Revista semanal. Xuventude.net

Actuación de Ana Angueira

O Restaurante Portaliña organiza unha cea baile por 15 € este sábado coa actuación de Ana Angueira, comenzara ás 21:30.

 

RUTAS BTT NO CONCELLO DE BARRO

LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA ) DA ESCOLA INFANTIL DE BARRO PARA O CURSO 2012/13

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA ) DA ESCOLA INFANTIL DE BARRO PARA O CURSO 2012-2013.

DESCARGAR O LISTADO, PREME AQUI

Barro é un dos municipios que máis diñeiro solicitaron en relación coa súa poboación

BANCO MALO,BANCO TRAVIESO

Os comuneiros aseguran que a praga do eucalipto xa afecta a case todo o Castrove

O gurgullo do eucalipto afecta á práctica totalidade da superficie forestal do monte Castrove, tal e como recoñece o presidente da agrupación de comunidades de montes da serra, Claudio Quintillán. O Gonipterus scutellatus produce serios danos no eucalipto e diminúe o seu aproveitamento para a industria madeireira, polo que os propietarios do monte e a Xunta de Galicia están a buscar fórmulas para facer fronte á praga.
Unha das medidas expostas está a xerar unha acesa polémica, pois se trataría de fumigaciones aéreas cun produto que segundo Quintillán xa está prohibido na maior parte dos países da Unión Europea e que só se poderá utilizar en España ata xullo próximo. O presidente das comunidades de montes do Castrove está en contra das fumigaciones, pois sostén que o produto empregado é moi daniño para as abellas –un insecto vital para a reprodución das plantas– e que mesmo pode terminar nos mananciais de auga, cos consecuentes riscos para a saúde humana.
O asunto está a xerar unha gran controversia entre os propietarios de explotacións forestais, por iso é polo que Quintillán decidise introducilo na orde do día da asemblea que a mancomunidade celebra mañá venres ás 20,30 horas en Armenteira (Meis), e na que tamén se falará do proxecto de planta de biomasa. Así, os membros da ducia de comunidades do Castrove darán a súa opinión sobre as mellores fórmulas para erradicar o gurgullo.
“Podemos dicir que case todo o eucaliptal do Castrove está afectado pola praga. Falamos de centos de hectáreas”, manifesta Claudio Quintillán. “Temos esta praga desde 1992, e aínda que se fixeron tratamentos de loita biolóxica non forneceron efecto, porque se realizaban só en zonas concretas. E si, neses puntos reducíase a presenza do gurgullo, pero ao final o resto do monte seguía infectado”.
Entre tanto, a Consellería do Medio Rural e do Mar está a incrementar esta primavera a solta nos montes do parásito Anaphaes Nitens, un depredador natural que só se alimenta dos ovos do gurgullo.
O departamento que dirixe Rosa Quintana anuncia que este ano se liberará un 164 por cento máis de parásitos que na primavera de 2011, pero admite así mesmo que o control das colonias de gurgullo debe facerse por agora complementando a loita biolóxica con tratamentos químicos, entre os que se contemplaría o uso das fumigaciones aéreas. O obxectivo, engade a Xunta de Galicia, é que “nun futuro próximo o control poida abarcarse integramente con loita biolóxica”.
Así, a Consellería do Medio Rural indica nun comunicado que “o tratamento químico realizaríase aplicando un inhibidor de quitina que actúa nos estadios larvatorios do insecto. A materia activa deste produto é o flufenoxorum, o único rexistrado e autorizado na actualidade para o seu uso no eucalipto. A execución deste tratamento pode facerse coa combinación de medios aéreos e terrestres, seguindo as condicións establecidas na lexislación vixente”.
En canto á loita biolóxica, liberando no monte o parásito dos ovos do gurgullo, a súa finalidade é “establecer un equilibrio entre as poboacións do insecto e as da súa parásito natural, reducindo a poboación do primeiro por baixo do limiar de praga”. A Xunta soltará este parásito en ducias de municipios, incluídos case todos os do Castrove, e varios máis da comarca do Salnés.

