MOCIÓN referente á utilización de locais municipais para parte de entidades sociais.

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á utilización de locais municipais para parte de entidades sociais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No concello de Barro existe un déficit histórico de locais onde os veciños e as entidades sociais poidan realizar as súas actividades nun espazo axeitado.

É por iso que as poucas instalacións coas que conta o Concello de Barro deben aproveitarse ao máximo, procurando que dean servizo ás necesidades de espazos que teñen os distintos colectivos e entidades sociais.

Un dos locais cos que conta o noso concello é a nave da Escola-Taller, que está pechada todo o ano, agás momentos puntuais para algún tipo de acto ou como local de información das concentracións parcelarias. Ese uso puntual sería perfectamente compatíbel con que polas noites se utilizase como local de ensaio, nomeadamente por parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal e da Banda Xuvenil de Barro, pois ambas as dúas entidades están a utilizar na actualidade uns locais que non reunen as condicións necesarias para levar a cabo os seus ensaios.

Ademais da Escola-Taller existe un local anexo ao Pazo da Crega, que se ten utilizado en momentos puntuais por parte do Concello, estando o resto do ano pechado. Trátase dun local pequeno que podería servir para ser usado por entidades que precisen un local para reunións ou actividades.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

1. Poñer a nave da Escola-Taller a disposición do Grupo de Danzas Amor Ruibal e a Banda Xuvenil de Barro para que poidan utilizala de forma habitual para os seus ensaios, distribuíndo os días de uso e facendo compatíbel coas actividades que nela precise levar a cabo o Concello.

2. Habilitar o local anexo ao Pazo da Crega e poñelo a disposición das entidades sociais para as súas reunións ou para a realización de actividades públicas.

Barro a 22 de novembro de 2012.

Xosé Manuel Fernández Abraldes

Hoxe celébrase Santa Cecilia, patroa da música

Hoxe celébrase en todo o mundo Santa Cecilia, patroa da música e dos músicos: ¡¡felicidadeeeeees!!

UNHA VEZ SOLA!!

Castor Castro Cancela…o derradeiro alcalde republicano de Barro

Xesús Rodríguez: Neste enlace tedes unha entrevista con unha veciña de 95 anos de Saians  Moraña na que na ultima parte sin acordarse do seu nome fala de Castor Castro Cancela…o derradeiro alcalde republicano de Barro ….do que Roberto coseguiu fotocopia do expediente do consello de guerra e Xose Collazo, neto de Castor….  e mais eu elaboramos unha biografia ….vai unha foto de Castor  de xoven e outra con Jesusa a muller

quinteiro e un espacio recen creado  no que tratamos de sacar informacion sobre a comarca do umia …no que  Cesar veciño de Moraña leva a cabo un destacado traballo

http://quinteirodoumia.wordpress.com/2012/11/21/o-tempo-da-guerra-ines-de-saians-morana/

Ines da Vesada, fálanos dos tempos da II Républica

Inés da Vesada, veciña da parroquia morañesa da Saiáns, fálanos da sua mocidade nos tempos da II República Española e do alzamento fascista de 1.936 na comarca do Umia.

http://quinteirodoumia.wordpress.com/

CHURRASCADAS

A comarca resiste o descenso demográfico, pero o seu censo de xubilados dispararase un 20% en dez anos

A comarca de Pontevedra logra saír airosa, ata certo punto, do negro panorama demográfico que presentan para Galicia as últimas predicciones do Instituto Nacional de Estatística, cunha perda de 129.000 habitantes na próxima década. Fronte a ese descenso de poboación na comunidade, Pontevedra e os seus oito municipios máis próximos (Poio, Barro,Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Campo Lameiro e A Lama) logran resistir e en 2021 contarán cun censo estimado de 124.304 persoas, 1.500 máis que na actualidade, un aumento centrado, iso si, na capital, parcialmente en Poio e en menor medida Vilaboa, ante a caída demográfica progresiva que padecen os demais municipios do interior.

