos veciños e veciñas e de priorizar as actuacións que se leven a cabo. “Todo o contrario do que fixo e sigue a facer o PP, que se caracteriza pola máis absoluta improvisación”.

Para Abraldes, é fundamental a creación de emprego e a reactivación da economía local. Para logralo hai que facer políticas para dirixidas a que Barro medre, coas que se crearía emprego no sector servizos e no comercio local, un sector este ao que o BNG apoiará dende o Concello. É necesario tamén resolver dunha vez por todas os problemas do solo industrial e adoptar medidas que incentiven o asentamento de empresas nos polígonos.

O BNG demostrou durante todos estes anos, desde a oposición, a súa capacidade para analizar as necesidades do noso concello e facer propostas en positivo para avanzar na mellora das condicións de vida dos nosos veciños e veciñas.

É evidente que os recursos municipais non son suficientes para resolver todas as carencias e necesidades que ten o concello de Barro. É necesaria a implicación doutras administracións. Neste sentido, o candidato do BNG afirmou que, dende a alcaldía, terá diálogo e cooperación institucional, pero tamén firmeza para conseguir os investimentos que o noso concello precisa. “Hai que acabar -dixo- coa submisión que ten o actual alcalde coas administracións gobernadas polo PP e coa falla de diálogo cos que non son da súa corda, porque este tipo de política non resolve nada”.

O candidato nacionalista lembrou que xa pasaron 32 anos as primeiras corporacións democráticas, e que o PP leva gobernando o Concello de Barro 28 destes anos. Anos que se caracterizaron pola falta absoluta de capacidade de xestión, por unha deixadez total á hora de buscar solucións aos problemas dos veciños e veciñas, e por unha falta de previsión á hora de planificar o desenvolvemento de Barro. 28 anos transmiten, en definitiva, unha imaxe de total esgotamento do goberno do PP. “O Concello de Barro precisa un cambio profundo nas súas políticas e, polo tanto, nos seus gobernantes. E o BNG está en condicións para liderar este proceso”, dixo Abraldes, “porque contamos cun equipo de mulleres e homes diálogantes, que saben escoitar aos veciños e veciñas e teñen unha grande e contrastada capacidade de traballo”.

“Son moitas as persoas de Barro que pensan que é necesario este cambio, e que con outra política Barro terá un futuro mellor. O BNG está preparado para asumir este reto, e para iso agardamos contar co respaldo da maioría social de Barro e abrir unha nova e ilusionante etapa no concello”.

CANDIDATURA

XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ ABRALDES. Portavoz municipal e candidato á Alcaldía

ROBERTO RIVAS REBOREDO. Concelleiro.Veciño de Valiñas

MARÍA XESÚS CASTRO CALVIÑO. Concelleira. Veciña da Portela

ANTONIO GIRÁLDEZ OUTEDA. Funcionario. Secretario da Xunta de Montes de Curro.

MARÍA AMELIA CANCELA CANCELA. Directiva da Asociación da Banda Xuvenil de Barro. Veciña da Portela

JESÚS ROMAY MÉNDEZ. Camioneiro. Veciño de Agudelo

XOSÉ LUIS BARCALA BARCALA.Traballador de telecomunicacións. Veciño da parroquia de Barro

EVA MARÍA RODRÍGUEZ CAEIRO. Licenciada en documentación. Veciña do San Antoniño

IVÁN BELLO FERREIRO. Estudante. Veciño de Barro

ANA ROSA ROMA AGRASO. Hosteleira. Veciña de Curro

ALMUDENA BUGALLO FONTÁN. Licenciada en Ciencias Políticas. Veciña de Perdecanai

SUPLENTES

LICESIO FONTÁN ABAL. Empresario. Veciño de Agudelo

HADRIÁN SILVA MAGDALENA. Músico. Veciño da Portela

LAURA SÁNCHEZ GARCÍA. Estudante de Relacións Laborais. Veciña de Agudelo

JOSÉ GARCÍA GONZÁLEZ. Empresario. Veciño de Curro

MARISELA ABAL SEIJO. Empregada de comercio. Veciña de Agudelo

LUIS VILA PIÑEIRO. Electricista. Veciña de Perdecanai

MARÍA GARCÍA CASTRO. Técnica de farmacia. Veciña de San Antoniño

JAVIER LOUREIRO LAFUENTE. Camioneiro. Veciño de Barro

MARÍA OUTÓN FERNÁNDEZ. Xubilada de Comercio. Veciña da Portela

VICENTE VÁZQUEZ DIÉGUEZ. Xubilado de Banca. Veciño de Curro

O BNG-Barro explícalle aos veciños e veciñas a brutal suba de impostos que pretende o Partido Popular coa nova Lei de Augas

O Consello da Xunta aprobou o pasado 27 de maio o proxecto da nova Lei de Augas, que neste momento está a debatirse no Parlamento galego, co que o PP pretende unha suba de impostos brutal, desproporcionada e inxusta.

