A Banda Xuvenil de Barro realizará o seu segundo campamento musical de verán, do 3 o 7 de setembro no albergue Marista de Tui.
BANDA XUVENIL DE BARRO
II Festival Zonal de Bandas
Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música desta provincia, convoca o II Festival Zonal de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, que terá lugar os días 19, 26 e 27 de outubro, e 9 e 10 de novembro
- Normas. Inscrición ata o 25/09/2013
- Formulario de participación
- Bandas participantes
- Zona Valga: 19 de outubro, Auditorio Municipal de Valga
- Zona Tui: 26 de outubro, Teatro Municipal
- Zona Lalín: 27 de outubro, Auditorio Municipal de Lalín
CONCERTO LETRAS GALEGAS 2013
Tres mozos de Pontevedra tocarán coa European Union Youth Wind Orchestra
Son David Lavía Fontán, que toca o bombardino, Jorge Alberto González Reynoso Sarabia,
percusión e Adrián Silvaque repite nesta experiencia. Os tres foron seleccionados polaEuropean Union Youth Wind Orchestra (EUYWO)baixo a batuta do mestre Jan Cober a Xoven Orquesta de Vento da Unión Europea.
Cada dous anos, este conxunto de alto nivelreúne a algúns dos máis talentosos músicos novos
europeos a participar nunha xira de concertos por Europa, baixo a dirección do famoso director de orquesta holandés Jan Cober. Nesta ocasión logo dun primeiro concerto en Luxemburgo, a orquesta irase de xira aos Países Baixos. Por invitación da Music World Championship Kerkrade (WMC), a orquesta tamén participará nun proxecto conxunto coa Orquesta Simón Bolívar de Venezuela.
A EUYWO está integrada por mozas entre 15 e 30 anos.
Adrián naceu Barro en 1984 e comezou a súa formación na Banda de Música Xuvenil dese municipio. En 1995 ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde rematou os seus estudos coas máximas cualificacións, ingresando no Conservatorio Superior de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Participou con éxito en múltiples certámenes de novos intérpretes e colaborou con agrupaciones como Real Filarmonía de Galicia, como solista da Orchestra dei Fiati “Citta dei Ferentino”, ou o quinteto de vento Rubatto. Adrián é, ademais, o presidente daSociedade Musical de Pontevedra á que pertence a Banda de Música de Pontevedra.
MÚSICA NAS PARROQUIAS
Concerto Solistas BXB 2013
Concerto Solistas BXB 2013. 14 de abril de 2013 na nave da Escola Taller en Outeiro Perdecanai, Barro
Programa:
“Negra Sombra” arr. de Juan Lois Diéguez
Solista Julia Piñeiro (Fagot)
“Alfie” T. Mashima
Solista. Iván Abalo (Trompeta)
“Concertino for trombone” Lars-Erik Larsson
Solista: Óscar Tarrío Oubiña (Trombón)
“Golden age of the xylophone” Randy Eyles, Floyd Werle
Solista: Jorge Alberto González-Reynoso Sarabia (Xilófono)
“Macky the knife” Kurt Weill
Solista: Roberto Beade (sorpresa)
Agardámosvos!!
A banda sonora da BXB
>O vindeiro condcerto da Banda Xuvenil de Barro será o vindeiro domingo, día 23 de Decembro de 2012 ás 18 horas na nave da Escola Taller de Barro. será un concerto moi entrañable, pois este nadal estamos de celebración, a Banda de Música Xuvenil de Barro cumple 20 anos. 20 anos de ilusión, de compromiso, de momentos doces … e momentos menos doces, pero no que sempre nos acompañou e sempre tivemos algo en común, a música.
A primeira actuación da BXB foi o día 25 de Decembro do ano 1992, van alá 20 anos xa, 20 anos nos que algún dos integrantes nos fomos facendo maiores e outros foron nacendo, para dotar a esta agrupación de novos compoñentes que aporten alegría, paixón, ideas, e sobre todo moitas ganas de facer o que mais nos gusta a todos que é a música. E para celebrar que a agrupación cumple 20 anos e que sigue incorporando xente nova cada ano faremos un concerto de Bandas Sonoras dos anos 90, unha década na que se fundou a Banda e na que naceron a maioría dos membros da banda. Ademais, o concerto servirá de presentación dos novos músicos da BXB.
Magán honra a Santa Lucía
Magán honra a Santa Lucía
A Banda Cultural de Barro e a orquestra Aché repetirán na Santa Lucía de Magán. As misas serán ás 10, ás 11 e ás 13 horas (solemne). Limón completará o programa da verbena.









