Mirade, Mirade, un eclipse!

OS SOCIALISTAS DE BARRO PROPUXEMOS UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA PARA IMPLANTACION DE EMPRESAS NO CONCELLO DE BARRO.

NOTA DE PRENSA  PSdG-PSOE BARRO.

 BARRO a 27 de Xulio de 2012 

No pleno celebrado onte dia 26 de xullo, propuxemos a esta corporación de iniciar unha campaña informativa e publicitaria, onde se bonifique  o custe das licencias de apertura e obra, e se lles facilite o asentamento a novas empresas  no noso municipio. A proposta sería que sempre que as condicións dos postos de traballo  se poidesen cubrir con veciños deste concello, terían prioridade  para poder así, rebaixar o número de parados, asentar poboación e crear tecido económico.  Neste pleno se aprobaron ainda que con certo retraso con outros concellos o que se ven chamando as “licencias exprés”, que veñen sendo un compromiso por escrito para eliminar certas burocracias, que non eximen da responsabilidade de facelo como mandan as ordenanzas e o mesmo tempo acortan os tempos. Por certo  de pagar non se libra nadie porqué por ese tramite xa  van cobrar tamén a licencia.

 Outra proposta que fixemos  foi que se resolvese o contrato do mercadillo e incluso ofrecemos  o noso apoio para sacar adiante outro concurso público, onde tamén se regule a venta ambulante, porque dende a implatación do mercadillo de Barro, prohibiuse a venda ambulante en todo concello, algo que agora mesmo non se cumple, e que só en algún caso que si había intereses foron levantados os postos  colocando un sinal que indica esa prohibición.   Nos consideramos que o concello debería xestionar a venda ambulante xa que en Barro hai postos os lados das carreteras que actúan de forma ilegal, son persoas  organizadas que son coma  verdadeiras “mafias”. Por outra banda dende o PSOE de Barro pedimos que todo esté ben regulado e ainda que unha empresa xestione dito mercadillo, sexa o concello quen marque as condicións, que consideramos que deben ser acorde os tempos que vivimos e en contratos curtos e con certas garantias onde os comerciantes  e agricultores locais teñan o seu espacio.  A todo esto e visto o “afán recaudatorio obrigado” que ten este concello últimamente, pensamos que o que pasa con esta xestión actual do mercadillo, é algo inxusto e insolidario. ( recordamos que a empresa concesionaria non pagou nunca e levan xa uns cantos anos ríndose deste pobo. Basta xa. 

 Mais información

 José Sanmartín Soto.

Portavoz municipal e Secretario Xeral.

605479388 sanmasoto@hotmail.com

ACEBARRO PON Á VENDA LOTARÍA DE NADAL

XA TEMOS LOTERIA DE NADAL A VENDA EN BARRO, O Nº21592 AXÚDANOS MERCANDO A LOTERIA.
DENDE ACEBARRO DAR AS GRACIAS A TODOLOS EMPRESARIOS POLA BOA ACOLLIDA QUE NOS DERON ONTE NA VISITA QUE LLE FIXEMOS. Angel Vibel

EU XA ESTOU FORA DA ZONA EURO!!

¡Xa chegou o verán a Barro!

Os nenos das aulas dos pitiños e dos porquiños, pasaron un refrescante e divertido  día de calor…

Xogaron con auga e con espuma.

BUSCASE este gato

BUSCASE este gato,se alguén o viu agradecerialle que se puxera en contacto comigo,responde o nome de COPITO.

Leva varios días sen aparecer, e moi cariñoso polo que se alguén o ve non tera problema en acercarse a collelo para devolvelo, por favor. Pertenece a CASÁS (AGUDELO)

II TORNEO DE PETANCA E III TORNEO DE TENIS EN CURRO

MADE IN GALIZA

A ACD TENIS “AS BALADAS” DE BARRO ABRE A ADMISIÓN DE SOCIOS E COMUNICA CUOTAS DE SOCIO

§         A Xunta Directiva está traballando nun proxecto de longo prazo para o deporte de Barro.

§         Realizáronse propostas varias sobre as cuotas de socio e a apertura das socilitudes de admisión.

§         O fomento do deporte e o caracter non lucrativo da asociación achegará o tenis aos socios e veciños de Barro por cantidades que se estiman que non superarán os 30€/ano.

§         Estase probando un software de xestión de pista, horarios e servicios. 

