ROTEIRO DOS BOLECHAS EN PONTEVEDRA
SAIDA DO LOCAL DA ASOCIACIÓN ÁS 17:30 h
EN PONTEVEDRA XUNTO A PEREGRINA ÁS 20:00 h
https://www.facebook.com/events/574743952572174/
ROTEIRO DOS BOLECHAS EN PONTEVEDRA
SAIDA DO LOCAL DA ASOCIACIÓN ÁS 17:30 h
EN PONTEVEDRA XUNTO A PEREGRINA ÁS 20:00 h
https://www.facebook.com/events/574743952572174/
O vindeiro domingo día 12 de maio o terceiro concerto do ciclo “Música nas parroquias” organizado pola Asociación Cultural de Barro.
Nesta ocasión celebrarase ás 20 h. na igrexa de Curro e correrá a cargo de Martín Fontán (saxo), Cristina García (Trompa), Nieves García (frauta) e Laura Juncal (cello)
Para máis información contactar con:Roberto Rivas (Presidente da A.C. Barosa): 696075638
Barro, sobre todo desde que existe a Banda Xuvenil, é unha canteira de mozos
e mozas que atoparon na música a súa afición e, en moitos casos, a súa profesión.
A calidade musical que atesouran estes músicos é sobradamente recoñecida e, por iso, desde a A.C. Barosa decidimos organizar este ciclo de concertos, co obxectivo de achegar a música aos nosos veciños e veciñas, ao mesmo tempo que facemos un recoñecemento a eses mozos e mozas que, con moito esforzo e adicación, levan con moito orgullo o nome de Barro polo mundo adiante.
Este Iº Ciclo consta de catro concertos :
–Igrexa de Perdecanai
. Domingo 28 de abril ás 20 h., a cargo de Cristian Búa (frauta), Oscar Tarrío (Trombón), Iván Abalo (trompeta) e o Grupo de Metais da Banda Xuvenil de Barro.
–Igrexa de Agudelo
. Sábado 4 de maio ás 21 h., a cargo de Iván Abal (zanfona), Adrián Silva (frauta) e Jorge A. González (marimba).
–Igrexa de Curro
. Domingo 12 de maio ás 20 h., a cargo de Martín Fontán (saxo), Cristina García (Trompa), Nieves García (frauta) e Laura Juncal (cello)
Pazo da Crega
. Venres 24 ás 21:30 h. O CONCERTO DOS CANDÍS.
Prégase traer candís da casa
Este ciclo terá continuidade con outros e abarcará a totalidade das parroquias do concello.
Para máis información contactar con:
Roberto Rivas (Presidente da A.C. Barosa): 696075638