É evidente que unha das principais causas de morte causadas polo home son os atropelos. A maioría só viu ourizos cando estan atropelados na cuneta… e é que nos cobramos miles de vidas cada ano.
Así que cando conduzas por estradas secundarias desde última hora da tarde ata a madrugada, non corras e presta moita atención á calzada.
Cando un ourizo sente un vehículo achegarse o seu instinto é facerse boliña para protexerse, pero de nada sérvelle.. o único que pode evitar o atropelo e freando ou desviándose, e só poderás facelo se conduces a unha velocidade adecuada, por suposto sen poñer en risco a túa seguridade nin a do resto de vehículos.
A última operación antidroga desenvolvida pola Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional ha permitido localizar e sacar de circulación un laboratorio artesanal no que se realizaban tarefas de corte da heroína e de cocaína nun inmoble da localidade de Barro.
Neste obradoiro os libros serviran de inspiración para crear novos personaxes cos que experimentar coa animación tradicional (stopmotion) mediante a creación debuxos articulados que cobrarán vida gracias á fotografía. Establecerase o vínculo entre literatura e cinema, introducindo o mundo da animación e os principios da imaxe en movemento.
📌Barro, Biblioteca pública 📅 Sábado, 8 outubro 🕡 12:00 h Entrada gratuíta. Prazas limitadas Inscrición no email omix@barro.es, solicita o formulario para a inscripción. Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Xunta de Galicia