Barro (Pontevedra), 25 de xullo de 2012.- Despois da primeira xuntanza da directiva da “ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO”,  estanse conformando as bases do que será un proxecto a longo prazo para o deporte de Barro e máis en concreto para o tenis.


Dende a data de presentación aos medios e cun marcado e decidido paso, xa están establecidas as directrices principais do que será a actividade da asociación e a labor social, cultural e deportiva que prestará aos veciños de Barro.

Para a área social estableceranse canles de traballo coas ANPAS do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro para acadar que o tenis poida ser unha actividade extraescolar, e chegar co deporte e co tenis aos rapaces e rapazas de Barro.

Dentro da área cultural preténdesen organizar charlas e seminarios sobre o deporte e os seus beneficios para a saude.

Xa na área deportiva, hai iniciados contactos para facer en Barro campeonatos con outros clubes ou asociacións da comarca e provincia, que ademáis atraerán visitantes e turistas ao noso concello.

Como actividade inaugural, haberá un partido de tenis con varios deportistas de alto nivel e de recoñecido prestixio que poñeran o nome de Barro en portadas de periódicos. A complexidade de atopar unha data para isto está retrasando máis do que nós desexásemos dita actividade, pero merecerá a pena, e polo momento non podemos facilitar máis datos.

Por outra banda, tratáronse tamén as cuotas de socio á asociación e a disfrutar das ventaxas de estar na ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO”para disfrutar do tenis no noso concello.

Despois de estudar varias opcións, por cuestión de inversións iniciais a realizar por parte da asociación ou dos donativos dos socios protectores, a asociación como entidade sen ánimo de lucro despois de varias deliberacións acordou:

Socios fundadores e de número: 30€/ano.  A cuota familiar suporá un incremento de 5€/ano por socio adicional.

Para os menores de 18 anos que queiran ser socios a cuota será de 10€/ano.

Para socios que non sexan veciños de Barro, todas as cuotas terán un incremento de 10€/ano en calquera das anteriormente citadas.

Tamén se acordaron os honorarios do mestre de tenis que quedan da seguinte maneira:

20€/mes por 1 hora e 15 minutos á semana.
30€/mes por 2 horas e 15 minutos á semana.

Como se pode comprobar non existe afán recaudatario nin lucrativo, xa que ademáis esta asociación busca continuar coa afición e disfrute do tenis no noso concello. Poder xogar ao tenis por 2,5€/mes deixa claras as pretensións da asociación e a súa responsabilidade social.

Outra das xestións que agora mesmo se están a facer é probar un software de xestión de pistas e horarios, que permitirá “on line” reservar pista, e nun futuro non moi lonxano (por cuestións económicas non se fai inicialmente) agardamos que ademais asociado ó mesmo sistema, permita tamén o acceso á pista mediante unha tarxeta magnética.

Dende ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO” tamén queremos por de manifesto o noso caracter social e o noso compromiso cos veciñ@s de Barro sen exclusións, a nosa voluntariedade por fomentar o deporte, e a nosa repulsa a calquera utilización política do tenis, xa que claramente, a asociación declárase apolítica no máximo valor de dita palabra.

Sen outra, reciban os nosos saúdos, e o agradecemento pola difusión desta nova.

Asdo.

ACD Tenis “As Baladas” de Barro.

tenisasbaladas@gmail.com

Feliz día Galiza, feliz día galegos!!!

O asfaltado dos viarios de acceso ao nó de Curro provoca grandes atascos na PO-531

Os condutores que tiveron que atravesar onte o macroenlace de Curro a través da PO-531 que enlaza Pontevedra e Vilagarcía tiveron que armarse de paciencia. Os traballos de asfaltado dun dos ramais de acceso ao nó viario –e polo que é desviado o tráfico desta estrada– provocaron grandes retencións que chegaron a ser de varios quilómetros naqueles momentos de maior intensidade do tráfico.
Non é de estrañar, xa que o viario que une a capital e a terceira cidade da provincia rexistra un volume de tráfico de case 20.000 vehículos ao día e é un dos máis transitados de Pontevedra. Ademais, os traballos que levan a cabo para activar por completo este macroenlace viario coinciden en plena época vacacional e nun punto no que conflúe gran parte do tráfico que se dirixe cara ás zonas de praia de Sanxenxo e o resto do Salnés. Cabe lembrar que o eixo principal do nó, que conecta a autovía do Salnés coa AP-9, abriuse a finais do pasado mes de xuño para mellorar a fluidez do tráfico e está previsto que o resto de ramais secundarios estean listos en agosto.
Os traballos de asfaltado afectaron ao viario que une o nó pequeno de Curro co macroenlace e afectaba especialmente ao tráfico que, procedente de Pontevedra, dirixíase cara a Vilagarcía. En ocasións, as retencións alcanzaban desde o nó de Curro á gasolineira situada á beira do restaurante “O Avó Pintos”, xa na PO-531

