A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, está organizando un novo “Nadal Solidario en Barro” na súa 5ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro. Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello. Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 600 kg recollidos o ano pasado. Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios. Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde. Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.
Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.










considera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no “Barro de Tapas, 1ª Edición” lograsen unha venta total de máis de 800 tapas.