Este proxecto de lei ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza, incrementando de forma exponencial a presión fiscal sobre o uso e consumo de auga, facendo recaer esta suba, fundamentalmente, nos consumos domésticos e asimilábeis (comercio, hostelería, pequenas empresas,…). A nova  lei propón  substituir o actual canon de saneamento (en vigor dende o ano 1993) por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de vertido.

Ao contrario  do que di a propaganda do PP e o  Conselleiro de Medio Ambiemte Territorio e Infraestruturas, non se trata dun imposto progresivo que incentive o consumo responsábel: todos os usuarios domésticos, cun consumo dentro da media de Galiza, van estar dentro dos tramos máis altos do novo imposto. Isto vai supoñer unha suba do canon para para estes usos domésticos de ata un 360%, e vai afectar especialmente á poboación residente no rural.

Todos os usuarios de auga van ter que pagar estes novos impostos, xa que se suprimen as exencións que actualmente están vixentes, que beneficiaban ao medio rural: No novo canon da auga  non se exclúe de pagar o imposto a ningún núcleo rural, nin os de menos de 2000 habitantes exentos do canon de saneamento na actualidade, nin tan sequera os de 500 habitantes que excluía a lei de 1993. Tampouco se exclúen do pago do imposto os núcleos rurais que non teñan rede de saneamento, mentres este non entre en funcionamento, que tamén se excluían do canon de saneamento.

O canon da auga gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente de sistemas públicos de abastecemento. Só no caso de que os usuarios non dispoñan nin de abastacemento público nin de rede de saneamento pública poderán aplicar unha redución da cota do 80% (na actualidade non tiñan que pagar nada), sendo importante facer notar que se teñen que dar as dúas condicóns simultaneamente para poder ter a redución.

Os titulares das captacións propias estarán obrigados a instalar contadores homologados, de non facelo no prazo de seis meses o canon da auga liquidaraselle polo método de estimación obxectiva (en función da concesión de auga que se teña ou do consumo medio dunha vivenda) e poderán ser sancionados con multas de ata 30.000€. Os titulares das concesións colectivas son responsabeis solidarios do pago do canon por parte dos usuarios.

Como se pode deducir de todo o exposto, esta nova Lei de augas afecta moi gravemente ás economías familiares  e o seu único obxectivo é o recadatorio. Por iso, o BNG está a realizar charlas informativas nas distintas parroquias de Barro para dar a coñecer a afectación da nova Lei de augas e recoller sinaturas para que Xunta retire este proxecto de Lei lesivo para todos os veciños e veciñas do Concello.

CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE A NOVA LEI DE AUGAS ESPECIAL IMPOSTO NOVA LEIDE AUGAS
AGUDELO Mércores 23 ás 21:30 h. local da A.C. Barosa
A PORTELA Xoves 24 ás 21:30 h. no local da A.C Barosa
PERDECANAI Domingo 27 ás 11:30 h. Local parroquial da Gándara
BARRO Domingo 27 ás 21 h. Escola de Cangrallo
CURRO Mércores 30 ás 21:30 h. Casa do Monte

O BNG ESIXE QUE SE SOLVENTEN AS DEFICIENCIAS DA ESTRADA A GOULLA-PORRÁNS

Barro, 2 de febreiro de 2010. O pasado domingo, día 31 de xaneiro,
foron inauguradas as obras de reforma da estrada entre A Goulla e
Porráns, polo Presidente da Deputación e polo conselleiro de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O BNG considera que esta era unha obra necesaria para a mellora
da seguridade de todo o seu trazado. O que nos parece esaxerado
é que unha obra destas características implique 8 anos de molestias
e inseguridade, debido ao mal costume da Deputación de
fraccionar as súas actuacións en innumerábeis fases.
Para o BNG non é de recibo que despois de agardar tantos anos,
a inauguración destas obras se faga sen resolver algúns problemas
de construción detectados na mesma. Un deses problemas é
a rotonda de Valiñas (na que se fixo a inauguración oficial) que presenta
problemas de xiro tanto para camións como para autobuses,
deficiencias recoñecidas mesmo polo Alcalde de Barro en sesión
plenaria, e que aínda non foron subsanados.
Outra das carencias detectadas é a non reposición da marquesiña
que existía no entorno do cruce de Valiñas, e que permitía aos
usuarios do transporte escolar resgardarse das inclemencias do
tempo.
O BNG demanda que se solventen todas estas deficiencias á
maior brevidade posíbel, aínda que xa se teña feito a inauguración
oficial.
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