O aumento é de apenas un 1,2% en toda unha década, pero polo menos deixa a Pontevedra e o seu comarca á marxe dun preocupante descenso que se prevé para toda Galicia e que situará a súa poboación en 2022 nos mesmos niveis que en 1970.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/11/21/comarca-resiste-descenso-demografico-censo-jubilados-disparara-20-diez-anos/714814.html

O goberno estuda conceder a residencia aos estranxeiros que merquen pisos

As fortes choivas das última hora provocan inundacións na comarca

A importante cantidade de auga caída a partir das oito da tarde de hoxe deixouse sentir con intensidade no centro urbano de Pontevedra e en municipios contiguos. De feito, no caso da cidade do Lérez, o temporal provocou unha inundación na rúa Pai Fernando Olmedo que obrigou a intervir aos bombeiros.

O persoal deste servizo de urxencias tivo que levantar as tapas de sumidoiro para intentar lograr achicar a auga que se acumulaba na rúa e que ameazaba, ao peche desta edición, con entrar nalgúns negocios e garaxes.

Dada a acumulación de auga que se rexistrou, optouse por pechar a rúa ao paso de vehículos mentres durasen os labores dos bombeiros.

Noutros municipios, a choiva tamén protagonizou incidentes, aínda que, en principio, de menor intensidade que en Pontevedra. É o caso do Concello de Poio, onde se tivo que actuar nunha arqueta da rúa Oliveira na que a acumulación de lixo impedía que entrase a auga.

Tamén se rexistraron incidencias no municipio de Barro e en Marín, onde Protección Civil tivo constancia de varios anegamientos en varias rúas do centro urbano e de tapas de sumidoiro que se saíron do seu emprazamento como consecuencia do ímpeto da auga.

HOXE 20 NOVEMBRO DIA UNIVERSAL DA INFANCIA

O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Neno, desde entón nesta data celébrase o Dia Universal da Infancia.
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a ciudadania dos nenos e nenas e téñense en conta tres aspectos fundamentais:
Dereito a ser protexido fronte a certas clases de conduta (abandono, malostratos, explotación)
Dereito a acceder a certos beneficios e servizos (educación, atención sanitaria, seguridade social)
Dereito a realizar certas actividades e a participar nelas.
Os Dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:
Dereito á igualdade
Dereito á Protección.
Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
Dereito á educación e á atención ao diminuído.
Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
Dereito á educación gratuíta e a xogar.
Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación
Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos

A quen prefires?

O APALPADOR

Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.

PAPÁ NOEL

Desde o ámbito cristián e desde grupos nacionalistas, a figura actual de Santa Claus está rodeada de diferentes acusacións. Acúsaselle de ser un produto comercial ao servizo do consumo, de ser unha figura estadounidense intrusa e destruír as tradicións locais.
Algúns dos países onde houbo grupos que promoveron mobilizacións en contra de Santa Claus para favorecer as tradicións autóctonas cristiás son: Alemaña, Austria,1 Chequia,2 España.
Bettina Schade é unha das promotoras da iniciativa para defender a figura de San Nicolás fronte ao Santa Claus invasor en Alemaña. Bettina explicou que “a orixe cristiá do Nadal, o nacemento de Jesús, foi colocado no segundo plano. Estase volvendo cada vez máis unha festividade reducida a un simple comercio e compra de agasallos”.

REIS MAGOS

Os Reis Meigos de Oriente é o nome polo que a tradición denomina aos visitantes que, tras o nacemento de Xesús de Nazaret, acudirían desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.
Os Evanxeos só falan de «magos», en ningures indícanse os seus nomes, nin que fosen reis, nin que fosen tres (número que posiblemente se deba á cantidade de obsequios ofrecidos). Estas crenzas foron agregadas varios séculos despois e mantivéronse na tradición popular.
Segundo a crenza católica, estes magos eran representantes de relixións «pagás» de pobos veciños, que os Evanxeos ven como as primicias das nacións que aceptarán a relixión católica.

PAPÁ NOEL EN BARRO

papanoel

GAZA

CAMPAÑA DE NADAL.aceBarro

O Ceip Amor Ruibal de Barro celebrou o Magosto