Subvencións para mulleres con fillos a cargo

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

Convocatoria

Obxecto: a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Prazas: convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Duración: as estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Condicións económicas: os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Prazo: ata o 16 de maio.

Dende hoxe xa se pode escoitar RADIO CALDAS en Barro

Dende a Dirección de RADIO CALDAS infórmannos que xa podedes escoitar RADIO CALDAS de forma optima en practicamente toda a zona do SALNES no 107.4 fm.
CALDAS DE REIS… MORAÑA.. BARRO.. PORTAS..CATOIRA…VILAGARCIA..CUNTIS.. PONTEVEDRA.. e por fin CARRACEDO que despois de varios anos e a pesar da proximidade non nos escoitaban.
GRAZAS A TODOS e BENVIDOS AMIGOS.

MANIFESTANTES PRESOS POR PROTESTAR

PONTEEMPREGO. Boletín semanal de emprego nº89

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE FUTBOL.3ª SEMANA DE ABRIL

VETERANOS

Inaugararase a “Captación de auga de Briallos-Barro”

O domingo 22 de abril ás 13:00h inaugararase a “Captación de auga de Briallos-Barro” estarán presentes o concelleiro de medio ambiente, territorio e infraestructuras, o Delegado Territorial do Goberno e o Presidente da Deputación, parece ser que aquí tamén se tratará a obra “Urbanización Castro e San Roque”…

Plan Provincial de Emprego 2012 da Diputación

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo  unha xuntanza cos traballadores que durante un período de seis meses van a traballar dentro do Plan Provincial de Emprego 2012 da Deputación. Concretamente, hoxe achegáronse ata o Pazo Provincial os traballadores do primeiro turno de contratacións incluídos neste plan que posibilitará ocupación e emprego.
Segundo informou Rafael Louzán, o Plan de Emprego ten unha dobre intencionalidade, por unha banda, cooperar cos 62 Concellos da Provincia na realización de labores de acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais, a conservación e mantemento de infraestruturas, a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais, así como outras funcións que os concellos teñan necesidade de cubrir durante eses meses.

Por outra banda, esta iniciativa ten tamén por obxecto “contribuír á xeración de emprego, ó desenvolvemento económico”. Precisamente, ó remate da xuntanza, os traballadores recolleron os seus contratos. Estes foron dirixidos a persoas paradas e a súa selección realizouse a través das oficinas do servizo público de emprego, atendendo a criterios de mérito e capacidade. En principio a Deputación contratou a nove traballadores para cada un dos 62 municipios. Perante a xuntanza, Rafael Louzán apelou á “implicación, colaboración e cumprimento das tarefas que vos encarguen os respectivos concellos”, tarefas todas elas “dedicadas a mellorar infraestruturas e calidade de vida dos cidadáns e a manter a nosa provincia coa pulcritude que merece de cara aos numerosos visitantes que recibimos”.

Transaccións Inmobiliarias no Municipio de Barro

Segun os datos do 4º Trimestre do 2011 publicados polo Ministerio de Vivenda, o n.º de transaccións inmobiliarias no municipio de Barro ascende a un total de 0.

En todo o ano 2011 o n.º de transaccións no municipio de Barro foi de 9 un -65,38% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 4º trimestre (26 Transaccións).

En toda a provincia o n.º de transaccións en todo o ano foi de 4831 un un -35,54% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 4º trimestre (7494 Transaccións).

A continuacion móstrase a evolucion dos ultimos anos de forma grafica:

RÓUBALLE A WIFI !!

Boletín de ofertas de emprego.Santiago nº 162

PAPÁ VOU SAIR

Dúas persoas resultan feridas nun accidente en Curro

APRENDE A CONTAR O MAR: PARA SER GRUMETE

Rajoy descarta un rescate e esixe a Monti e Sarkozy que deixen de falar de España

FESTAS EN SAN AMARO- A PORTELA