El BNG alerta de que Barro-Meis deja un agujero de diez millones de euros en las arcas provinciales

El BNG sacó ayer la artillería electoral para disparar contra uno de los voz-de-galiciaprincipales bastiones de poder que conserva el Partido Popular en Galicia: la Diputación de Pontevedra. El portavoz nacionalista en la institución provincial, César Mosquera, arremetió contra el gobierno de Rafael Louzán, al que acusó de una gestión deficiente en la tramitación del polígono industrial de Barro-Meis. El Bloque cifra en diez millones el agujero que deja ya el macroproyecto industrial en las arcas provinciales.

El precio fijado para las expropiaciones y el coste del abastecimiento de agua al polígono estarían detrás del desfase presupuestario. La Diputación cifra en 20 millones la suma invertida ya en el área empresarial. A incrementar el coste ha contribuido de forma decisiva la modificación del precio fijado para las expropiaciones. En un principio fue de 9 euros por metro cuadrado, pero finalmente se situó en 21. La Diputación ha recurrido la decisión del tribunal. Pero el BNG ya computa ese incremento del precio en ese déficit de diez millones de euros. Así, la partida de expropiaciones pasó de los 4,5 millones de euros a 11,5.

Desde la Diputación, el vicepresidente económico, José Manuel Figueroa, salió ayer el paso de las palabras de Mosquera. «Esto pasa en todas as Administracións e a mesma decisión do xustriprezo, ou máis alta ainda no prezo, ocurreu tamén cos terreos que expropia a señora Táboas -asegura Figueroa en referencia a la conselleira de Vivenda- en diversos polígonos da provincia, só que o señor Mosquera só se alegra no caso da Deputación».

Al desfase en la expropiación suman los nacionalistas el coste del abastecimiento. Llevar el agua a Barro-Meis cuesta 3,3 millones. La Diputación asume dos. Pero César Mosquera defiende que los costes se podrían haber abaratado si el polígono hubiese sido transferido al Intituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependiente de la Consellería de Vivenda, en manos del BNG en la Xunta.

«A Deputación puido deixar Barro-Meis en mans da Xunta, con moitísima máis experiencia na xestión de chan industrial, pero non o fixo por esa directriz do PP de empregar a Deputación de Pontevedra como ariete», dice César Mosquera, que sostiene que en su día sí estuvo justificado el impulso del área industrial desde la instrucción provincial ante la negativa de la anterior Xunta del PP.

Sin embargo, para el Partido Popular, detrás de las acusaciones del BNG se esconde otra intención. «Mosquera vai con oito meses de retraso e saca agora o recurso que presentamos ante o TSXG en xullo para desviar a atención da nefasta xestión do Concello de Pontevedra que lle debe a proveedores, fixa consignacións que non esisten, ten débedas coas empresas e debe á Deputación 3 millóns de euros polas certificacións de Pasarón», arremetió ayer Figueroa, quien dice que si el Concello de Pontevedra pagase esa cantidad, ya se cubriría el 30% del déficit denunciado en Barro-Meis.

figueroa

El BNG de Barro pide que se pare la revisión catastral en zonas afectadas por la concentración parcelaria

El BNG de Barro presentó ayer una moción para que el Ayuntamiento solicite a la Gerencia Territorial del Catastro la paralización de la revisión de las fincas en aquellas parroquias del municipio que están afectadas por la concentración parcelaria en marcha.

En la exposición de motivos, el portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fernández Abraldes, señala que en la actualidad se está realizando en varias parroquias la concentración parcelaria, encontrándose en la última fase de asignación de parcelas en Agudelo, Valiñas y parte de Barro, «o que ocasiona unha modificación substancial e significativa das fincas existentes con anterioridade».

El Bloque considera que no parece oportuno que en esta situación de provisionalidad la Gerencia Territorial del Catastro haga la revisión catastral de las fincas, «toda vez que a cartografía sobre a que se basea pouco ten que ver coa situación actual de moitas delas».

El concejal reclama en su propuesta que se realice un «traballo serio» y que responda a la realidad, por lo es preciso -según el BNG- esperar a que se resuelva el actual proceso de concentración parcelaria.

Hace unos días, en Caldas se exigió la paralización de la revisión del padrón rústico porque los planos empleados están «obsoletos» y es necesaria una nueva planimetría.

El BNG de Barro ve en el suministro delLérez la solución para las industrias y los domicilios

El BNG de Barro afirmó ayer que considera que la «mellor solución de futuro» para el suministro al municipio, tanto industrial como de uso doméstico, sería llegar a un acuerdo con el Ayuntamiento de Pontevedra para que el aporte de agua se realice desde el río Lérez.

