📝27 de abril ⏰ 10.15 horas Roteiro por Pontevedra relacionado coa figura do ilustre Alfonso Rodríguez Castelao. Dará saída da Praza de San Xosé (Pontevedra) e o guía será Roberto Rivas Reboredo. Será preciso que vos anotedes chamando ou enviando un Whastsapp ao seguinte teléfono 📞647742581 (Esteban) ‼️Prazas limitadas‼️
Concello de Barro e varios colectivos únense para organizar o evento da II Feira do San Amaro .
A Comunidade de Montes da Portela, Grupo de Danzas Amor Ruibal e Concellería de Turismo, Festas e Feiras, organizan este evento coa colaboración da Asociación Revolto Artesán, Protección Civil de Barro , Pulpeira Olga e Mesón Don Pulpo.
Lembramos que aínda estades a tempo de participar no noso certame literario! O prazo de entrega remata ás 14:00h do luns 5 de maio, e os traballos deben presentarse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Barro ou a través do centro educativo.
🖊 Quen pode participar? Calquera persoa empadroada ou escolarizada no Concello de Barro.
📄 Modalidades e formatos: ✅ Prosa: contos ou microrrelatos ✅ Verso: poemas en formato libre, acrósticos, caligramas ou haikus → Todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en galego. → Deben seguir as condicións específicas segundo a idade.
🏆 Categorías e Premios: Hai premios en vales de 20€, 30€, 40€ e 50€ segundo a categoría (primaria, ESO, +16 anos). 🧒 Tamén se entregarán lotes de libros para as aulas de Infantil participantes.
📥 Forma de entrega e identificación dos traballos: → Identificación segundo o tipo de obra e iniciais do autor/a. → Presentación preferiblemente a ordenador (Arial 12) na categoría de adultos. → Soportes dispoñibles na OMIX ou nos centros educativos.
📚 A entrega de premios será o sábado 17 de maio, con lectura en voz alta das obras gañadoras e exposición pública (sempre que as condicións o permitan).
📞 Máis info e bases completas: Na sede electrónica do Concello( taboleiro de anuncios) https://barro.sedelectronica.gal/info.0 ou na OMIX (Santo Antoniño, Perdecanai nº12 – Tlf: 986 714 806 / 690 722 812)