I RUTA CABALAR DOS XINETES DO ROCHELO

CAN ABANDOADO NA PORTELA

Apareceu un can abandoado na Portela, e un macho, da raza boxer, cor de pel atigrado.

AMIGOS DO MUIÑO EN BAROSA

O próximo venres estará a tocar en Barosa a banda de Caldas “AMIGOS DO MUIÑO”. Música en directo para todos os públicos.

Tres xulgados da provincia xa investigan o uso de pexas “” en cabalos como delito

Os montes da contorna de Pontevedra, como Castiñeiras, Castrove ou Xiabre, foron estes días o escenario de múltiples avistamentos de cabalos portando as coñecidas como “trancas” ou “pexas”, artefactos que se instalan nas patas dos animais para limitar así os seus movementos.
Os últimos denunciounos a asociación animalista Libera tras fotografar a outro tres equinos con “trancas” nas inmediacións do lago Castiñeiras, paradoxalmente, a escasos metros do centro de recuperación de fauna salvaxe. Con estas son xa 60, segundo explica este colectivo, as denuncias que trasladaron á Fiscalía Provincial de Pontevedra. Estas informacións que se están trasladando ao Ministerio Público non están a caer en saco roto. Primeiro foi o fiscal pontevedrés Benito Montero quen iniciou as xestións para perseguir pola vía penal este tipo de comportamentos e posteriormente tomou a súa substitución a fiscal especializada no medio Ambiente, con sede en Vigo, Natividade Gurriarán, que centraliza todos os casos. Na memoria de 2011, a Fiscalía explica que o ano pasado por vez primeira abriron dilixencias de investigación previas por un suposto delito de malos tratos animais a consecuencia da colocación destas “trancas”, cepos, cadeas ou calquera tipo de dispositivo colocados nos cabalos que viven en liberdade nos montes. Unhas dilixencias que xa deron lugar ao primeiras cinco denuncias ante os xulgados. Dous nos de Vilagarcía, outras dúas nos de Caldas de Reis e unha máis nos de Pontevedra. O tres xulgados xa tramitan a denuncia e un deles, o de Vilagarcía, mesmo xa abriu dilixencias previas, á espera de que Caldas e Pontevedra sigan o mesmo camiño.
En Vigo tamén se abriron dilixencias de investigación por parte da Fiscalía que aínda continúan en trámite. “Ata a data non consta condena algunha por feitos similares”, sinala a fiscal delegada, aínda que xa adianta que é de supor que poidan xurdir complicacións para aplicar o tipo penal que se pretende, do artigo 337 do Código Penal por malos tratos animais que inclúe penas que van desde o tres meses ao ano de prisión.
Benito Montero, outro dos fiscais pioneiro en investigar este tipo de comportamentos “inxustificables”, sinalou que os propietarios dos animais mesmo podería incorrer nun delito contra a seguridade viaria se o animal provocaba un accidente.

Castrove, Xiabre e O Morrazo, entre os montes máis afectados

Os avistamentos de cabalos con este tipo de “trancas” ou cepos danse en moitos montes da provincia, pero existe unha gran cantidade de casos en montes como Ou Castrove (nos municipios de Poio,Barro, Meis e Pontevedra), na contorna de Castiñeiras e Figueirido, así como no resto da serra do Morrazo. Outro punto no que se adoitan ver cabalos con “pexas” no monte Xiabre, entre os concellos de Vilagarcía, Caldas e Catoira.
Estes artefactos adoitan utilizarse para limitar os movementos do animal e sexa máis sinxela a súa localización, evitando grandes desprazamentos. No entanto, provocan que tamén se atopen indefensos ante o ataque de alimañas ou en caso de incendio forestal. Tamén dificultan os seus movementos cando invaden as estradas e convértense nun perigo para a circulación. Ademais, sofren graves lesións nas súas extremidades, segundo diversos informes veterinarios.