Así lo expuso ayer en Pontevedra el portavoz de los nacionalistas, Xosé Manuel Fernández Abraldes, que estuvo acompañado por la concejala María Xesús Castro. El edil respaldó la propuesta que el miércoles trasladó al Ipespo, el instituto gestor del suelo industrial de la Diputación, su compañero de partido César Mosquera.

A preguntas de los periodistas, Fernández Abraldes apuntó que hasta el año 2011 -horizonte que se maneja para un posible suministro al polígono de Barro-Meis desde el Lérez- habría que pensar en «solucións provisionais». «Ao mellor podería ser unha tubaxe de distribución de auga ao polígono de Outeda, porque hai que ter claro que tampouco vai estar feita en tres meses a captación do río Chaín que contempla o Ipespo», remachó.

Problema de bombeo

El Bloque se mostró ayer satisfecho porque a raíz de una moción suya en la que se solicitaba que el Ipespo resolviera el suministro de agua al polígono de Outeda, con garantías de futuro y sin perjuicio para el abastecimiento a los ciudadanos, «por fin se presentan posibles solucións».

En este sentido, el concejal subrayó que los hechos demuestran que el plan de sectorización del parque empresarial fue aprobado «de forma irregular, pois non tiña previsto o suministro de dito servizo».

No obstante, Fernández Abraldes cuestionó la solución que baraja el Ipespo, que plantea la captación de agua en el río Chaín, en el límite entre Barro y Portas, en una cuota de 27 metros sobre el nivel del mar, bombeando el agua hasta un depósito que se construirá en las inmediaciones del parque, en una cuota de 200 metros. Esta situación requeriría, según el BNG, un bombeo «moi potente», añadiendo que la zona de captación se inunda en invierno y que la escasez de agua en verano no cubriría las necesidades de otros polígonos previstos (Sequeiros y O Caeiro) ni de la población.

El Bloque exige garantías para dar agua al polígono de Outeda

El BNG de Barro presentó ayer una moción para que el abastecimiento de agua al futuro polígono industrial de Outeda-Curro se haga con las suficientes garantías para que no se vea mermado el suministro a la población. Los nacionalistas plantean que el Ayuntamiento se dirija a la Diputación, promotora del parque empresarial, para que el abastecimiento se haga con el caudal previsto en la memoria del plan de sectorización, pero teniendo en cuenta las necesidades futuras.

Según este documento, la dotación mínima de agua es de 0,5 litros por segundo y hectárea, lo que supone unos 25 litros por segundo de caudal continuo. Está prevista una conexión desde el depósito municipal existente en San Antoniño a uno nuevo de regulación para abastecimiento del polígono. En la moción también se demanda al organismo provincial información sobre cómo se va a resolver el suministro y en qué plazos, al tiempo que se insta al Ipespo a que comunique a las empresas que adquirieron parcelas los plazos reales para la entrada en funcionamiento del parque

BNG-SABADO 1 DE MARZO AS 21:00h.

NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARRO.

FALARAN:XOSE MANUEL FERNANDEZ ABRALDES, PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG, MIGUEL ANXO FERNANDEZ LORES, ALCALDE DE PONTEVEDRA E ANXOS RIVEIRO PORTELA, CANDIDATA Nº 2 AO CONGRESO POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Políticos e veciños de Barro pactan as alegacións ao proxecto

Os tres grupos políticos da corporación de Barro (PP, BNG e PSOE), o presidente da Plataforma da PO-531 e os dirixentes das comunidades de montes de Curro e de Portela consensuaron o pasado luns un escrito de alegacións ao proxecto de ampliación previsto por Política Territorial. O documento recolle basicamente as suxestións xa expostas polo Bloque.

Os asinantes piden á Xunta que modifique o proxecto, cambiando a súa concepción de priorizar a circulación de vehículos por outra que humanice o viario PO-531 ao seu paso por Barro. O obxectivo é retardar o tráfico, aumentando a seguridade viaria e permitindo a máxima permeabilidade peonil coa construción de beirarrúas e zonas verdes, integrando a estrada no espazo urbano polo que discorre.

Tamén solicitan que se minimice «todo ou posible» o impacto da obra, tanto de expropiacións de vivendas como de afeccións. Suxiren que se protexa e repoña (de ser necesario) todo o patrimonio cultural afectado polo proxecto e que este se axuste ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro.

Finalmente, os partidos e os colectivos veciñais propón que se teña en conta como solución ao tráfico rodado de vehículos entre Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra a posibilidade da liberación da peaxe da AP-9 entre Curro e Pontevedra.