foron inauguradas as obras de reforma da estrada entre A Goulla e
Porráns, polo Presidente da Deputación e polo conselleiro de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O BNG considera que esta era unha obra necesaria para a mellora
da seguridade de todo o seu trazado. O que nos parece esaxerado
é que unha obra destas características implique 8 anos de molestias
e inseguridade, debido ao mal costume da Deputación de
fraccionar as súas actuacións en innumerábeis fases.
Para o BNG non é de recibo que despois de agardar tantos anos,
a inauguración destas obras se faga sen resolver algúns problemas
de construción detectados na mesma. Un deses problemas é
a rotonda de Valiñas (na que se fixo a inauguración oficial) que presenta
problemas de xiro tanto para camións como para autobuses,
deficiencias recoñecidas mesmo polo Alcalde de Barro en sesión
plenaria, e que aínda non foron subsanados.
Outra das carencias detectadas é a non reposición da marquesiña
que existía no entorno do cruce de Valiñas, e que permitía aos
usuarios do transporte escolar resgardarse das inclemencias do
tempo.
O BNG demanda que se solventen todas estas deficiencias á
maior brevidade posíbel, aínda que xa se teña feito a inauguración
oficial.
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes
