OS NENOS E NENAS DAS ESCOLA AMOR RUIBAL,VISITARON ONTE A BASE DA BRIGADA LIGERA AEROTRANSPORTABLE (BRILAT), DONDE DESFRUTARON DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.
Autor/a: Barro
Dia das letras Galegas.Poema de Carmen Casal sobre la Ría de Barosa
Boletín semanal de emprego. Ponteemprego º 93
Falecemento dun rapaz en Curro
PURE INTENSITÉ
Maio, Mes da Lingua
Martes 15 de maio
CONFERENCIA Paz Andrade, por Xesús Portas Ferro e Xosé Álvarez
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
Mércores 16 de maio
LECTURA DO MANIFESTO Vitaminas para o galego
Ás 17 h diante da Casa do Concello (rúa Michelena 30)
Organizan: Vitaminas para o galego e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
CONTACONTOS galegos da tradición oral e Poemas de Paz Andrade, con Xesús Portas Ferro e varios veciños/as e socios/as
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
CONCERTO do Día das Letras Galegas da Filharmonía de Galicia
Ás 20.30 h no Pazo da Cultura
Dirixe: Maximino Zumalave. Textos de Celso Emilio Ferreiro musicados por Antón García Abril, caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade, e cantata das cantigas sobre textos de Rogelio Groba.
Organiza: Consello da Cultura Galega e Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra
Xoves 17 de maio
Manifestación Pola lingua que nos une, ás 12 h, na alameda de Santiago de Compostela
Máis información en http://www.queremosgalego.org/
CINEMA EN GALEGO en Cinebox Vialia
Ás 17 e 19 h, Engurras
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia
ACTO POPULAR EN HOMENAXE A PAZ ANDRADE
Ás 20 h na praza de Curros Enríquez
Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asoc. Sociocult. O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
CINEMA EN GALEGO en Cinebox Vialia
Ás 22 h, Tamén a chuvia
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia
E tamén….
MARTES 15 DE MAIO
PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
Ás 12.30 h no IES A Xunqueira 1
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Onda Cero Radio e IES A Xunqueira 1
CONFERENCIA A matria poética de Valentín Paz Andrade, por Carlos Callón
Ás 19.30 h na biblioteca pública
Organiza: biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
MÉRCORES 16 DE MAIO
PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
As 12.20 h no IES Luís Seoane
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Cadena Cope e IES Luís Seoane
ENTREGA DE PREMIOS dos certames de microrrelato da Escola Oficial de Idiomas
Ás 18.30 h na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Organiza: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Programa completo enhttp://www.pontevedra.eu/pub/documentos/20120430030443_maio-mes-da-lingua.pdf
Premiados no Concurso de Contos 2012
Saramagal desembarca en New York
Hai tres meses púxose en contacto connosco unha distribuidora
norteamericana de produtos españois, interesándose polos nosos produtos. Nunha viaxe de traballo por España viñeron a coñecer a nosa microcervexaría, os nosos procesos produtivos e a “catar” as nosas cervexas artesanais. Tras a súa visita decidiron apostar por nós e polo noso proxecto. Por iso énos moi grato comunicarvos que SARAMAGAL comezará en breve a ser comercilizada en Restaurantes
e Cervexarías de New York, New Jersey e Conneticut! (o primeiro pedido xa está a cruzar o Atlántico).
En tempos de crise, noticias así dan alento a unha sociedade adormecida e entristecida. Hoxe, 6 anos despois do noso nacemento, cremos que esta é unha magnífica noticia para o sector da cervexa artesanal española en xeral e para nós, SARAMAGAL, en particular e por iso queremos compartila con todos eles.
“Saramagal. Unha tarde, dous amigos, unha idea, un sono.
Hoxe saboreades a nosa idea, bebedes o noso sono”
Mais noticias sobre saramagal : https://noticiasbarro.wordpress.com/?s=saramagal
Boletín de ofertas de emprego.
¡ MAMÁ, MOITO TE QUERO!
Os comuneiros alertan de que os montes do Salnés e Pontevedra son unha “polvoreira”
Maleza que leva anos sen cortar e miles de brotes de eucalipto, xurdidos tras a
devastadora vaga de incendios de 2006, forman unha masa de vexetación tan compacta en gran parte da serra de Ou Castrove que os comuneiros están convencidos de que un só lume podería arrasar boa parte da montaña se non se colle a tempo.
A agrupación de comunidades de montes en man común de Ou Castrove celebrou a última hora da tarde do venres unha asemblea en Armenteira (Meis), á que acudiron representantes de 14 comunidades de municipios do Salnés e Pontevedra. A orde do día contiña numerosos asuntos, e tamén se falou da situación do bosque agora que se achega o verán. Neste sentido, o presidente da Mancomunidade do Castrove, Claudio Quintillán (Combarro, Poio) sostén que a situación é máis que delicada debido á densidade da vexetación.
“Hai un excedente de biomasa tan grande despois dos incendios de 2006, e tanta maleza, que un só incendio, con calor e vento, pode propagarse rapidamente”, afirma. “Creo que este ano o problema non será tanto o número de incendios forestais, como a súa extensión”.
O presidente dos comuneiros de Ou Castrove explica que hai tanta vexetación porque “o mantemento do monte é moi caro”, o que obriga ás comunidades a espaciar no tempo as rozas e limpezas, e porque as subvencións da Xunta de Galicia ou se reducen ou non se conceden coa celeridade necesaria. Neste sentido, Quintillán explica que este ano se convocaron dúas liñas de axudas. A primeira saíu en xaneiro, para rareos e tratamentos silvícolas, pero a día de hoxe a Xunta aínda non as resolveu, polo que as comunidades non saben a que aterse. A segunda convocouse fai apenas quince días, pero segundo Quintillán parece máis pensada para comarcas interiores de Galicia, con moito monte raso, que para os bosques arboledos predominantes no Salnés e Pontevedra.
“Esta segunda axuda é para habilitar puntos de auga, que nós en principio xa temos, e para realizar rozas nas marxes das pistas forestais. O problema aí é que piden unha limpeza de catro metros de ancho, e en Ou Castrove hai moitas árbores nesa delimitación”. Por iso, non cre que sexan moitas as comunidades do Salnés e Pontevedra que pidan esta segunda subvención.
Quintillán expón que para reducir o risco sería bo realizar devasa, eliminar bolsas de vexetación escollidas estratexicamente, e mellorar a coordinación entre os medios de extinción que ten a Xunta e os dos concellos, xa que a miúdo estes teñen materiais que están infrautilizados. Tamén lamenta que ninguén consultase coas comunidades para facer os plans de prevención de Distrito e municipais.
“Total opacidade” no proxecto da planta de biomasa
Outro dos asuntos que se abordou na asemblea do venres en Armenteira foi o proxecto de planta de biomasa que a empresa Montelimpo e a Xunta de Galicia queren instalar en Meis. Estaban representantes da comunidade de montes de San Lourenzo, que reiteraron a súa “oposición total e absoluta” a acoller a industria na súa parroquia mentres non lles ofrezan datos máis concretos.
Neste sentido, os socios da Mancomunidade presentes na asemblea expresaron o seu convencemento de que a planta “é interesante”, pero entenden que aínda é necesario “dar moitos pasos antes”. Neste sentido, Quintillán asume que en efecto a información que chegou aos comuneiros é moi escasa e que dese modo é difícil tomar partido.
Por iso, na asemblea acordouse formar unha comisión de seguimento do proxecto, que agora solicitará reunións coas administracións implicadas, incluso o concello de Meis, e coa propia empresa promotora. A planta de biomasa produciría enerxía eléctrica mediante a combustión de madeira e vexetación.
LETRAS GALEGAS 2012
VIERNEEES!! SE ACABA LA SEMANA!!
A Xunta ten previsto fumigar Barro
A Xunta ten previsto fumigar 350 mil hectáreas en todo o País para acabar con non sei que praga que afecta o eucalipto (a instancia da industria papeleira que promove ese monocultivo). O que non din é que estas accións poden estar detrás da progresiva desaparición das abellas e que supostamente hai risco para a saúde humana. Velaqui o mapa, parece que a Barro lle toca de cheo.
Festa do San Cidre( patron dos labregos)
Sabado dia 12 de Maio. Festa do San Cidre( patron dos labregos) a partir das 12. Da maÑa no pavillòn de Barro. Haberá unha misa diferentes das habituais con participación cidadá. Un dos organizadores é D. Manuel párroco de Curro.













