As Pombas de Carboeiro

cartel-as-pombas-de-carboeiro-actuacion-domingo-5-xuno

Concerto”Unha noite de amor con Lela”

“Unha noite de amor con Lela” ás 20h no Pazo da Crega, o día das Letras Galegas..

concerto banda musica barro

AGUDELO. MÚSICA NAS PARROQUIAS

CONCERTO BARRO

Concerto Pre-certame o sábado 14 de novembro ás 20h na escola taller

Concerto Pre-certame o sábado 14 de novembro ás 20h na escola taller

BANDA XUVENIL DE BARRO

XVII festival de Bandas de música de Barro

Cartel do XVII festival de Bandas de música de Barro que se celebrará o vindeiro día 20 de setembro ás 18h no pavillón municipal de Barro. Participarán: Banda de Música de Castrelo , Banda de Música de Sanxenxoe a Banda Xuvenil de Barro.

BANDA XUVENIL DE BARRO

CONCERTO BXB “FERVENZA DE ARTISTAS”

Domingo 31 de maio as 19:30 en Barosa (En caso de choiva farase na nave da escola taller)

concerto bxb

CONCERTO “FERVENZA DE ARTISTAS”

CONCERTO BANDA DE BARRO

Concerto Música coas nosas bandas, Banda de Música Xuvenil de Barro

A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda de Música Xuvenil de Barro o vindeiro sábado 31 de outubro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).

Coa celebración de este concerto continúa no ano 2015 o Ciclo Música coas Nosas Bandas que con notable éxito, a tenor dos asistentes e participantes, subiu ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas.

Sobre o escenario valgués, os compoñentes da Banda Xuvenil de Barro, agrupación de probada calidade artística e musical nos seus máis de 20 anos de existencia, interpretarán, baixo a batuta do seu director titular Alberto Xesús Busto Castaño, unha selección do seu mellor repertorio onde mesturarán temas tradicionais e contemporáneos xunto coa participación de varios dos seus solistas.

O programa será o seguinte:

-Olé¡ Contrabandistes de Ramón García i Soler

-Symphonic Suite de Clifton Williams
I. Intrada
II. Chorale
III. March
IV. Antique dance
V. Jubilee

-Don Carlo de Verdi (arr. Johan de Meij)
Solistas: Óscar Tarrío e Camilo Ferreira

-Barro de Andrés Pérez Fernández

-Children of Sánchez (arr. Naohiro Iwai)

-O merlo branco de Eugene Domare (arr. José Luís Represas)
Solistas: Cristian Búa e Adrián Silva

-A boda de Luís Alonso de Jerónimo Giménez

-Almuiña de José Carracedo

Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia e toda a difusión que lle poidan dar a este evento.

O ciclo Música coas nosas Bandas continuará o sábado 28 de febreiro co concerto da Banda de Música de Rábade e Begonte (Lugo).

banda de barro

BARRO BAILA

A Banda Xuvenil de Barro realizará o tradicional concerto de nadal o día 27 de decembro as 20:00h no pabellón municipal de Barro, xunto co grupo de baile de salón BTroula Clube de Baile (Meis).
Interpretaremos un programa variado, dende pasodobres ata cumbias. Quedades todos invitados, non o perdades!!!

BARRO BAILA

A Banda de Música Xuvenil de Barro consegue o terceiro posto no Certame de bandas de música da Deputación

la voz

A Banda de Música Xuvenil de Silleda alzouse onte co primeiro premio do Certame de bandas de música da Deputación na segunda sección celebrada en Lalín competindo con seis agrupacións máis. O destacado concerto da agrupación silledense que dirixe Rafael Agulló repórtalle un premio de 3.500 euros en efectivo. Pero a bisbarra do Deza foi a estrela do certame ao atesourar tamén o segundo posto. Fíxose acredor deste a Banda de Música Municipal de Agolada que dirixe Nilo Jesús García Armas e que lle reporto un premio de 1.800 euros en efectivo. O terceiro premio recaeu na Banda de Música Xuvenil de Barro (1.250 euros en material instrumental). O certame tivo gran seguimento no auditorio e na entrega de premios participaron os alcaldes de Lalín, de Agolada e a alcaldesa de Melide, entre outros outros representantes municipais.

bxb

Festival de bandas de música de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de Música municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro.

O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro finánciase coa colaboración de comercios, empresas locais e comunidades de montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se poida seguir celebrando ano tras ano, ademais da rifa dunha fin de semana no Balneario de Cuntis que se sorteará durante a celebración do festival.

Nesta edición a Banda Xuvenil de Barro interpretará o mesmo repertorio co que concursará no Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra o vindeiro mes de outubro.

http://pontevedraviva.com/cultura/14555/barro-festival-bandas-musica-leerber-musig-valga-rianxo/

banda de barro

XVI Festival Banda de Música Barro

BXB

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA DE BARRO

A escola de música de Barro abre o prazo de inscripción para todo aquel que queira familiarizarse coa música e pasar un rato agradable en boa compañía. Os novos alumnos terán un mes de proba gratis. Animádevos!!!

ESCOLA DE MUSICA

A Banda Xuvenil de Barro realizará o seu segundo campamento musical de verán

A Banda Xuvenil de Barro realizará o seu segundo campamento musical de verán, do 3 o 7 de setembro no albergue Marista de Tui.

bxb

II Festival Zonal de Bandas

 Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música desta provincia, convoca o II Festival Zonal de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, que terá lugar os días 19, 26 e 27 de outubro, e 9 e 10 de novembro

banbabarro