Datos do paro no mes de abril en Barro

A Comunidade de Usuarios “Os Vintedous”obteñen unha concesión de caudal de auga

ESTOU NA BANCA ROTA

MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. O goberno do PP na Xunta de Galiza acaba de publicar o decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. No mesmo estabelécese que o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público que debe ser garantido polos concellos. Tamén regula o financiamento do conxunto dos  servizos sociais comunitarios e concretamente no que se refire aos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico soamente financiará ás corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, onde só financiará ao traballador/a social. Deste xeito, a inmensa maioría dos concellos galegos, que son os que contan con menos de 20.000 habitantes, entre eles o noso, van a ser excluídos das axudas que até o de agora viñan recibindo da administración galega.
  2. As axudas da Xunta aos servizos sociais comunitarios xa foron recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar. O Plan de 2011 dispoñía de preto de 24 millóns de euros para as prestacións sociais básicas, servizos sociais comunitarios e plan de desenvolvemento xitano, e o goberno do PP os recortou en 2,4 millóns de euros.
  3. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros. As partidas do programa de servizos sociais comunitarios foron eliminadas e o plan de desenvolvemento xitano ten unha partida simbólica de pouco máis de 100.000 euros.
  4. O decreto publicado vén a corroborar que o goberno do PP na Xunta de Galiza se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do Servizo de Axuda no Fogar Básico, o que obrigará no mellor dos casos aos concellos a financiar estes servizos e aos usuarios e usuarias a pagar máis nas súas aportacións como copago, ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan e só se manteñan para as persoas dependentes coa prestación asignada no seu Plan Individual de Atención.
  5. O propio decreto estabelece que as Deputacións terán que prestar axuda económica e técnica aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Non obstante, non as obriga con cantidades nin porcentaxes. En cambio obriga aos concellos a aumentar o 20% para os concellos de menos de 20.000 habitantes, o 25% para os de 20.000 até 60.000 e o 33% para os de 60.000 ou máis habitantes.
  6. Compre salientar que o Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia é ao que teñen que recorrer as persoas con problemas de desestruturación familiar, casos de enfermidade aguda tras alta hospitalaria, persoas en situación de dependencia aínda non valoradas, persoas en situación de dependencia valorada e con dereito pero que non teñen o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar ou outra prestación asignada (por estar en lista de espera que hoxe en Galiza supera as 27.000 persoas).
  7. O que se pretende con este decreto é trasladarlle aos concellos unha competencia, facer unha descentralización administrativa, pero sen financiamento, onde a Xunta de Galiza abdica das súas competencias para impoñerlle aos Concellos que poñan a disposición da Xunta as dependencias municipais, asumindo todos os custes, a xestión de todos os sistemas informáticos e as horas de traballo do persoal do Concello, para facerse cargo do Servizo de Axuda no Fogar Básico.
  8. A Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias e garantir uns servizos sociais comunitarios acorde coas necesidades da poboación. E garantir e xestionar un servizo público básico que debe chegar en igualdade de calidade e dereitos a todos os galegos e galegas independentemente do concello onde vivan, como acontece coa sanidade e co ensino.
  9. Se non se fai así as consecuencias van a ser moi graves. En primeiro lugar para as persoas usuarias do servizo, en segundo lugar para as xa depauperadas arcas municipais e para os traballadores e traballadoras que realizan este servizo xa que perderán o seu emprego, pasando a incrementar a alta taxa de desemprego existente.
  10. O mesmo decreto tamén estabelece unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda o copago a realizar. Incrementos grandes para as persoas que teñen recoñecidas as prestacións por dependencia e aínda moito maiores para as que sen ter recoñecida as prestación están en grave situación de risco ou vulnerabilidade.
  11. O goberno do PP na Xunta de Galiza ten a obriga de garantir o funcionamento do Sistema Galego de Servizos Sociais e con este decreto lesiona gravemente os dereitos das persoas e pon en grave risco o sistema de servizos sociais.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

Instar á Xunta de Galiza a:

a) Manter o financiamento dos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, así como asegurar un financiamento equivalente ao de anos anteriores aos concellos de máis de 20.000 habitantes.

b) Contribuír economicamente ao mantemento da totalidade dos servizos sociais comunitarios dos concellos.

c) Non incrementar a participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar.

d) Derrogar o decreto e negociar outro no marco da FEGAMP.

Barro a 23 de abril de 2012

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

 

Boletín semanal de emprego ponteemprego nº 92

O Carballo dá Portela xa esta automaticamente ascendido

O Carballo da portela a falta de varias xornadas para finalizar o campionato e que actualmente ocupa o terceiro posto pódese considerar como ascendido debido á diferenza de puntos que lle leva aos seus perseguidores.
Este equipo fundado no 2011 pode dicirse que leva unha carreira pletórica, xa que na súa primeira tempada consegue o ascenso e o pasado agosto se fixeron co “ll Torneo festas de Curro”, un triangular no que participaron os outros dous equipos do Concello, o Barro e o terras de Curro.
Dende este blog felicitamos a todos os xogadores, directivos e a esa numerosa afección que acompaña ao equipo en todas as súas saídas.

 

participa e fainos chegar a informacion que teñas interese en difundir

 

Boletín de ofertas de emprego